
Un total de 55 proxectos audiovisuais galegos presentados por 49 produtoras independentes e creadores individuais recibirán o apoio económico da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) por un importe global de 674.097 euros, adxudicados a través de catro das cinco liñas de subvención ao sector audiovisual galego convocadas este ano 2011 pola entidade da ConsellerÃa de Cultura e Turismo.
Desta contÃa total, 209.239 euros destÃnanse ao desenvolvemento e produción de 13 proxectos de contidos dixitais interactivos, 199.879 euros a 14 propostas de traballo previo cara á realización de novas obras audiovisuais en lingua galega, 149.992 euros a 18 novos creadores galegos para a escrita de guións e a produción de curtametraxes e longametraxes en soporte dixital, asà como de curtas experimentais, e 114.988 a 10 empresas para a produción de curtametraxes e de videoclips.
Este programa anual de axudas ao audiovisual completarase coa próxima resolución da convocatoria dirixida á produción e coprodución de longametraxes en galego, á que se destina un crédito de 2,9 millóns de euros.
Preparación de novos filmes
Un total de 14 produtoras galegas benefÃcianse este ano das subvencións para o desenvolvemento doutros tantos proxectos audiovisuais nas súas diferentes modalidades, de xeito que se apoia a preparación de nove novas longametraxes de ficción (Limpeza de sangue de Filmanova Invest, O pai de Adivina Producciones, Trazo de xiz de Abano Producións, Prisciliano, o último cristian de Formateo, RosalÃa de O Raio Verde Medios Dixitais, Welcome to Harmony de Vaca Films, Cruceiros de Frida Films, Las altas presiones de Matriuska Producciones e Máximo de Xamalú Filmes), dúas longas documentais (Bailadela de Ficción Producciones e Grupo Nove de Esmerarte Servicios ArtÃsticos), outras dúas pelÃculas para televisión (Don Necesario de Producións A Fonsagrada e Lobos sucios de Continental Producciones) e un piloto de serie de animación (Atlas do Planeta Mincha de Mondotropo).
O obxectivo desta liña de axuda é fomentar unha das fases esenciais na realización de calquera obra audiovisual, entendendo por “desenvolvemento de proxectos” o conxunto de operacións previas aos procesos de pre-produción e produción: adquisición de dereitos, traballo de investigación, escrita e análise de guión, selección do equipo artÃstico e técnico, preparación do orzamento estimado e procura de socios, entre outras actividades.
Creadores emerxentes
No que respecta ás subvencións ao talento audiovisual, a contÃa total outorgada distribúese en catro modalidades de proxectos a través das que se busca favorecer tanto a emerxencia de novos creadores como aquelas propostas enmarcadas nas novas estéticas narrativas ou experimentais. AsÃ, a través desta liña axudarase a financiar a escrita de tres guións propostos por Gonzalo GarcÃa Velasco, Xoán Escudero e Breogán Riveiro; asà como a produción de cinco curtametraxes en soporte dixital asinados por Jesús Rey Roca, Juan José Varela Abeledo, Pablo López Ouzón, Susana MartÃnez de la Riva e Sonia Méndez Alonso; cinco curtas experimentais presentadas por Oliver Laxe, Xacio RodrÃguez, Amaya González, Pablo Millán e Ãngel Santos; e outras tantas longametraxes en soporte dixital a cargo de Lois Patiño, Xosé Alberte Pagán, Pablo Cayuela, Alexandre Cancelo e Alberto GarcÃa Hermida.
Ademais, un total de nove produtoras independentes galegas recibirán o apoio económico da Agadic para levar a cabo dez producións audiovisuais de metraxe reducida, das que dúas son curtametraxes en soporte cinematográfico (Ãnsula de Filmika Galaika e La zanja de Producciones Vigo), dúas en soporte dixital (Rip Rip Hurra de Hachedevisual e Eixos de Fungo), tres de animación en cine (Morti de Continetal Producciones, Cousas de meigas de Firmist Animación e O xigante de Abano Producións) e outros tres, videoclips (Barca bela de Miguel de la Peña, Alalá do vikingo de Sons Galiza e Shame on us de Hachedevisual).
Por último, ás subvencións para contidos dixitais e interactivos para internet, televisión, videoxogos e móbiles distribúense entre cinco propostas de desenvolvemento presentadas por Interacción CIM, A Navalla SuÃza, Mondotropo, Mr. Misto Films e Impulso TV e oito de produción a cargo de Editorial Galaxia, Redenasa TV, Editora OQO, Airapro, VÃa Láctea Films, New Gravity Laws e Xamalú Filmes.
A listaxe de beneficiarios e contÃas outorgadas a través destas catro convocatorias está dispoñible para a súa descarga na páxina web da Agadic: www.agadic.info/axudas
Foron presentadas as xornadas Galicia Biodays, que buscan posicionar Galicia como un territorio de referencia en innovación biotecnolóxica no ámbito internacional. Este evento vaise celebrar os dÃas 6 e 7 de maio no Auditorio Mar de Vigo, e permitirá reforzar a marca Galicia Calidade en biotecnoloxÃa, fomentar o intercambio de coñecemento e establecer novas colaboracións cientÃficas, empresariais e institucionais. Está previsto que asistan máis de 1000 persoas de 9 biorrexións convidadas, con máis de 130 relatores.
Alfonso Rueda informou de que o Consello deu conta do inicio da tramitación do anteproxecto da que será 'a primeira Lei do terceiro sector da acción social de Galicia'. Unha norma que busca 'unificar nun único texto legal a regulación deste eido e recoñecer de xeito formal o seu traballo e o papel que xogan as entidades na sociedade galega'. A necesidade de aprobar esta lei xustifÃcase na importante presenza destas entidades en Galicia, preto de 1.500, -que constitúen 'unha auténtica rede de solidariedade', segundo resaltou a conselleira de PolÃtica Social e Igualdade, Fabiola GarcÃa-, para apoiar as persoas e fogares máis vulnerables.