Notas de prensa

O I Encontro de artistas novos. Cidade da Cultura de Galicia, en setembro

Aberto ata o 15 de xullo o prazo para inscribirse neste evento. Seleccionaranse só cen mozos que poderán coñecer e compartir experiencias durante seis días con creadores xa consolidados.

A Fundación Cidade da Cultura de Galicia abriu xa o prazo para conseguir unha das cen prazas que se convocan no “I Encontro de Artistas Novos. Cidade da Cultura de Galicia”. Os interesados teñen ata o venres 15 de xullo para formalizar a súa inscrición. As bases, programa e documentación para facelo poden descargarse en www.cidadedcultura.org/programacultural.

O encontro, no que cen creadores novos convivirán durante seis días con artistas xa consolidados, con directores de museos, comisarios ou críticos de arte, está dirixido a artistas novos galegos, do resto de España e doutros países, cunha idade de entre 18 e 35 anos e que sexan estudantes ou licenciados en Belas Artes (ou titulación afíns), ou ben cunha traxectoria artística acreditada.

A Fundación Cidade da Cultura de Galicia correrá cos gastos de inscrición, aloxamento -en réxime de pensión completa no Monte do Gozo-, transporte diario entre o Monte do Gozo e a Cidade da Cultura, e viaxes previstos no programa para visitar outros centro culturais galegos, como o museo MARCO de Vigo.

Dirixido por Rafael Doctor Roncero, ex director do MUSAC e comisario independente, o encontro contará con artistas como Pierre Gonnord, Cristina Lucas, Ana Soler, Antonio Ballester, Carles Congost, Daniel Canogar, Victoria Diehl, Rubén Ramos Balsa, Fernando Sánchez Castillo, José Luis Serzo y Suso Fandiño. Xunta a eles, estarán directores de museos, como Miguel Von Haffe, responsable do CGAC ou Iñaki Martínez Antelo, del MARCO de Vigo.

Durante os seis días do encontro, os seleccionados participarán en conferencias e talleres sobre a situación da arte contemporánea. Ademais, para dar unha maior visibilidade aos novos talentos, organizarase “Foro Aberto”, onde trinta creadores terán a oportunidade de expoñeren os seus proxectos. Esta actividade permitirá tamén dar a coñecer as infraestruturas culturais dedicadas a arte contemporánea que existe en Galicia.

Gabinete de Comunicación da Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia, 2011-06-11

Actualidad

Foto del resto de noticias (veran.jpg) O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur. De feito, destacan os altos rexistros acadados entre os días 9 e 15.
Foto de la tercera plana (vacinacion-2026-01.jpg) A Xunta de Galicia puxo en marcha a campaña de inmunización fronte á gripe e a COVID, que este ano incorpora como principais novidades a extensión da vacina antigripal de alta carga ás persoas de 65 a 69 anos e a ampliación do proxecto piloto de vacinación nos colexios a 75 centros educativos. O inicio oficial tivo lugar nun acto nas residencias de maiores e centros de discapacidade, o colectivo polo que arranca tradicionalmente a campaña debido á vulnerabilidade deste grupo fronte ás infeccións respiratorias.

Notas

O 7 de novembro a ciencia sairá ao encontro da cidadanía coa primeira edición de 'Abastos de Ciencia', unha iniciativa da UDC que terá lugar no Mercado de San Agustín e combinará divulgación e experimentación a través de obradoiros participativos, mesas redondas e propostas gastronómicas e culturais. A iniciativa, enmarcada no proxecto InPacto, permitirá coñecer o traballo investigador que se realiza en diferentes centros, facultades e grupos.
O grupo de investigación da USC De la Edad Media al Siglo de Quevedo, desenvolve en Santiago o Congreso Internacional 'De interpretatione: la traducción en los siglos XVI y XVII'. O obxectivo do encontro, os días 5 e 6 na Facultade de Filoloxía, consiste en presentar os resultados de investigacións arredor da tradución durante os séculos XVI e XVII, pero tamén reflexionar sobre posibles liñas de traballo para o futuro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES