
A delegación da Xunta en Madrid acolleu a presentación da XLIV Edición do Cocido de Lalín na que interviñeron o delegado e director da Casa de Galicia en Madrid, José Ramón Ónega López; o presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán; o alcalde do concello, José Crespo Iglesias; o concelleiro de Turismo, José Antonio Rodríguez Fernández; o presidente da Academia Española de Gastronomía, Rafael Ansón Oliart e o restaurador, Manuel Domínguez Limeres. Ao acto asistiron tamén os empresarios Fernando Fernández Tapias, Julio Lage, José Solla; os xornalistas e escritores Pilar Cernuda e Carlos Reigosa; e o reverendo Andrés Ramos, entre outros.
Tras as palabras de benvida de Ónega, todos os intervenientes destacaron as excelencias do Cocido que é "máis que un prato" e que se converteu en "o motor dinamizador da bisbarra, como o proban os miles de turistas que visitan a zona coa festa como reclamo, "O cocido é a desculpa para achegarse ao concello que máis castros celtas ten de toda España, doce ", dixo Crespo, que desexa ademais que "o cocido sexa para Lalín o que o Xacobeo para Galicia, ¡salvando as distancias!". Non en van, dignificamos un prato que antes era de pobres e agora é unha marabilla, que se debe gozar lentamente, coa compañía de familiares ou amigos e cunha longa sobremesa, como o facían hai máis de 40 anos, Cunqueiro, - capaz de distinguir e describir ata 27 sabores diferentes- e Castroviejo, que viñan dende Lugo pola mañá, a comer, e volvían no último coche de liña, con tempo, como debe ser! ".
Aínda que o lema "dende San Amaro ata San Martín, o mes do cocido de Lalín", parece que o mes quedouse curto porque se serviron cocidos ata o mes de maio e xuño. Ao éxito da convocatoria contribúen todas as administracións implicadas, xunto cos restaurantes e as empresas comarcais, porque ademais da comida hai moitos atractivos e numerosas actividades que se poden facer durante todo o ano. Para Crespo "xunto coa presentación, o convite xa está feito. Agora esperámolos en Lalín".
Jannis Kounellis é un dos artistas fundamentais da historia da arte da segunda metade do século XX. Foi obxecto de grandes exposicións retrospectivas na Fondazione Prada, Venecia (2019), e no Museo Jumex, Cidade de México (2023). Entre as súas exposicións individuais institucionais destacan as do Musée dArt Moderne de la Ville de Paris (1980), Whitechapel Gallery, Londres (1981), Castello di Rivoli, Turín (1988), Stedelijk Museum, Ámsterdam (1990), Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía, Madrid (1996), Albertina, Viena (2005), Neue Nationalgalerie, Berlín (2007), MACRO, Roma (2016), Walker Art Center, Minneapolis (2022) e Museo Jumex, Cidade de México (2023).
O calendario de Programación Kármica arranca este 25 de setembro con Taïn na Sala Guión de Pontedeume. A seguinte cita será o 16 de outubro, con Camellos e Cora Yako en La Conservera de Viveiro, mentres que o 24 de outubro actuarán Javier Lago e Santi Araújo na Pousada da Galiza Imaxinaria de Boiro. O ciclo chegará precisamente á sala que acolle hoxe a súa presentación, A Cofradía de Vilanova de Arousa, o 27 de novembro, coas actuacións de Montedapena e Nuntia. O programa de 2026 pecharase o 26 de decembro na Pousada da Galiza Imaxinaria con Portosanto e Hermanos Visi.