Notas de prensa

Economía e Industria di que o plan de Barreras é incompleto e insuficiente

O conselleiro de Economía e Industria mostrou o seu descontento ante o plan de viabilidade presentado polos accionistas de Barreras que calificou de incompleto e insuficiente. A Xunta esixe o compromiso firme dos propietarios para sacalo adiante.

O conselleiro de Economía e Industria, Javier Guerra, mostrou o descontento da Xunta de Galicia ante o plan de viabilidade remitido pola estaleiro vigués Barreras. Guerra cualificou a proposta elaborada polos accionistas da empresa de incompleta e insuficiente e salientou que está baseada na esixencia ás partes implicadas pero non conta co compromiso firme dos accionistas, condición da Xunta para apoiar o plan.

O conselleiro fixo fincapé na implicación do Goberno galego coa busca de solucións para os traballadores de Barreras e a súa industria auxiliar, e recoñeceu que tras meses esperando esta proposta, agora vese que non conta co apoio decidido da dirección polo que salienta que “é imprescindible un maior compromiso e a ampliación e detalle do plan”.

Guerra lembra que a Xunta de Galicia é parte da busca de solucións, polo que esixe unha maior implicación dos accionistas para o mantemento do estaleiro e mais a súa industria auxiliar. Ademais, lembroulle aos propietarios que a Xunta de Galicia respaldará un proxecto serio, solvente e que conte co compromiso das partes implicadas, e sobre todo, que conte coa intención dos propietarios de sacar adiante a empresa.

O conselleiro anunciou a convocatoria dunha reunión entre as partes co fin de analizar posturas, estudar propostas, e barrallar alternativas que garantan a viabilidade do estaleiro.

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia, 2012-02-27

Actualidad

Foto del resto de noticias (filmoteca-galicia-202611.jpeg) A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
Foto de la tercera plana (veran.jpg) O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.

Notas

O 7 de novembro a ciencia sairá ao encontro da cidadanía coa primeira edición de 'Abastos de Ciencia', unha iniciativa da UDC que terá lugar no Mercado de San Agustín e combinará divulgación e experimentación a través de obradoiros participativos, mesas redondas e propostas gastronómicas e culturais. A iniciativa, enmarcada no proxecto InPacto, permitirá coñecer o traballo investigador que se realiza en diferentes centros, facultades e grupos.
O grupo de investigación da USC De la Edad Media al Siglo de Quevedo, desenvolve en Santiago o Congreso Internacional 'De interpretatione: la traducción en los siglos XVI y XVII'. O obxectivo do encontro, os días 5 e 6 na Facultade de Filoloxía, consiste en presentar os resultados de investigacións arredor da tradución durante os séculos XVI e XVII, pero tamén reflexionar sobre posibles liñas de traballo para o futuro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES