
No Consello para a Coordinación da Docencia Clínica celebrado en San Caetano a Xunta propuxo que para o curso 2012-2013 os estudos de Medicina oferten 380 prazas. Deste xeito o número de alumnos e alumnas que comezarán os estudos o vindeiro curso académico na titulación de Medicina da Universidade de Santiago de Compostela, será acorde á instrución de numerus clausus emitida pola Secretaria Xeral de Universidades o 30 de setembro de 2011.
A proposta faise unha vez que a Secretaría Xeral de Universidades da Consellería estudou diversos informes, como o elaborado pola Consellería de Sanidade sobre a previsión de necesidades de titulados de Medicina. Sanidade considera que a actual oferta de prazas de novo ingreso en Medicina sobrepasa as necesidades previstas de médicos en Galicia, e que esa tendencia se mantén para a vindeira década. Do mesmo xeito, tívose en conta a elevada demanda social desta carreira universitaria.
Considerando estes argumentos, a proposta presentada hoxe no Consello de Docencia Clínica, e consensuada por todos os seus integrantes, trata de equilibrar todas as necesidades e expectativas. A proposta deberá ser elevada á Conferencia de Política Universitaria na xuntanza que se celebrará o vindeiro mes de maio en Madrid.
Comisión Docentes Hospitalaria
Por outra banda no Consello desenvolvido hoxe tamén se informou favorablemente sobre o anteproxecto da orde da Consellería de Sanidade pola que se crean as Comisións Docentes Hospitalarias. Así, designarase un representante da xerencia da área, dous do persoal docente colaborador do centro sanitario ou a xerencia integrada, un representante da universidade responsable da impartición do título e un da universidade que colabore no desenvolvemento do mesmo. Neste eido cada comisión docente elaborará un informe anual das actividades docentes programadas e desenvolvidas na xerencia integrada. Na vindeira xuntanza do Consello este informará sobre a proposta de nomeamento para ditas comisións.
No mesmo encontro tamén se informou favorablemente da declaración como Universitarios os Complexos Hospitalarios Universitarios de Ourense e o Lucus Augusti de Lugo, de xeito que poderán ser empregados sen restricións para todas as titulacións en Ciencias da Saúde e en todo o Sistema Universitario en Galicia.
Consello para a Coordinación da Docencia Clínica
No encontro do Consello para a Coordinación da Docencia Clínica estiveron presentes os membros do mesmo, secretario xeral de Universidades, por delegación do Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, José Alberto Díez de Castro; e a xerente do SERGAS, por delegación da Conselleira de Sanidade, María Nieves Domínguez González.
Representando aos centros sanitarios do SERGAS en que se imparte docencia clínica asistiron o subdirector xeral de Investigación, Docencia e Innovación do Sergas, Javier Paz Esquete; o xerente e o xefe de sección de Neuroloxía no CHUS; Luis Verde Remeseiro e José Castillo Sánchez, repectivamente. Así como director Organización e Xestión Clínica no CHUAC, José Manuel Vázquez Rodríguez; e o xefe do servizo de pediatría no CHUVI, José Ramón Fernandez Lorenzo.
Mentres que en representación das universidades públicas de Galicia, estiveron presentes por parte da Universidade da Coruña o reitor, Xosé Luís Armesto Barbeito. Pola Universidade de Santiago de Compostela estivo o reitor, Juan José Casares Long e o comisionado para Ciencias da Saúde, Manuel Macía Cortiñas; mentres que pola Universidade de Vigo, asistiron a vicerreitora de Organización Académica, a vicerreitora de Profesorado e Titulacións, por delegación do reitor, Margarita Estévez Toranzo; e o profesor Federico Mallo Ferrer.
Jannis Kounellis é un dos artistas fundamentais da historia da arte da segunda metade do século XX. Foi obxecto de grandes exposicións retrospectivas na Fondazione Prada, Venecia (2019), e no Museo Jumex, Cidade de México (2023). Entre as súas exposicións individuais institucionais destacan as do Musée dArt Moderne de la Ville de Paris (1980), Whitechapel Gallery, Londres (1981), Castello di Rivoli, Turín (1988), Stedelijk Museum, Ámsterdam (1990), Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía, Madrid (1996), Albertina, Viena (2005), Neue Nationalgalerie, Berlín (2007), MACRO, Roma (2016), Walker Art Center, Minneapolis (2022) e Museo Jumex, Cidade de México (2023).
O calendario de Programación Kármica arranca este 25 de setembro con Taïn na Sala Guión de Pontedeume. A seguinte cita será o 16 de outubro, con Camellos e Cora Yako en La Conservera de Viveiro, mentres que o 24 de outubro actuarán Javier Lago e Santi Araújo na Pousada da Galiza Imaxinaria de Boiro. O ciclo chegará precisamente á sala que acolle hoxe a súa presentación, A Cofradía de Vilanova de Arousa, o 27 de novembro, coas actuacións de Montedapena e Nuntia. O programa de 2026 pecharase o 26 de decembro na Pousada da Galiza Imaxinaria con Portosanto e Hermanos Visi.