Notas de prensa

O Cetal asina un convenio de colaboración de desenvolvemento rural Ancares-Courel para a experimentación e implantación de parcelas piloto de trufa

O Centro Tecnolóxico Agroalimentario de Lugo asinou un convenio de colaboración coa Asociación de desenvolvemento rural Ancares Courel para levar a cabo a “Experimentación e Implantación de parcelas piloto de Trufa (Tuber sp.) no concello de Folgoso do Courel”.

O director da Fundación lucense, Eduardo Vidal, lembra que “entre os obxectivos do CETAL están a posta en marcha de proxectos e programas de desenvolvemento tecnolóxico ou innovación no sector agroalimentario, tanto directamente como en colaboración ou cooperación con outros organismos, administracións, entidades ou institucións; así como aqueles que avalíen e reduzan o impacto do sector agroalimentario no medio ambiente”.

Pola súa parte, a Asociación pretende “ser centro receptor e distribuidor de toda a información relativa ao desenvolvemento socioeconómico do medio rural, tanto a nivel nacional coma internacional; potenciar, revalorizar e preservar os recursos naturais, culturais, históricos e artísticos da zona; concienciar á poboación da necesidade de protexer o ambiente e o contorno rural, e tomar parte activa niso, mediante actividades orixinais e innovadoras; e formular e transmitir á poboación a estratexia adecuada para acadar o desenvolvemento sustentable da zona, así como promover a súa aplicación”, en palabras do presidente da mesma, José Fernández Gómez.

Así pois, ambos os dous, consideran que, en xeral, o rural galego ofrece multitude de produtos alimentarios, naturais ou transformados, de altísima calidade e susceptibles dun aproveitamento comercial ou presenta, nalgúns dos seus territorios, o potencial para introducir novos produtos de elevadísimo interese. Neste senso, Vidal explica que “no territorio galego non existen experiencias coñecidas de cultivo e aproveitamento comercial de variedades de trufa (Tuber sp.). As trufas son un produto moi atractivo dende o punto de vista alimentario e económico, que suporían unha alternativa de produción interesante para determinadas áreas rurais, que hoxe carecen doutros aproveitamentos”. Ademais, determinadas áreas do concello de Folgoso do Courel reúnen unhas condicións de partida interesantes para o análise da viabilidade do cultivo dalgunhas especies de trufa. “Este cultivo podería supor unha alternativa de produción interesante para os/as propietarios/as de terreos actualmente improdutivos ou de baixo rendemento produtivo”, asegura.

O convenio, que terá vixencia ata xullo de 2013, executarase en dúas fases, a primeira inclúe as labores preparatorias; a localización de parcelas e propietarios; a selección das zonas de mostraxe de solos e a valoración dos resultados das analíticas. A segunda incluirá a implantación, xestión e seguimento de parcelas piloto.

A Asociación comprométese sufragará a totalidade das súas tarefas cos fondos dispoñibles a través do no proxecto de cooperación interterritorial con outros Grupos de Desenvolvemento Rural de España denominado “Nuevos Horizontes”, que financia o Ministerio de Medio Ambiente, Medio Rural e Mariño. O CETAL, pola súa parte, comprométese a dispor dos fondos precisos para as súas ata un importe máximo de 10.000,00 €.

Gabinete de Comunicación do Cetal, 2011-06-09

Actualidad

Foto del resto de noticias (filmoteca-galicia-202611.jpeg) A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
Foto de la tercera plana (veran.jpg) O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.

Notas

O 7 de novembro a ciencia sairá ao encontro da cidadanía coa primeira edición de 'Abastos de Ciencia', unha iniciativa da UDC que terá lugar no Mercado de San Agustín e combinará divulgación e experimentación a través de obradoiros participativos, mesas redondas e propostas gastronómicas e culturais. A iniciativa, enmarcada no proxecto InPacto, permitirá coñecer o traballo investigador que se realiza en diferentes centros, facultades e grupos.
O grupo de investigación da USC De la Edad Media al Siglo de Quevedo, desenvolve en Santiago o Congreso Internacional 'De interpretatione: la traducción en los siglos XVI y XVII'. O obxectivo do encontro, os días 5 e 6 na Facultade de Filoloxía, consiste en presentar os resultados de investigacións arredor da tradución durante os séculos XVI e XVII, pero tamén reflexionar sobre posibles liñas de traballo para o futuro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES