
O presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, celebrou a aprobación do decreto no cal se establece a cesión dos fondos documentais e bibliográficos de Isaac Díaz Pardo á biblioteca da Cidade da Cultura en réxime de comodato por un período de 60 anos. O xefe do executivo mostrou o seu compromiso de protexer e custudiar este fondo que se transfire a todos os galegos por ser un fondo de incalculable valor para a cultura e a sociedade galegas.
O comodato é esencialmente gratuíto e terá a fin de promover o estudo do fondo bibliográfico e documental e fomentar e difundir e estender o coñecemento xeral do patrimonio cultural galego e de facilitar aos investigadores a profundización na obra deste excepcional galego, deste intelectual galego comprometido coa súa terra sempre, asegurou Feijóo.
O fondo bibliográfico da Cidade da Cultura está formado aproximadamente por uns 16.000 exemplares, conformando a base de bibliotecas específicas de homes e de institucións da cultura galega tan importantes como o propio Isaac Díaz Pardo, Manuel Díaz Rozas, Lorenzo Varela, a Fábrica de Sargadelos, o Seminario de Estudos Galegos ou Camilo Díaz Valiño, destacou o presidente.
O comodato dos fondos bibliográficos e documentais de Isaac Díaz Pardo inclúe coleccións completas como A Revista Ibérica por la Libertad, 170 libros da editorial Ruedo Ibérico e publicacións fundamentais na recuperación dos estudos sobre Galicia e o galego como son a revista Grial ou a revista Verba. Feijóo asegurou que se trata dunha achega de incalculable valor para Galicia, unha achega cultural de incalculable valor para a sociedade galega en xeral e tamén para a Biblioteca de Galicia da Cidade da Cultura.
O presidente da Xunta quixo transmitirlle a Díaz Pardo que ten o compromiso da Xunta de Galicia de responder como merece esta confianza custodiando e protexendo o fondo que transfire a todos os galegos a través deste comodato durante 60 anos e por suposto asumindo o compromiso de difundilo o máximo posible. Ademais, Núñez Feijóo trasladou que a Xunta se está comprometendo con alguén que se compromete, Isaac Díaz Pardo, concluíu.
Fotografía: arquivo GD / Xunta de Galicia
O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur. De feito, destacan os altos rexistros acadados entre os días 9 e 15.
A Xunta de Galicia puxo en marcha a campaña de inmunización fronte á gripe e a COVID, que este ano incorpora como principais novidades a extensión da vacina antigripal de alta carga ás persoas de 65 a 69 anos e a ampliación do proxecto piloto de vacinación nos colexios a 75 centros educativos. O inicio oficial tivo lugar nun acto nas residencias de maiores e centros de discapacidade, o colectivo polo que arranca tradicionalmente a campaña debido á vulnerabilidade deste grupo fronte ás infeccións respiratorias.