Notas de prensa

En marcha un programa de visitas didácticas ás mostras da Cidade da Cultura

A Cidade da Cultura de Galicia pon en marcha un programa de visitas e de obradoiros didácticos para facer accesible o contido das súas exposicións a todos os públicos. Un guía especializado explica de xeito pedagóxico o contido das mostras temporais do Gaiás.

A Cidade da Cultura de Galicia vén de poñer marcha un programa de visitas didácticas ás exposicións temporais que acolle co obxectivo de facer accesible o seu contido a todos os públicos dun xeito lúdico e pedagóxico. Ademais, o próximo martes 2 de agosto comezará tamén unha serie de obradoiros didácticos infantís e familiares asociados á mostra Typewriter: a historia escrita á máquina, ofrecendo unha alternativa creativa e didáctica para achegarse a esta exposición.

As visitas didácticas organízanse os venres, sábados e domingos ás 11.00 e ás 17.00 horas. Son de balde e non é preciso reserva de praza. Abonda con presentarse dez minutos antes da hora no Punto de Información, Espazo ON da Cidade da Cultura. Nelas, un guía especialmente formado pola Fundación Cidade da Cultura de Galicia explicará aos participantes o contido da exposición Typewriter: a historia escrita á máquina e tamén de Figuras para la batalla do escultor Miquel Navarro.

Obradoiros didácticos de ‘Typewriter’

Os obradoiros didácticos terán lugar, nunha primeira fase, entre o 2 de agosto e o 8 de setembro, todos os martes, mércores e xoves (excepto o martes 16 de agosto, festivo local en Santiago) ás 11,30 horas.

En canto ao público ao que van dirixidos existe unha diferenza entre os obradoiros dos martes e os dos mércores e xoves. Aos do martes, Obradoiros Familiares, poderán asistir rapaces de 3 a 12 anos sempre acompañados por familiares e terán unha duración de aproximadamente dúas horas. Os obradoiros dos mércores (Robotipo) e os dos xoves (Maquinais) están dirixidos exclusivamente a rapaces de Primaria, de 6 a 12 anos, e terán unha duración de noventa minutos.

O grupos están limitados a un máximo de 25 persoas. Aínda que a actividade é de balde é preciso reserva praza na web www.cidadedacultura.es. Ás reservas estarán abertas ata 48 horas antes do inicio da actividade.

Os tres obradoiros presentan contidos diferentes, co que será posible apuntarse a máis dun. Neles, os rapaces explorarán o universo da escritura mecanizada, descubrindo a través de xogos o esforzo do ser humano por comunicarse e por deixar unha pegada no tempo. Deste xeito, traballarán na creación de “pegadas propias”, aprendendo técnicas derivadas do gravado, como a monotipia, o raspado ou a impresión por reserva e presión -moi similar ao sistema de percusión empregado polas teclas das máquinas de escribir¬-.

Nos obradoiros familiares, maiores e cativos traballarán en equipo para crear unha “pegada familiar”, que permita definir a súa familia, explorando as posibilidades creativas dos pictogramas, e aproximando aos nenos ao mundo dos linguaxes e sistemas de código, como moitos dos que empregan as máquinas de escribir.

Nunha segunda fase, entre o 16 de setembro e o 1 de outubro, os obradoiros infantís pasarán a celebrarse os venres pola tarde –ás 17,00 horas- e os sábados –ás 11,00 e ás 17,00 horas. Estarán dirixidos exclusivamente a rapaces de entre 6 e 12 anos¬-.

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia, 2011-07-26

Actualidad

Foto del resto de noticias (veran.jpg) O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur. De feito, destacan os altos rexistros acadados entre os días 9 e 15.
Foto de la tercera plana (vacinacion-2026-01.jpg) A Xunta de Galicia puxo en marcha a campaña de inmunización fronte á gripe e a COVID, que este ano incorpora como principais novidades a extensión da vacina antigripal de alta carga ás persoas de 65 a 69 anos e a ampliación do proxecto piloto de vacinación nos colexios a 75 centros educativos. O inicio oficial tivo lugar nun acto nas residencias de maiores e centros de discapacidade, o colectivo polo que arranca tradicionalmente a campaña debido á vulnerabilidade deste grupo fronte ás infeccións respiratorias.

Notas

O 7 de novembro a ciencia sairá ao encontro da cidadanía coa primeira edición de 'Abastos de Ciencia', unha iniciativa da UDC que terá lugar no Mercado de San Agustín e combinará divulgación e experimentación a través de obradoiros participativos, mesas redondas e propostas gastronómicas e culturais. A iniciativa, enmarcada no proxecto InPacto, permitirá coñecer o traballo investigador que se realiza en diferentes centros, facultades e grupos.
O grupo de investigación da USC De la Edad Media al Siglo de Quevedo, desenvolve en Santiago o Congreso Internacional 'De interpretatione: la traducción en los siglos XVI y XVII'. O obxectivo do encontro, os días 5 e 6 na Facultade de Filoloxía, consiste en presentar os resultados de investigacións arredor da tradución durante os séculos XVI e XVII, pero tamén reflexionar sobre posibles liñas de traballo para o futuro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES