Notas de prensa

Os centros comerciais apostan pola 19ª Mostra da Oportunidade

Esta cita terá lugar en Expourense entre o 2 e o 4 de marzo. Os visitantes que se acheguen en tren poderán beneficiarse dun 30% de desconto en RENFE, AVANT incluído.

Entre o venres 2 e o domingo 4 de marzo, Expourense acollerá a 19ª edición da Mostra da Oportunidade que ofrecerá os mellores prezos e vantaxes en milleiros de artigos convertendo ó recinto feiral de Ourense nun gran centro comercial onde os expositores liquidarán os seus stocks, coincidindo co final do periodo de rebaixas.

Esta edición da Mostra da Oportunidade contará coa participación dos Centros Comerciais da provincia de Ourense que viron nesta cita unha excelente ocasión para a liquidación dos seus stocks e para poñerlle o broche final ás rebaixas de inverno. Estarán presentes as asociacións de Ourense Centro, do Couto, a de Verín e o Centro Comercial Pontevella. Os establecementos asociados contarán cun espazo en feira para ofrecer os seus produtos (téxtil, decoración, alimentación, etc.) a prezos vantaxosos para os milleiros de visitantes que agarda recibir a Mostra da Oportunidade.

Expourense realizou ademais unha acción especial coa Asociación Ourensá do Moble e a Deocración (ACMO) para potenciar a presenza deste sector na Mostra e que as empresas poidan ofrecer os seus stocks nesta cita. O moble será, polo tanto, un dos produtos que ocupen a maior superficie en feira ofrecendo varios estilos para as distintas estancias do fogar. Destacará ademais a oferta en automoción.

30% de desconto en RENFE

Aqueles que se decidan a visitar Ourense en tren para acudir á Mostra da Oportunidade, entre o 2 e o 4 de marzo, poden beneficiarse dun 30% de desconto en todas as liñas de RENFE, AVANT incluído. Para obter este desconto é preciso presentar o bono que se pode descargar na páxina web de Expourense, www.expourense.org, na sección adicada a esta cita.

Para facer máis cómoda a visita, o salón conta cun amplo horario que vai dende as once da mañá ás nove da noite, é dicir, dez horas ininterrompidas os tres días de feira, contandos ademais cun amplo aparcamento gratuíto

A Mostra naceu hai xa dazanove anos para ofrecerlle ó comercio minorista galego a oportunidade de liquidar os seus stocks, sendo a feira decana destas características en Galicia. Nesta edición presentarán ofertas moi especiais nun momento no que o mercado máis o demanda.

Silvia Prado (Coordinadora de Comunicación Expourense), 2012-02-22

Actualidad

Foto del resto de noticias (filmoteca-galicia-202611.jpeg) A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
Foto de la tercera plana (veran.jpg) O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.

Notas

O 7 de novembro a ciencia sairá ao encontro da cidadanía coa primeira edición de 'Abastos de Ciencia', unha iniciativa da UDC que terá lugar no Mercado de San Agustín e combinará divulgación e experimentación a través de obradoiros participativos, mesas redondas e propostas gastronómicas e culturais. A iniciativa, enmarcada no proxecto InPacto, permitirá coñecer o traballo investigador que se realiza en diferentes centros, facultades e grupos.
O grupo de investigación da USC De la Edad Media al Siglo de Quevedo, desenvolve en Santiago o Congreso Internacional 'De interpretatione: la traducción en los siglos XVI y XVII'. O obxectivo do encontro, os días 5 e 6 na Facultade de Filoloxía, consiste en presentar os resultados de investigacións arredor da tradución durante os séculos XVI e XVII, pero tamén reflexionar sobre posibles liñas de traballo para o futuro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES