Notas de prensa

A España das autonomías e o Estatuto de Galicia, no Curso Fernández Albor

A Facultade de Filosofía de Santiago de Compostela acolleu unha nova sesión do III Curso Xerardo Fernández Albor: 30 anos de Autonomía, coa celebración dunha mesa redonda sobre a España das autonomías e o Estatuto de Galicia protagonizada por González Mariñas, Blanco Valdés e Puy Fraga.

1. D. Pablo González Mariñas. Expón primeiramente un excurso histórico sobre a situación política e social na Transición democrática, momento en que foron elaborados a Constitución e o EAG, valorando as dificultades e condicionamentos que iso trouxo de seu. Fará logo unhas consideracións sobre o modelo deseñado polo Título VIII (acertos e desacertos, compromisos, sincretismos), sobre o seu desenvolvemento posterior e sobre como se incardina no modelo o EAG (posición de Galicia: debilidades, fortalezas, oportunidades, frustracións). Finalmente tratará o tema de se os modelos constitucional e estatutario están ou non esgotados actualmente: posibilidades e/ou conveniencia dunha reforma do noso Estatuto.
2. D. Roberto Blanco Valdés. Reflexión referida a importancia que tivo en España a aposta constitucional pola descentralización, a forma esencial en que aquela se levou a cabo e os problemas que plantexou o desenvolvemento constitucional das previsións do título VIII, situando a elaboración do Estatuto galego nise contexto, para rematar cunha referencia os problemas fundamentais que ten hoxe plantexados o Estado autonómico.
3. D. Pedro Puy Fraga. Fai una refexión sobre o camiño percorrido pola Autonomía Galega dende o seu Estatuto e as implicacións e esixencias do modelo autonómico dentro do Estado.

Marcelino Agís Villaverde (presidente da Asociación Galicia Milenio), 2012-02-08

Actualidad

Foto del resto de noticias (filmoteca-galicia-202611.jpeg) A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
Foto de la tercera plana (veran.jpg) O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.

Notas

O 7 de novembro a ciencia sairá ao encontro da cidadanía coa primeira edición de 'Abastos de Ciencia', unha iniciativa da UDC que terá lugar no Mercado de San Agustín e combinará divulgación e experimentación a través de obradoiros participativos, mesas redondas e propostas gastronómicas e culturais. A iniciativa, enmarcada no proxecto InPacto, permitirá coñecer o traballo investigador que se realiza en diferentes centros, facultades e grupos.
O grupo de investigación da USC De la Edad Media al Siglo de Quevedo, desenvolve en Santiago o Congreso Internacional 'De interpretatione: la traducción en los siglos XVI y XVII'. O obxectivo do encontro, os días 5 e 6 na Facultade de Filoloxía, consiste en presentar os resultados de investigacións arredor da tradución durante os séculos XVI e XVII, pero tamén reflexionar sobre posibles liñas de traballo para o futuro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES