Notas de prensa

O Centro Coreográfico Galego estrea 3DTres

Catalogado como un espectáculo de "primeira magnitude", a nova aposta do CCG preséntase como a suma dos talentos de Tony Fabre, Ãngel Rodríguez e Amaury Lebrun como creadores das tres pezas que compoñen esta proposta, dirixida por Mercedes Suárez e interpretada por cinco parellas de bailaríns.

O conselleiro de Cultura e Turismo, Roberto Varela, presentou na Coruña o espectáculo 3DTres, a nova produción do Centro Coreográfico Galego (CCG) que se estrea o vindeiro sábado 11, ás 20.30 horas, no Teatro Colón. Os coreógrafos Tony Fabre, Ãngel Rodríguez e Amaury Lebrun asinan, respectivamente, as pezas de Honey Moon, Dulce memoria e Magnificat, que foron creadas ex profeso para este proxecto e dan forma –en palabras do conselleiro– a un “espectáculo de primeira magnitude, que adecúa o facer galego coas tendencias en auxe do panorama europeo”.

Os tres creadores, de recoñecida traxectoria internacional e ex integrantes, entre outras, da Compañía Nacional de Danza baixo a dirección de Nacho Duato, desprazáronse nos últimos meses ata A Coruña para traballar directamente coas cinco parellas de bailaríns e bailarinas que interpretan 3DTres, así como co resto do equipo artístico, baixo a coordinación de Mercedes Suárez como directora do Centro Coreográfico e deste espectáculo.

Sinais de identidade

Para Roberto Varela, esta destacada suma de talentos, xunto coa multidisciplinariedade e a harmonía de cometidos, “constrúen os sinais de identidade do que ha de ser unha produción realizada por unha compañía pública”, tal e como manifestou durante a súa intervención. Nesta presentación tamén participaron Juan Carlos F. Fasero, director da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), Mercedes Suárez, Ãngel Rodríguez e Amaury Lebrun. Así mesmo, a directora do CCG leu unhas palabras remitidas por Tony Fabre, quen nestes momentos atópase en San Petesburgo traballando xunto a Nacho Duato, director do Ballet do Teatro Mijáilovski.

O titular de Cultura anunciou, ademais, que o traballo realizado no seo do Centro Coreográfico Galego polos tres creadores iniciará a partir de agora un “efecto multiplicador” a través da posta en marcha dunhas xornadas pedagóxicas arredor de 3DTres, nas que poderán inscribirse todos os bailaríns e bailarinas que desenvolven a súa actividade en Galicia.

O conselleiro definiu o resultado destas colaboracións como unha excelente mostra do que a danza galega pode ofrecer e da “importancia que esta arte ten para a Consellería de Cultura e Turismo”. Neste sentido, salientou o labor do CCG a través de iniciativas como os cursos de formación, a organización da I Mostra de Danza de Galicia, a continuidade dos programas de coprodución e investigación coreográfica e os proxectos de colaboración iniciados con entidades especializadas a nivel estatal, así como con concellos galegos de ámbito non urbano.

En canto aos obxectivos da xestión do seu departamento respecto do sector da danza, Roberto Varela destacou como prioridades a consolidación da creación coreográfica e a normalidade na produción e distribución. Neste último apartado, informou de que 37 compañías galegas de danza están inscritas en 2011 nas redes de distribución de espectáculos que promove a Agadic, cun progresivo incremento da súa presenza en funcións a medida que avanza o ano.

Tres partes independentes

3DTres constrúese arredor de tres creacións ben diferenciadas canto a música, temas, vestiario e postas en escena, que porén teñen como denominador común a técnica empregada polas cinco parellas que as interpretan: un estilo totalmente contemporáneo, desenvolvido sobre unha sólida base de danza clásica. Irene Rubio, Ãstrid Molinero, Lucía Antonella Sampieri, Fátima Fernández, Elena Chamorro, Carlos Ugarriza, Ariel A. Caramés, Juan M. Hernández, Miguel A. Ponte e Pablo Aradillas integran o corpo de baile, seleccionado a través dun proceso de audición, que conta coa experiencia previa común de ter formado parte de Etheria, o anterior espectáculo do CCG.

Santi Mañasco, no deseño de iluminación; Nuria Barrio, Santos Salgado e María Villas, no de vestiario; Pixel Films, na montaxe audiovisual; e Yolanda González, na asistencia á dirección, forman parte tamén do equipo artístico que leva a escena esta quinta produción propia da compañía pública.

