Notas de prensa

A Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia outorga á empresa galega Nerade Networks o premio á mellor iniciativa empresarial no sector das TIC

O premio, patrocinado pola Fundación Ingeniero Gerardo García Campos, está dotado con 6000 euros.

Nerade Network Solution, de Bueu (Pontevedra) resultou gañadora, por decisión unánime do xurado, do Premio á Mellor Iniciativa Empresarial no sector das TIC 2004 convocado pola Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación (AETG) e patrocinado pola Fundación Ingeniero Gerardo García Campos.
O premio, de 6000 euros, será entregado nun acto público durante o desenvolvemento da Noite Galega das Telecomunicacións e a Sociedade da Información.
Valorándose especialmente o espírito emprendedor de tódalas propostas recibidas e a súa adecuación ó entorno socioeconómico galego, este premio fallouse a favor de Nerade Network Solution polos seguintes motivos:
-Pola súa implicación socioeconómica e efecto movilizador nunha zona vencellada ó sector primario.
-Pola dinamización e difusión da Sociedade da Información no seu entorno
-Pola complementariedade e interdisciplinariedade do equipo profesional que a compón.
-Pola súa oferta integral de servicios TIC
-Pola súa adecuación o seu mercado obxectivo
Dirixido a todas aquelas pequenas empresas (pemes) relacionadas co sector das Novas Tecnoloxías e Comunicación (TIC), este premio ten como obxectivo promover o sector das novas tecnoloxías en Galicia, deica unha firme Sociedade da Información na nosa Comunidade.
O venres, 26 de novembro, durante a celebración da Noite Galega das Telecomunicacións e da Sociedade da Información na illa da Toxa (Hotel Balneario Isla de la Toja) celebrarase, entre outros actividades, o acto público de entrega deste premio.
Organizada pola AETG, A Noite Galega das Telecomunicacións e da Sociedade da Información é o evento anual do sector das TIC (Tecnoloxías da Información e da
Comunicación) de Galicia onde se dan cita tódolos ámbitos relacionados coas Tecnoloxías da Información e as Comunicacións: administracións públicas, empresas do sector, medios de comunicación, universidades, fundacións e, por suposto, os enxeñeiros de telecomunicación.
O xurado estivo composto por:
-Presidente: Xerardo Xosé García Alvela, Secretario da Fundación Ingeniero Gerardo García Campos
-Vicepresidente: Carlos Pedreira Novo, membro da Xunta Directiva da AETG
-Secretario: Javier Franco Tubío, Vicepresidente da AETG
Vocais:
-Carlos Hernández Sande, catedrático da USC, xerente de Uniemprende.
-Miguel Merino, profesor titular da Universidade de Vigo
-Javier Toral Nistal, Consejero Delegado de Intelsis, Sistemas Intelidentes.
-osé Antonio Vázquez, Director de Control de Xesgalicia
Sobre AETG
A Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicacións, creada en 1991, é unha asociación sen ánimo de lucro que conta con más de 1000 profesionais das Telecomunicacións e das Tecnoloxías.
Os Enxeñeiros de Telecomunicación representa case un 10% dos Enxeñeiros de Telecomunicación de España.
É este un dos principais motivos por o que unha asociación que representa a este colectivo, cobra vital importancia á hora de contribuír o desenvolvemento da Comunidade Galega en canto as Tecnoloxías.
Sobre a Fundación Ingeniero Gerardo García Campos
A fundación Ingeniero Gerardo García Campos fúndase no ano 1999 co obxecto de dar soporte a actividades que tiña previsto facer Xerardo García Campos e que se afastan un pouco dos proxectos industriais consolidados; tales como o apoio ós promotores de calquera actividade ciéntifico-técnica que precise un soporte tanto financeiro como científico, estructural e moral que lles axude a realizar aquela actividade que xa está en marcha pero que precise un espaldarazo para acadar a súa consolidación definitiva.
Tamén pretende crear conciencia na sociedade galega para que saiba que existe unha fundación que ten unha función exclusivamente científico-técnica; á que poder acudir para recibir unha axuda no desenvolvemento de calquera actividade científica.






Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia, 2004-11-23

Actualidad

Foto del resto de noticias (apoio.jpg) O Plan constitúe o primeiro documento estratéxico específico de Galicia dedicado á planificación, organización e desenvolvemento dos coidados paliativos pediátricos e nace coa finalidade de dar resposta ás necesidades propias desta poboación, garantindo unha atención adaptada ás características evolutivas da infancia e da adolescencia. O documento aprobado hoxe conta co aval científico da Sociedade de Pediatría de Galicia e da Sociedade Española de Coidados Paliativos Pediátricos e está dirixido á poboación pediátrica con enfermidades crónicas complexas e situacións susceptibles de atención paliativa. Articúlase arredor de catro liñas estratéxicas orientadas a fortalecer a organización asistencial e a dar resposta ás necesidades clínicas, emocionais e sociais dos pacientes pediátricos e das súas familias.
Foto de la tercera plana (20261029-xunta.jpg) Galicia ocupa un lugar destacado nos Premios Nacionais de Investigación 2026, con cinco científicos galardoados. Tivo lugar o acto de entrega destes premios, celebrado no Palacio de Congresos de Europa, en Vitoria-Gasteiz. Os investigadores galegos que recibiron esta distinción son Ángel Carracedo, natural de Santa Comba, catedrático de Medicina na USC e director da Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica; a compostelana Carmen Álvarez Lorenzo, catedrática da USC e directora do Instituto de Materiais da USC (iMATUS); e Laura Castro Santos, de Betanzos, catedrática da Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol, pertencente á UDC.

Notas

As longametraxes La silla, de Ángel de la Cruz; Monstro, de Andrés Goteira; e As augas, de Ledicia Sola; dúas sesións de curtametraxes, o documental Hoxe e o resto do mundo; e diferentes encontros con empresas e profesionais do sector. A XVI Máster Class Audiovisual Galego Augal dedica a súa programación a unha escolma de proxectos estreados neste 2026, co propósito de ofrecer ao alumnado da Facultade de Comunicación e ao conxunto da cidadanía unha selección 'do mellor do audiovisual galego', como salientou o profesor Paulino Pérez, coordinador dun ciclo que arranca o luns e se estende ata marzo de 2027.
As RRSS convertéronse nun espazo para a comunicación e para a construción das identidades contemporáneas. Nelas circulan prácticas, discursos e representacións que poden reproducir xerarquías xa existentes, mais tamén cuestionar ideoloxías asentadas e abrir novos ámbitos de uso. Este escenario será o obxecto de estudo do Simposio do Instituto da Lingua Galega da USC que se desenvolverá do 24 ao 26 de novembro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES