Notas de prensa

Tralas Luces e Arrugas participarán no 59º Festival de Cine de San Sebastián

“Tralas Luces” é un documental de Sandra Sánchez sobre a vida nómada de Lourdes percorrendo as feiras coa súa familia e a pista de autos de choque, e “Arrugas” é unha adaptación da obra de Paco Roca sobre unha residencia da terceira idade, dirixida por Ignacio Ferreras.

O Consorcio Audiovisual de Galicia, dependente da Secretaría Xeral de Medios da Xunta, mostrou a súa satisfacción pola selección dos filmes galegos “Tralas Luces” e “Arrugas” para participar na 59º edición do Festival de Cine de San Sebastián. O Consorcio Audiovisual quere mostrar así mesmo o apoio os filmes que competirán na sección Zabaltegi, consolidada como unha das seccións de máis prestixio dentro do festival donostiarra. O Festival o que concorrerán os filmes celebrarase entre os días 16 o 24 de setembro na cidade donostiarra.

Cada ano preséntanse a esta sección vinte novos talentos que optan coa súa primeira ou segunda película ao Premio Kutxa-Novos Directores dotado con 90.000 euros. Este ano dúas das tres películas españolas presentadas será de orixe galega.

“Tralas Luces” é un documental que sigue a vida nómade de Lourdes mentres percorre as feiras do norte de España coa súa pista de autos de choque na compaña da súa familia. A dirección do filme corresponde a directora Sandra Sánchez.

“Arrugas” é unha adaptación da novela gráfica homónima de Paco Roca. Este filme describe as ilusións, sentimentos e frustracións dun grupo de anciáns nunha residencia da terceira idade. O seu director é Ignacio Ferreras.

O Consorcio Audiovisual de Galicia está levando a cabo unha serie de actividades de promoción do cine galego no que se inclúe o apoio a estes dous filmes, contribuíndo así a consolidar a proxección nacional e internacional do audiovisual galego.

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia, 2011-08-03

Actualidad

Foto del resto de noticias (veran.jpg) O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur. De feito, destacan os altos rexistros acadados entre os días 9 e 15.
Foto de la tercera plana (vacinacion-2026-01.jpg) A Xunta de Galicia puxo en marcha a campaña de inmunización fronte á gripe e a COVID, que este ano incorpora como principais novidades a extensión da vacina antigripal de alta carga ás persoas de 65 a 69 anos e a ampliación do proxecto piloto de vacinación nos colexios a 75 centros educativos. O inicio oficial tivo lugar nun acto nas residencias de maiores e centros de discapacidade, o colectivo polo que arranca tradicionalmente a campaña debido á vulnerabilidade deste grupo fronte ás infeccións respiratorias.

Notas

O 7 de novembro a ciencia sairá ao encontro da cidadanía coa primeira edición de 'Abastos de Ciencia', unha iniciativa da UDC que terá lugar no Mercado de San Agustín e combinará divulgación e experimentación a través de obradoiros participativos, mesas redondas e propostas gastronómicas e culturais. A iniciativa, enmarcada no proxecto InPacto, permitirá coñecer o traballo investigador que se realiza en diferentes centros, facultades e grupos.
O grupo de investigación da USC De la Edad Media al Siglo de Quevedo, desenvolve en Santiago o Congreso Internacional 'De interpretatione: la traducción en los siglos XVI y XVII'. O obxectivo do encontro, os días 5 e 6 na Facultade de Filoloxía, consiste en presentar os resultados de investigacións arredor da tradución durante os séculos XVI e XVII, pero tamén reflexionar sobre posibles liñas de traballo para o futuro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES