Notas de prensa

A Biblioteca Concepción Arenal-USC conmemora o 75º aniversario do Estatuto do 36

Unha mostra bibliográfica conmemora o 75º aniversario da aprobación, o 28 de xuño de 1936, o Estatuto de Autonomía de Galicia. Ademáis de exemplares de xornais que apoiaron e se opuxeron ao referendo, inclúense reproducións de cartaces deseñados por artistas galegos como Seoane ou Castelao.

A Biblioteca Concepción Arenal da USC quere conmemorar cunha exposición bibliográfica o setenta e cinco aniversario do Estatuto de Autonomía de Galicia, coñecido como Estatuto de 1936, que foi aprobado en referendo o 28 de xuño dese ano. A mostra, aberta ata o 15 de xullo, céntrase fundamentalmente na campaña que culminou co plebiscito de xuño.

Ademais da exposición bibliografía con fondos da BUSC, amósanse reproducións de voandeiras, propaganda a favor e en contra do estatuto, así como reproducións de cartaces deseñados polos mellores artistas galegos, como Seoane, Castelao ou Camilo Díaz Baliño. Igualmente a mostra contén reproducións dos xornais afíns, tanto dos que traballaron abertamente polo fracaso do referendo como dos da banda a prol do Estatuto.

A pesar de non ser discutido nin sometido a aprobación no Congreso dos Deputados, o Estatuto do 36 serviu polo menos para que na Constitución española de 1978 Galicia fose considerada como nacionalidade histórica.

Gabinete de Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela (USC), 2011-06-29

Actualidad

Foto del resto de noticias (veran.jpg) O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur. De feito, destacan os altos rexistros acadados entre os días 9 e 15.
Foto de la tercera plana (vacinacion-2026-01.jpg) A Xunta de Galicia puxo en marcha a campaña de inmunización fronte á gripe e a COVID, que este ano incorpora como principais novidades a extensión da vacina antigripal de alta carga ás persoas de 65 a 69 anos e a ampliación do proxecto piloto de vacinación nos colexios a 75 centros educativos. O inicio oficial tivo lugar nun acto nas residencias de maiores e centros de discapacidade, o colectivo polo que arranca tradicionalmente a campaña debido á vulnerabilidade deste grupo fronte ás infeccións respiratorias.

Notas

O 7 de novembro a ciencia sairá ao encontro da cidadanía coa primeira edición de 'Abastos de Ciencia', unha iniciativa da UDC que terá lugar no Mercado de San Agustín e combinará divulgación e experimentación a través de obradoiros participativos, mesas redondas e propostas gastronómicas e culturais. A iniciativa, enmarcada no proxecto InPacto, permitirá coñecer o traballo investigador que se realiza en diferentes centros, facultades e grupos.
O grupo de investigación da USC De la Edad Media al Siglo de Quevedo, desenvolve en Santiago o Congreso Internacional 'De interpretatione: la traducción en los siglos XVI y XVII'. O obxectivo do encontro, os días 5 e 6 na Facultade de Filoloxía, consiste en presentar os resultados de investigacións arredor da tradución durante os séculos XVI e XVII, pero tamén reflexionar sobre posibles liñas de traballo para o futuro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES