
O delegado de Cultura e Turismo da Deputación, Mario Outeiro, participou na inauguración da mostra Vázquez Cereijo: 1970-2000, que expón unha importante parte da obra deste artista lucense no Museo de Lugo. No acto tamén estivo presente o propio José Vázquez Cereijo, ademais da directora do Museo de Lugo, Aurelia Balseiro, a xerente da rede museística, Encarna Lago, e o concelleiro de Cultura de Lugo, Antón Bao. A exposición permanecerá aberta ao público até o vindeiro 29 de febreiro de 2012.
Vázquez Cereijo é un recoñecido pintor, gravador e poeta que naceu en Lugo, na mesma casa que o seu tío Luís Pimentel, e del o delegado de Cultura da Deputación destaca a súa fidelidade con Galiza e tamén a Lugo. Mario Outeiro comentou a intención de Vázquez Cereijo de ceder outra obra ao Museo de Lugo, que ven a sumarse ás xa doadas hai anos: Luz de inverno e Os aparecidos ao Museo Provincial, un xesto importantísimo para esta institución xa que se mantén así o espírito que fixo posible que o Museo de Lugo chegara a ser o que é.
O Plan constitúe o primeiro documento estratéxico específico de Galicia dedicado á planificación, organización e desenvolvemento dos coidados paliativos pediátricos e nace coa finalidade de dar resposta ás necesidades propias desta poboación, garantindo unha atención adaptada ás características evolutivas da infancia e da adolescencia. O documento aprobado hoxe conta co aval científico da Sociedade de Pediatría de Galicia e da Sociedade Española de Coidados Paliativos Pediátricos e está dirixido á poboación pediátrica con enfermidades crónicas complexas e situacións susceptibles de atención paliativa. Articúlase arredor de catro liñas estratéxicas orientadas a fortalecer a organización asistencial e a dar resposta ás necesidades clínicas, emocionais e sociais dos pacientes pediátricos e das súas familias.
Galicia ocupa un lugar destacado nos Premios Nacionais de Investigación 2026, con cinco científicos galardoados. Tivo lugar o acto de entrega destes premios, celebrado no Palacio de Congresos de Europa, en Vitoria-Gasteiz. Os investigadores galegos que recibiron esta distinción son Ángel Carracedo, natural de Santa Comba, catedrático de Medicina na USC e director da Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica; a compostelana Carmen Álvarez Lorenzo, catedrática da USC e directora do Instituto de Materiais da USC (iMATUS); e Laura Castro Santos, de Betanzos, catedrática da Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol, pertencente á UDC.