Renovación natural

Para este proxecto, Tony Fabre creou Honey Moon como un “poema en movemento” sobre música de Jean Poinsignon e do Steve Reich Ensemble. Nesta peza, o coreógrafo francés –autor de numerosos títulos para a Compañía Nacional de Danza 2, IT Dansa, Tulsa Ballet e Ballet Béjart Lausanne, entre outras formacións– constrúe con humor unha representación da evolución do mundo e dos ciclos da renovación da natureza.

En Dulce memoria, o madrileño Ãngel Rodríguez propón un canto ás nosas lembranzas a través de dúos, tríos e cuartetos en continua progresión. Neste caso, a música medieval e renacentista é de Martín Códax e Tomás Luis de Victoria. De formación e traxectoria ecléctica, Rodríguez foi adxunto á dirección do Ballet Carmen Roche, ademais de ter creado pezas para destacadas compañías dentro e fóra de España, como a Nacional de Danza, a de Rafael Amargo ou o Balllet do Teatro Mijáilovski, así como para musicais, cine, publicidade, moda, etc.

Por último, Amaury Lebrun emprega música de Bach para Magnificat, a través da que busca trasladar ao espectador a un mundo de contrastes no que a utilización do tutú romántico preséntase en contraposición aos movementos máis contemporáneos. Este coreógrafo francés dirixe a súa propia compañía (Amaury Dance Company), traballo que combina con colaboracións habituais para outras formacións e festivais.

As entradas para asistir á función de 3DTres na Coruña están á venda a través da billeteira electrónica da web www.novacaixagalicia.es ou do teléfono 902 43 44 43. Tamén poden adquirirse no despacho de billetes do Teatro Colón, en horario de 12.00 a 14.00 horas e de 18.00 a 20.30 h. O seu prezo é de 10 euros en asento xeral e de 14 en reservado.

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia, 2011-06-09

Actualidad

Foto del resto de noticias (festival-ouyeah-2026.jpg) A edición 2026 artéllase arredor dun formato expandido, con varias datas e localizacións ao longo da provincia, convertendo cada encontro nunha peza dun ecosistema cultural máis amplo. O 6 de xuño, en Expourense será a cita inaugural co rock lendario de Loquillo, o magnetismo vintage de Kitty, Daisy & Lewis e o fenómeno galego do momento, The Rapants. O 31 de xullo, na Praza da Veracruz do Carballiño a banda Burning, ofrecerá un concerto gratuíto; e o 4 de outubro, no Pazo de Deportes Paco Paz, o festival culminará o regreso de Luz Casal a Ourense. Loquillo, icona indiscutible do rock estatal con case cinco décadas de traxectoria, chega en plena xira do seu último traballo Corazones Legendarios, cun directo que revisita os grandes éxitos dunha carreira tan influente como extensa.
Foto de la tercera plana (emprego_4.jpg) Galicia pechou o primeiro trimestre deste ano con máis poboación empregada que hai un ano. Neste sentido, os datos da Enquisa de Poboación Activa (EPA) publicados hoxe e relativos ao primeiro trimestre deste ano reflicten unha suba de 28.000 persoas ocupadas en relación ao ano pasado, lixeiramente superior á do conxunto do Estado e acadando, con 1.178.100, a cifra máis alta nun primeiro trimestre desde 2008. Ademais, a comunidade rexistra a maior taxa de emprego (49,30) nun primeiro trimestre en 18 anos e unha taxa de paro menor (8,96) que no conxunto de España (10,83). Ademais, as taxas galegas de paro feminino (9,51) e xuvenil (24,30) tamén son máis baixas que no conxunto do Estado.

Notas

Un estudo realizado por persoal investigador do grupo de Neurobioloxía Celular e Molecular da Enfermidade de Parkinson do Centro Singular de Investigación en Medicina Molecular e Enfermidades Crónicas da USC (CiMUS) e da Universidade de Cambridge, coa colaboración doutras institucións europeas como o Instituto Karolinska, propón unha nova forma de entender como se dana e tamén como se repara o cerebro.
Protección fronte as estafas; patrimonio artístico; impostos; ou intelixencia emocional e saúde física son algúns dos contidos aos que, entre os meses de abril e xuño, poderá achegarse a poboación maior de 50 anos dos 11 concellos galegos aos que chegarán este curso as Mareas de Coñecemento. Este proxecto itinerante de formación universitaria naceu ao abeiro do Programa de Maiores (PUM) da UVigo no ano 2018.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES