Notas de prensa

O concerto Camelias para Cunqueiro reúne dúas grandes iniciativas culturais de 2011: o Ano Cunqueiro e o Ano da Música

O conselleiro de Cultura da Xunta de Galicia anima aos galegos a que se "deixen encantar" cos poemas de Ãlvaro Cunqueiro a través da música e da voz de Amancio Prada. A través de Agadic, o concerto celébrase o 10 de xuño no Salón Teatro de Compostela.

O conselleiro de Cultura e Turismo, Roberto Varela, presentou xunto a Amancio Prada o concerto especial Camelias para Cunqueiro, que o compositor e cantautor berciano ofrecerá o vindeiro venres día 10 de xuño no Salón Teatro de Santiago de Compostela. A actuación enmárcase na programación do Ano Cunqueiro, que conmemora o centenario do nacemento do escritor, e na celebración do Ano da Música.

Na presentación desta iniciativa, promovida pola Xunta de Galicia e o Consello da Cultura Galega, o conselleiro de Cultura e Turismo invitou aos galegos a que “se deixen encantar coas palabras do mestre mindoniense a través da música e da voz de Amancio Prada”. O acto contou coa participación do presidente do Consello da Cultura Galega, Ramón Villares, e do director da Agadic, Juan Carlos F. Fasero.

Durante a súa intervención, Roberto Varela asegurou que Camelias para Cunqueiro “supón un feliz punto de encontro entre dúas efemérides fundamentais para a cultura de Galicia, o Ano Cunqueiro e o Ano da Música”. O conselleiro destacou a iniciativa, xa que, segundo dixo, “a de Cunqueiro é unha poesía orixinal e vangardista e tal vez os seus poemas nunca soaron máis fermosos que na voz de Amancio Prada, o gran cantor de poetas”. Deste xeito, indicou que “a unión dos fermosos versos de Cunqueiro e o talento e a sensibilidade de Amancio Prada producen un resultado cheo de lirismo e beleza”.

O responsable de Cultura e Turismo lembrou que na celebración do Ano da Música de Galicia “non podía faltar Amancio Prada, un artista que nas últimas catro décadas ten feito un valiosísimo labor de difusión da lírica galega polo mundo adiante”. Deste xeito, gabou a figura do cantautor berciano, ao que describiu como “un senlleiro exemplo de como a cultura, a literatura e a lingua son capaces de relativizar a importancia das fronteiras”. Segundo explicou Roberto Varela, “cómpre escoitar só unha das súas cancións na nosa lingua para comprobar ata qué punto fixo seu o espírito e a voz lírica dos galegos, e para comprender que Amancio Prada ten tamén moito de galego”.

A Consellería de Cultura e Turismo, a través da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), e o Consello da Cultura Galega colaboran na organización desta actuación, na que Amancio Prada –voz e guitarra– estará acompañado por Hilary Fielding ao violonchelo e Josete Ordóñez á guitarra e mandola. Xuntos interpretarán poemas tan coñecidos como A dama que ía no branco cabalo, O cabaleiro da pruma na gorra, No sono do cuco novo ou Outono cedo de gaitas, entre outros títulos do rico poemario cunqueirano.

Difusor do galego

O músico leonés, gran coñecedor, amante e difusor da lingua galega, rende así a súa particular homenaxe a Ãlvaro Cunqueiro, a quen tivo a oportunidade de coñecer persoalmente cando lle foi presentado en 1976 polo escritor Carlos Casares. Segundo conta o propio Prada na introdución ao programa deste concerto, a segunda e última vez que viu a Cunqueiro foi no outono de 1980 cando, acompañado por Víctor Freixanes, visitouno na súa casa coa “desculpa” de que lle asinara o primeiro tomo de Poesía e teatro, a súa obra en galego completa.

Nesa ocasión, Amancio Prada trasladoulle o seu desexo de musicar os seus versos, que gravaría por vez primeira no disco A dama e o cabaleiro, editado en 1987. Dez anos despois, a poesía neotrovadoresca de Cunqueiro tamén formaría parte de Tres poetas en círculo, primeiro disco en directo gravado por Prada. Neste diso, Prada ofrece un percorrido musical polos versos do escritor mindoniense, xunto cos de Federico García Lorca e Agustín García Calvo.

