Notas de prensa

A transferencia tecnolóxica, motor da Eurorrexión

A Xunta apunta á transferencia tecnolóxica como un dos motores de crecemento económico na Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal. Preséntase o Proxecto VT de intercambio de coñecementos universidades-empresas.

O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, salientou a importancia da transferencia tecnolóxica entre os sectores público e privado de Galicia e do Norte de Portugal como un dos motores de crecemento da Eurorrexión.

Na xornada de presentación do proxecto “Deseño, consolidación e mellora de vehículos de transferencia tecnolóxica na Eurorrexión (VT)”, o director xeral puxo de manifesto o potencial científico e investigador galego-portugués e avogou pola colaboración entre universidades e empresas para volver ao camiño da recuperación económica.

O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE recordou que a Estratexia Europa 2020 preconiza o “crecemento intelixente” e chama aos Estados membros a consolidar a I+D+i e o intercambio de coñecementos, dando lugar a novos produtos e servizos que xeren emprego, crecemento e benestar.

Na súa intervención, Gamallo presentou ao director da Oficina Europea de Patentes, Jaime Roldán Abalos, quen no seu relatorio “Por que as patentes poden facilitar a transferencia de tecnoloxía” expuxo as vías de cooperación e intercambio de coñecementos que as patentes ofrecen á universidade e ás empresas.

Proxecto VT

O proxecto VT (Vehículos de Transferencia) explora as posibilidades de transferencia tecnolóxica existentes na Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal. A iniciativa ten por propósito exportar o coñecemento xerado nos centros públicos (universidades e centros de investigación) ao sector privado, promovendo que as empresas se impliquen máis na I+D+i e aumenten a súa competitividade. A estratexia deste proxecto baséase en tres alicerces: a investigación baixo contrato, a transferencia mediante licenza -as patentes- e o emprendemento tecnolóxico.

Mediante este plan quérese trasladar o peso da investigación que, tanto en Galicia como no resto da UE, recae no sector público á iniciativa privada. Así, a transferencia ás empresas é clave para que estas accedan a un maior financiamento, obteñan rendibilidade cos seus produtos ou servizos, invistan os beneficios en novos proxectos, creen emprego e aumenten a competitividade do sector.


Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia, 2011-06-15

Actualidad

Foto del resto de noticias (filmoteca-galicia-202611.jpeg) A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
Foto de la tercera plana (veran.jpg) O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.

Notas

O 7 de novembro a ciencia sairá ao encontro da cidadanía coa primeira edición de 'Abastos de Ciencia', unha iniciativa da UDC que terá lugar no Mercado de San Agustín e combinará divulgación e experimentación a través de obradoiros participativos, mesas redondas e propostas gastronómicas e culturais. A iniciativa, enmarcada no proxecto InPacto, permitirá coñecer o traballo investigador que se realiza en diferentes centros, facultades e grupos.
O grupo de investigación da USC De la Edad Media al Siglo de Quevedo, desenvolve en Santiago o Congreso Internacional 'De interpretatione: la traducción en los siglos XVI y XVII'. O obxectivo do encontro, os días 5 e 6 na Facultade de Filoloxía, consiste en presentar os resultados de investigacións arredor da tradución durante os séculos XVI e XVII, pero tamén reflexionar sobre posibles liñas de traballo para o futuro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES