
O Concello de Tui amosa o seu pesar polo falecemento de Monseñor José Cerviño e Cerviño, bispo emérito da diocese de Tui Vigo, que ocupou a cadeira episcopal tudense ao longo de vinte anos, entre 1976 e 1996, dando continuidade a unha relación coa nosa cidade que comezara cando os seus estudos de Humanidades no Seminario tudense de 1933 a 1940 e continuou co seu nomeamento con Vicerrector deste mesmo Seminario en 1949 e 1953.
Ao longo do seu episcopado, amáis da sua intensa vida pastoral, colaborou activamente co Concello de Tui en numerosas iniciativas relacionadas coa Catedral tudense e coa promoción do noso conxunto histórico, facilitando, entre outros asuntos, a creación do Albergue de Peregrinos, a instalación da Escola Obradoiro no Cárcere Vello.
Medidas que teñen achegado importantes beneficios á nosa localidade.
O Alcalde tudense, Moisés Rodríguez Pérez, expresa o seu pésame ao Bispo, Cabido e presbiterio diocesano así coma aos seus familiares e amigos, pola perda de D. José Cerviño Cerviño que mantivo sempre unha forte relación coa nosa cidade á que apreciaba con grande intensidade pois a sentía intimamente.
Jannis Kounellis é un dos artistas fundamentais da historia da arte da segunda metade do século XX. Foi obxecto de grandes exposicións retrospectivas na Fondazione Prada, Venecia (2019), e no Museo Jumex, Cidade de México (2023). Entre as súas exposicións individuais institucionais destacan as do Musée dArt Moderne de la Ville de Paris (1980), Whitechapel Gallery, Londres (1981), Castello di Rivoli, Turín (1988), Stedelijk Museum, Ámsterdam (1990), Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía, Madrid (1996), Albertina, Viena (2005), Neue Nationalgalerie, Berlín (2007), MACRO, Roma (2016), Walker Art Center, Minneapolis (2022) e Museo Jumex, Cidade de México (2023).
O calendario de Programación Kármica arranca este 25 de setembro con Taïn na Sala Guión de Pontedeume. A seguinte cita será o 16 de outubro, con Camellos e Cora Yako en La Conservera de Viveiro, mentres que o 24 de outubro actuarán Javier Lago e Santi Araújo na Pousada da Galiza Imaxinaria de Boiro. O ciclo chegará precisamente á sala que acolle hoxe a súa presentación, A Cofradía de Vilanova de Arousa, o 27 de novembro, coas actuacións de Montedapena e Nuntia. O programa de 2026 pecharase o 26 de decembro na Pousada da Galiza Imaxinaria con Portosanto e Hermanos Visi.