Notas de prensa

Nortrans medra nun 30% a súa superficie expositiva

De carácter bienal, Nortrans, Salón do Transporte e a Loxística, regresa ó calendario feiral de Expourense convertido na referencia do sector no noroeste peninsular. Con respecto á anterior, a 8ª edición aumenta a súa superficie expositiva nun 30% e incrementa o número de expositores, acollendo a medio cento de expositores.

Nortrans 2011 foi presentado esta mañá en Expourense nun acto no que estiveron presentes o delegado territorial da Xunta de Galicia, Rogelio Martínez, o presidente do comité executivo de Expourense e da Cámara de Comercio de Ourense, Celso Barbosa, a concelleira de transporte Público de Ourense, Susana Bayo, o presidente do Comité Galego de Transporte e do comité asesor de Nortrans, Raúl López, e o director xerente de Expourense, Alejandro Rubín.

Cunha vintena de sectores representados, Nortrans, que se celebrará en Expourense os días 2 e 3 de setembro, contará coa presenza das principais empresas carroceiras de España e Portugal que presentarán os últimos modelos en vehículos de transporte de viaxeiros e mercadorías. Ademais da industria carrocería, poderán atoparse outros servizos como recambios, limpeza, formación, seguridade e localización GPS, reparación, etc. e tamén a presenza en feira de institucións como a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, a través da Dirección Xeral de Mobilidade, ou de Portos de Galicia. Por procedencia, Galicia é a comunidade que conta cun maior número de expositores (o 65%), seguida por Madrid e Euskadi.

Nortrans, cuxo comité organizador ten á fronte ó presidente do Consello Galego de Transportes, volverá contar co firme apoio das principais federacións empresariais do sector en Galicia, tanto de viaxeiros como de mercadorías, como son ANETRA, FEGABUS, FEGATRAMER, TRANSGACAR, ORENCAR, APETAMCOR, ATVC, AETRANS, ACOAG e FEGATRAVI. Ademais, o salón conta tamén coa colaboración, por primeira vez da Asociación Nacional de Vendedores de Vehículos a Motor, GANVAM.

Todos eles mostraron o seu firme compromiso e apoio a Nortrans, un salón profesional que consideran propio e que lles serve de punto de encontro e debate para analizar a situación actual do sector e da legislación vixente, así coma novas oportunidades de negocio ou a viabilidade dos servizos.

Por este motivo, serán varias as asociacións de profesionais que celebren as súas xuntas directivas e asembleas anuais no marco desta cita. Este é o caso do Comité Galego de Transporte de Viaxeiros, de TRANSGACAR, ou de FEGATRAMER. Ademais, APETAMCOR aproveitarán a presenza dos seus asociados en Nortrans para organizar o acto de entrega a transportistas das distincións: “Selo de Boas Prácticas Preventivas” e o “Selo de Calidade 5 anos”.

VIII Xornadas Técnicas de Transporte de Mercadorías e Viaxeiros

A Xornada de Transporte de Viaxeiros, que terá lugar o venres 2 de setembro, comezará coa análise do impacto da Lexislación Europea sobre o ordeamento xurídico español do transporte de viaxeiros que será explicado polo Subdirector Xeral de Ordenación e Normativa da Dirección Xeral de Transporte por Estrada do Ministerio de Fomento, Emilio Sidera. Pola súa parte, o presidente do Comité e Consello Nacional de Transportes Terrestres de España, Rafael Barbadillo, explicará en detalle a Política Europea de Transportes. Esta xornada rematará cunha mesa redonda sobre os modelos de financiamento do Transporte Público no que participará a Dirección Xeral de Mobilidade da Xunta de Galicia e os presidentes das principais asociacións profesionais de transporte de viaxeiros: ANETRA, FEGABUS, TRANSGACAR e FEGATRAVI.

O sábado 3 de setembro celebrarase a Xornada sobre Loxística que estará organizada pola secretaría Técnica do Proceso de Constitución do Clúster da Loxística de Galicia se estreará organizando en Nortrans as súas primeiras actividades. Esta xornada contemplará o aproveitamento das plataformas loxísticas do transporte de mercadorías para analizar cómo se podería integrar a rede loxística de Galicia e para marcar as liñas de actuación a seguir. Nesta xornada exporán a súa experiencia empresas doutros sectores integradas en clusters empresariais como o agroalimentario e o textil.

A asistencia a estas xornadas precisa de inscrición previa a través da web www.expourense.org ou do número de teléfono 988 36 60 30.

Ademais das xornadas técnicas, Nortrans acollerá distintas presentacións de firmas comerciais. Entre elas destaca a de IRIZAR, que aproveitará a súa presenza na feira para dar a coñecer a súa gama completa de autocares. Por outra parte, Locatel Flotas presentará un novo software de xestión online para o control dos tempos de condución.

O horario de apertura de feira será, venres e sábado, de 11.00 a 14.30 e de 16.00 a 20.00 horas.

Nortrans 2011 - Expourense, 2011-08-30

Actualidad

Foto del resto de noticias (filmoteca-galicia-202611.jpeg) A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
Foto de la tercera plana (veran.jpg) O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.

Notas

O 7 de novembro a ciencia sairá ao encontro da cidadanía coa primeira edición de 'Abastos de Ciencia', unha iniciativa da UDC que terá lugar no Mercado de San Agustín e combinará divulgación e experimentación a través de obradoiros participativos, mesas redondas e propostas gastronómicas e culturais. A iniciativa, enmarcada no proxecto InPacto, permitirá coñecer o traballo investigador que se realiza en diferentes centros, facultades e grupos.
O grupo de investigación da USC De la Edad Media al Siglo de Quevedo, desenvolve en Santiago o Congreso Internacional 'De interpretatione: la traducción en los siglos XVI y XVII'. O obxectivo do encontro, os días 5 e 6 na Facultade de Filoloxía, consiste en presentar os resultados de investigacións arredor da tradución durante os séculos XVI e XVII, pero tamén reflexionar sobre posibles liñas de traballo para o futuro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES