Galicia é a quinta comunidade autónoma que presenta un mellor grao de execución do gasto non financeiro ao peche do terceiro trimestre do ano 2011, cunha porcentaxe do 70,1%, que está baseado nun control do gasto corrente e nunha axeitada orzamentación dos gastos de capital.
De feito, segundo os datos do anterior Ministerio de Economía y Hacienda, a 30 de setembro do ano pasado a Comunidade galega, é a segunda autonomía cunha maior execución dos gastos de capital, cun 59%, moi por riba da media, que está no 45,2%.
En canto ao nivel de pagos sobre obrigas recoñecidas, Galicia acada o 93,6%, mentres que a media se sitúa no 91,2%. Ademais, si se teñen en conta os estas obrigas recoñecidas nos gastos de capital, a Comunidade galega chega ao 90,9%, fronte ao 68,4% de media, co que é a terceira autonomía con maior porcentaxe, a primeira de réxime ordinario.
A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.