
O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, avanzou que a Xunta está a traballar no deseño dun Plan Estratéxico para o Surf de Galicia para así crear unha marca de calidade que de prestixio as nosas praias e servizos. Lete Lasa fixo este anuncio na presentación en Ferrol do campionato de surf Pantín Classic 2011, na que tamén participou a secretaria xeral par o Turismo, Carmen Pardo.
O secretario xeral para o Deporte, destacou na presentación do campionato que se celebrará do 13 ao 18 de setembro na praia de Patín de Valdoviño, que Galicia ofrece unhas condición inmellorables para a práctica do surf, contando con máis de 100 praias aptas para a práctica deste deporte en diferentes condicións de ondas e vento. Ademais, a comunidade galega pode garantir 340 días anuais válidos para a práctica deste deporte. Por isto a Xunta de Galicia, afirmou, ven mostrando dende sempre o seu compromiso ca práctica deste deporte en xeral e co Pantín Classic en particular.
Lete Lasa destacou no seu discurso a gran vinculación da cidade de Ferrol ca práctica do deporte do surf, sendo esta cidade a primeira na que se fundou un club de surf, o Océano Club Surf, ademais de acoller a primeira tenda de surf de Galicia, Aquasurf e o primeiro campionato, o Pantín que neste ano celebra xa a súa 24ª edición. Ademais o secretario xeral para o Deporte tivo palabras de ánimo para os deportistas galegos que participarán no evento como Goni Zubizarreta, Pablo Montero, Erika Franco ou Yolanda Rodríguez.
Na súa intervención, o secretario xeral para o Deporte manifestou que co apoio a este evento a Xunta de Galicia mostra o seu compromiso co deporte e co desenvolvemento de hábitos de vida saudables. Engadiu que este compromiso vai máis aló da competición, as vitorias e as medallas, e referiuse ao programa Galicia Saudable, posto en marcha pola Xunta co obxectivo de mellorar a saúde mediante a práctica regular da actividade física e a adquisición de hábitos alimenticios saudables.
O valor engadido da paisaxe
A secretaria xeral para o Turismo, Carmen Pardo, asegurou a regularidade, a constancia e a garantía de ondas de grande calidade converten a Pantín na mellor opción para celebrar un evento tan relevante como o Pantín Classic Pro. Asemade, Carmen Pardo destacou que este campionato de surf ten o gran valor engadido de celebrarse nunha área de enorme beleza natural e a escasa degradación do medio natural, unha das zonas de Galicia con maior densidade de castelos medievais, os cantís máis importantes do país e as lagoas e zonas húmidas máis fermosas de Galicia.
O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur. De feito, destacan os altos rexistros acadados entre os días 9 e 15.
A Xunta de Galicia puxo en marcha a campaña de inmunización fronte á gripe e a COVID, que este ano incorpora como principais novidades a extensión da vacina antigripal de alta carga ás persoas de 65 a 69 anos e a ampliación do proxecto piloto de vacinación nos colexios a 75 centros educativos. O inicio oficial tivo lugar nun acto nas residencias de maiores e centros de discapacidade, o colectivo polo que arranca tradicionalmente a campaña debido á vulnerabilidade deste grupo fronte ás infeccións respiratorias.