A Casa de Galicia en Madrid acolle estos días das XXVII Xornadas de Cultura Galega, que organiza o Grupo Cultural Galicia en Madrid, GRUGALMA. As xornadas realízanse os días 6 e 7 de xuño ás 20 horas baixo a temática xenérica: "O feito Xacobeo na Baixa Idade Media e nos nosos días".
O primeiro día e baixo o título: "Presenza do Culto Xacobeo no Século XIII: en torno á Catedral", participaron o doutor en Filosofía e Letras e presidente de Grugalma o profesor Manuel Mourelle de Lema que tratou "A época de Alfonso IX de León e o culto xacobeo". Tamén interveu o catedrático de Historia Antiga da UCM e membro numerario da Real Academia da Historia, o profesor José Mª Blázquez Martínez, que falou sobre "O concepto de basílica no mundo clásico"; aínda que non puido facelo, por indisposición de última hora, o agostiño, teólogo e doutor en Dereito Civil reverendo Fernando Campo del Pozo, con "Significación relixiosa e canónica do acto da consagración dunha basílica";
O día 7, á mesma hora se darán cita para a presentación do libro "ITER IACOBI. Novos estudos xacobeos", editado por Grugalma Ediciones, o profesor Mourelle de Lema e o reverendo Luis Vázquez Fernández, da Orde da Merced e Académico Numerario da Real Academia de Doutores de España. Tampouco este día poderá facelo, malia o previsto, o reverendo P. Fernando Campo del Pozo.
Mourelle de Lema indicou que ambas as dúas xornadas "se enmarcan dentro da conmemoración dos 800 anos da consagración da Catedral de Santiago".
O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur. De feito, destacan os altos rexistros acadados entre os días 9 e 15.
A Xunta de Galicia puxo en marcha a campaña de inmunización fronte á gripe e a COVID, que este ano incorpora como principais novidades a extensión da vacina antigripal de alta carga ás persoas de 65 a 69 anos e a ampliación do proxecto piloto de vacinación nos colexios a 75 centros educativos. O inicio oficial tivo lugar nun acto nas residencias de maiores e centros de discapacidade, o colectivo polo que arranca tradicionalmente a campaña debido á vulnerabilidade deste grupo fronte ás infeccións respiratorias.