Notas de prensa

O triatleta Javier Gómez Noya, mellor deportista masculino galego 2011

A Secretaría Xeral para o Deporte fixo pública a lista dos galardoados cos Premios Deporte Galego 2011 que se entregan o 27 de decembro en Ferrol. O triatleta Javier Gómez Noya, a futbolista Verónica Boquete, o adestrador do Obradoiro Moncho Fernánde e o xornalista Fernando Hidalgo, entre os premiados.

O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, presentou a lista dos galardoados cos Premios Deporte Galego 2011 que se entregan o 27 de decembro no Teatro Jofre de Ferrol. Estes galardóns recoñecen os méritos deportivos da tempada 2010-1011, e distinguen este ano 16 categorías; aínda que, a proposta do xurado, outorgaranse dous premios revelación: ao mellor deportista masculino e feminino.

Lista de premiados:

-Mellor deportista masculino: Javier Gómez Noya (triatlón).

-Mellor deportista feminina: Verónica Boquete (fútbol).

-Mellor deportista masculino discapacitado: Sebastián Rodríguez Veloso (natación-MF).

-Mellor deportista feminina discapacitada: Susana Rodríguez Gacio (triatlón).

-Mellor equipo masculino: Vigo Rugby Club.

-Mellor equipo feminino: Ponte Ourense (fútbol sala).

-Mellor equipo de deportistas discapacitadas ou discapacitados: Club Baloncesto Amfiv.

-Deportista revelación feminino: Bea Gómez (natación).

-Deportista revelación masculino: Jorge Prado (motociclismo)

-Mellor adestrador ou adestradora: Moncho Fernández (baloncesto).

-Mellor árbitro ou árbitra: Jorge Blanco (atletismo).

-Mellor evento deportivo: Campionato de Europa de Triatlón.

-Mellor patrocinio deportivo: Aceites Abril.

-Mellor labor informativo: Fernando Hidalgo (La Voz de Galicia).

-Mellor centro educativo na promoción do deporte en idade escolar: Colexio O Areal (Camariñas).

-Mellor entidade na promoción da actividade física e o deporte de base: Natural Sport-Videlgi Riveira (taekwondo)

-Concello co mellor labor na promoción da actividade física e o deporte: Unidade de promoción do exercicio “Mancomunidade Terra de Celanova Saudable”.

-Mención especial: NovaCaixaGalicia, Gadisa, Begano, Hijos de Rivera e Coren, as cinco empresas patrocinadoras da Fundación Deporte Galego.

-Mención especial: Agrupación deportiva de minusválidos de Ferrol.

-Mención especial: Gran Premio “Cantones marcha atlética”.

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia, 2011-12-15

Actualidad

Foto del resto de noticias (veran.jpg) O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur. De feito, destacan os altos rexistros acadados entre os días 9 e 15.
Foto de la tercera plana (vacinacion-2026-01.jpg) A Xunta de Galicia puxo en marcha a campaña de inmunización fronte á gripe e a COVID, que este ano incorpora como principais novidades a extensión da vacina antigripal de alta carga ás persoas de 65 a 69 anos e a ampliación do proxecto piloto de vacinación nos colexios a 75 centros educativos. O inicio oficial tivo lugar nun acto nas residencias de maiores e centros de discapacidade, o colectivo polo que arranca tradicionalmente a campaña debido á vulnerabilidade deste grupo fronte ás infeccións respiratorias.

Notas

O 7 de novembro a ciencia sairá ao encontro da cidadanía coa primeira edición de 'Abastos de Ciencia', unha iniciativa da UDC que terá lugar no Mercado de San Agustín e combinará divulgación e experimentación a través de obradoiros participativos, mesas redondas e propostas gastronómicas e culturais. A iniciativa, enmarcada no proxecto InPacto, permitirá coñecer o traballo investigador que se realiza en diferentes centros, facultades e grupos.
O grupo de investigación da USC De la Edad Media al Siglo de Quevedo, desenvolve en Santiago o Congreso Internacional 'De interpretatione: la traducción en los siglos XVI y XVII'. O obxectivo do encontro, os días 5 e 6 na Facultade de Filoloxía, consiste en presentar os resultados de investigacións arredor da tradución durante os séculos XVI e XVII, pero tamén reflexionar sobre posibles liñas de traballo para o futuro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES