As comisións por mantemento de conta corrente aumentaron no 2011 un 22,27%, manter unha conta de aforro é un 22,87% máis caro, e as tarxetas de pago se encareceron un 17,05% no caso das de débito.
Ademáis, puntualiza, as comisións estánse estandarizando en torno aos 30 euros anuais, gravando incluso con cantidades adicionais nos casos de saldos medios inferiores aos 3.000 euros. Están discriminando ás persoas con menos recursos que sufren unha penalización maior. A suba das comisións bancarias tamén se está a aplicar aos servizos financeiros básicos como o mantemento de contas correntes ou de aforrro que deberían estar exentas.
Non é admisíbel que a simple administración de depósitos en bancos implique nengún gasto, situación que non se deberiá consentir de maneira indefinida. Jorquera considera que as consecuencias negativas para millóns de persoas por estas prácticas abusivas, confírenlles un interese público e social que deben obrigar ao Goberno a adoptar medidas.
As propostas do BNG
Entre as medidas que propón o portavoz do BNG, está a de instar ao Goberno a adoptar decisións que impidan que se produzan aumentos das comisións mentras dure a crise económica. Tamén se empraza ao Executivo a realizar unha supervisión das comisións establecendo límites máximos por cada comisión en función de parámetros obxectivos que teñan en conta o custe real do servizo.
Asemade, Jorquera pide que se obrigue aos bancos a ofrecer información transparente do importe das comisións polos distintos servizos e notificar aos clientes as variacións cunha antelación de tres meses. Outra das propostas do BNG é a de regular legalmente a disposición dunha conta bancaria como servizo financeiro básico, e a exoneración do cobro de comisións por mantemento ou administración de contas.
A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.