Nado na localidade leonesa de Dehesas, Amancio Prada leva preto de 40 anos sobre os escenarios asinando unha prolífica carreira que se reflicte nunha trintena de traballos discográficos, en incontables presentacións en directo e en numerosos recoñecementos públicos e institucionais, entre os que destacan a Medalla de Ouro ao Mérito nas Belas Artes, que lle foi outorgada en 2010.

A crítica destaca de Prada a elegancia do seu lirismo, así como a súa sabia combinación de música culta e popular, que fan del un auténtico referente xeracional. Xunto coas súas propias composicións como cantautor, vén desenvolvendo un moi destacado labor á hora de achegar ao público, en forma de cancións, a obra de grandes poetas de todos os tempos. Ademais de Ãlvaro Cunqueiro e os xa citados Federico García Lorca e Agustín García Calvo, son internacionalmente coñecidas, por exemplo, as súas versións de poemas de Rosalía de Castro.

A principios deste mesmo ano, Amancio Prada foi convidado a estrear no Teatro de La Abadía de Madrid as Coplas de Jorge Manrique a la muerte de su padre, recital que ofrece este ano en alternancia co Cántico espiritual de San Juan de la Cruz.

Venda de entradas

As localidades para Camelias para Cunqueiro poden adquirirse por adiantado a través da billeteira electrónica da web de Novacaixagalicia (www.novacaixagalicia.es) ou do teléfono a un prezo de 10 euros, sobre o que se aplica un desconto do 40% para estudantes, titulares do carné xove, xubilados e persoas en situación de desemprego. A billeteira do Salón Teatro abrirá o mesmo día do concerto, a partir das 19.00 horas.

O programa da celebración do Ano Cunqueiro, que a Consellería de Cultura e Turismo desenvolve en colaboración con diferentes institucións e entidades galegas, ofrece desde o pasado mes de febreiro e ata finais de decembro un completo abano de actividades, a través do que a Xunta de Galicia busca enxalzar o enxeño e a liberdade creadora que definiron a traxectoria literaria de Ãlvaro Cunqueiro. Así, o escritor é tamén obxecto da exposición itinerante No niño novo do vento , que pode visitarse na Casa da Parra de Santiago de Compostela ata o vindeiro 26 de xuño.

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia, 2011-06-08

Actualidad

Foto del resto de noticias (20251223-xunta.jpeg) A conselleira do Medio Rural, acompañada polo director xeral da PAC e do Control da Cadea Alimentaria, Juan José Cerviño, presidiu este mediodía a constitución do Observatorio do sector lácteo de Galicia, órgano colexiado de seguimento, asesoramento, consulta e análise deste eido produtivo. Esta reunión ten lugar trala entrada en vigor do decreto que actualizou a regulación deste órgano e que, entre outros obxectivos, persegue facer un seguimento continuado do sector e mellorar o seu funcionamento. O Observatorio vén funcionando dende a súa creación no ano 2007
Foto de la tercera plana (otero-pedrayo.jpg) En concreto, o programa do Calendario do Libro e da Lectura inaugurará as súas 35 efemérides para o longo de todo o ano o 11 de xaneiro, co Día do usuario/a da Biblioteca e terá como unha das súas datas significativas desde mes, o Día da Ilustración, que se celebra o 30 e está dedicado ao humorista gráfico Siro López. Complétanse as datas significativas coa celebración, o 1 de abril, do Día das artes galegas, que se centra neste 2026 nun dos nosos fotógrafos máis vangardistas e internacionais, o ourensán José Suárez. En todo caso, este festexo estenderase todo o ano cunha ampla oferta de accións, do mesmo xeito que sucederá co Día das letras galegas (17 de maio) que nas bibliotecas xirará ao redor da escritora Begoña Caamaño.

Notas

O LHCb, un dos detectores do gran colisor de hadróns (LHC) do CERN en Suíza, produce colisións de protóns a altísimas enerxías. Estas colisións xeran partículas inestables que conteñen quarks pesados, cuxa desintegración permite estudar fenómenos de física fundamental que axudan a explicar por que o universo está formado principalmente por materia e case non contén antimateria.
Manuel Reigosa, reitor da Universidade de Vigo, e Abel Caballero, alcalde de Vigo, mantiveron este martes unha xuntanza na que se abordou a posta en marcha do Observatorio de Vivenda de Vigo tras a sinatura dun convenio de colaboración entre as dúas institucións con esta finalidade. O obxectivo desta nova ferramenta será realizar e ofrecer unha diagnose constante do mercado da vivenda, monitorizar a súa evolución e propoñer medidas de corrección coa previa avaliación de súa idoneidade.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES