Notas de prensa

Neira Vilas inaugura a exposición conmemorativa de Memorias dun neno labrego

Con motivo do 50º aniversario da súa publicación promóvese unha mostra sobre Memorias dun neno labrego que se pode visitar na Biblioteca Provincial de Lugo entre o 21 de xuño e o 17 de xullo, e que será visitada polo autor da obra, Neira Vilas.

O escritor Xosé Neira Vilas visitará a Biblioteca Provincial de Lugo para inaugurar a exposición Querido Balbino, 50 anos de “Memorias dun neno labrego”, cita que terá lugar o 21 de xuño. A mostra, que permanecerá en Lugo ata o día 17 de xullo, propón un percorrido pola vida de Neira Vilas e permite coñecer ademais a traxectoria da obra máis lida da literatura galega. Querido Balbino lembra as edicións, adaptacións teatrais e audiovisuais inspiradas en Memorias dun neno labrego, do que xa se imprimiron máis de 600.000 exemplares, e presenta tamén 10 obras pictóricas de autores galegos inspiradas no neno protagonista.

Igualmente, dende o pasado mes de maio a Biblioteca Provincial ofrece a exposición A imprenta en Lugo no século XIX, que poderá visitarse tamén en xuño. Polo que respecta ao resto de actividades programadas, darán comezo mañá venres cunha sesión de contacontos a cargo de Iago López e dirixida a nenos e nenas de entre 4 e 12 anos, titulada “Un saco de estrelas”.

O vindeiro venres será Fátima Fernández a encargada de contar o conto “O amor flota na biblioteca”, mentres que o venres 17 o grupo Migallas representará a obra de teatro “Camiño de historias”, para todos os públicos.

Todos os actos darán comezo ás 18.00 horas. As sesións de contacontos terán lugar na sala de actividades e, dado que o aforo está limitado a 30 persoas, é precisa inscrición previa. Por outra banda, lembrar que a biblioteca ofrece visitas guiadas para coñecer as instalacións e os servizos que ofrece, para o cal basta con formalizar unha solicitude na secretaría do centro.

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia, 2011-06-02

Actualidad

Foto del resto de noticias (veran.jpg) O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur. De feito, destacan os altos rexistros acadados entre os días 9 e 15.
Foto de la tercera plana (vacinacion-2026-01.jpg) A Xunta de Galicia puxo en marcha a campaña de inmunización fronte á gripe e a COVID, que este ano incorpora como principais novidades a extensión da vacina antigripal de alta carga ás persoas de 65 a 69 anos e a ampliación do proxecto piloto de vacinación nos colexios a 75 centros educativos. O inicio oficial tivo lugar nun acto nas residencias de maiores e centros de discapacidade, o colectivo polo que arranca tradicionalmente a campaña debido á vulnerabilidade deste grupo fronte ás infeccións respiratorias.

Notas

O 7 de novembro a ciencia sairá ao encontro da cidadanía coa primeira edición de 'Abastos de Ciencia', unha iniciativa da UDC que terá lugar no Mercado de San Agustín e combinará divulgación e experimentación a través de obradoiros participativos, mesas redondas e propostas gastronómicas e culturais. A iniciativa, enmarcada no proxecto InPacto, permitirá coñecer o traballo investigador que se realiza en diferentes centros, facultades e grupos.
O grupo de investigación da USC De la Edad Media al Siglo de Quevedo, desenvolve en Santiago o Congreso Internacional 'De interpretatione: la traducción en los siglos XVI y XVII'. O obxectivo do encontro, os días 5 e 6 na Facultade de Filoloxía, consiste en presentar os resultados de investigacións arredor da tradución durante os séculos XVI e XVII, pero tamén reflexionar sobre posibles liñas de traballo para o futuro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES