Notas de prensa

Galiciademoda recoñece o labor da Consellería de Economía e Industria pola promoción do sector artesán galego

A xerente da Fundación Centro Galego da Artesanía e do Deseño, Elena Fabeiro Castro, recollerá esta noite o galardón que lle outorga a revista Galiciademoda á marca Artesanía de Galicia, propiedade da Xunta, en recoñecemento ao traballo do goberno galego en favor da promoción e do impulso do sector artesán galego.

No acto, que se celebrará en The Style Outlets, en Culleredo, recoñecerase tamén a aposta da artesá Idoia Cuesta en favor da innovación na artesanía galega.

Desde a Consellería de Economía e Industria estanse a impulsar diferentes iniciativas encamiñadas á introdución do produto artesán galego en diferentes mercados, a través da presenza da marca Artesanía de Galicia en feiras profesionais de carácter internacional ou de iniciativas máis concretas como a promoción do produto artesán galego no eido do agasallo internacional.

Así mesmo, estanse a apoiar diferentes proxectos de achegamento da artesanía a outras áreas como a moda, a decoración de interiores ou a arquitectura co obxectivo de abrir novas vías de comercialización e oportunidades de negocio para o produto artesán galego, de xeito que se contribúa ao desenvolvemento e consolidación do sector.

A revista Galiciamoda convoca por primeira vez estes galardóns que buscan agradecerlle a todos os seus seguidores e colaboradores o apoio co traballo da revista. Nesta primeira edición premiaranse 24 categorías diferentes, entre os que destacan o de Traxectoria Profesional en Moda, outorgado á artesá e deseñadora Sara Coleman, e o de Proxecto de Moda, que recoñece a iniciativa Daisy Market, un mercado de moda urbana que leva dúas edicións e que conta co apoio da Consellería de Economía e Industria.

O resto dos premiados son os fotógrafos Kake e Daniel Sambad, Alma Atlántica, como viño denominación de orixe vinculado á moda, Marqués de Vizhoja como recoñecemento empresarial de adega, Meetmylittleroom, gañador do II Concurso Autonómico Blogs de Moda, Roberto Verino, como deseñador consagrado, Javier Torralba recollerá o galardón ao Centro Comercial sostible, Montse Suárez será premiada como modelo de portada Galiciademoda, Niuno como centro de beleza, Alejandro Roncero como xornalista de moda, o ciclista Óscar Pereiro pola difusión da moda a través do deporte, Nordress como pasarela galega, Guerral polo relevo xeracional nun proxecto de moda, Hogueras de San Juan, como asociación de apoio á moda e difusión da cultura galega, Pablo Gallego, pola difusión da moda a través da gastronomía, Gadis, como mellor campaña publicitaria e a Fundación Paideia, polo seu traballo en favor da inserción laboral de persoas discapacitadas. Os trofeos dos premiados están elaborados en coiro polo obradoiro artesán de Elena Ferro.

Gabinete de Comunicación da Consellería de Economía e Industria, 2011-12-05

Actualidad

Foto del resto de noticias (filmoteca-galicia-202611.jpeg) A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
Foto de la tercera plana (veran.jpg) O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.

Notas

O 7 de novembro a ciencia sairá ao encontro da cidadanía coa primeira edición de 'Abastos de Ciencia', unha iniciativa da UDC que terá lugar no Mercado de San Agustín e combinará divulgación e experimentación a través de obradoiros participativos, mesas redondas e propostas gastronómicas e culturais. A iniciativa, enmarcada no proxecto InPacto, permitirá coñecer o traballo investigador que se realiza en diferentes centros, facultades e grupos.
O grupo de investigación da USC De la Edad Media al Siglo de Quevedo, desenvolve en Santiago o Congreso Internacional 'De interpretatione: la traducción en los siglos XVI y XVII'. O obxectivo do encontro, os días 5 e 6 na Facultade de Filoloxía, consiste en presentar os resultados de investigacións arredor da tradución durante os séculos XVI e XVII, pero tamén reflexionar sobre posibles liñas de traballo para o futuro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES