Notas de prensa

O Salón do Automóbil Ourensemotor 2011, en Expourense

Conta coa participación do 90% dos concesionarios ourensáns que presentan en total 29 marcas de vehículos coas últimas novidades.

Presentouse o Salón do Automóbil “Ourensemotor 2011” que se celebra do 3 ao 5 de xuño no recinto feiral ourensán contando coa participación do 90% dos concesionarios da provincia que presentarán os últimos modelos de 29 marcas de vehículos que ocuparán máis de 10.000 metros cadrados de exposición. Trátase dunha iniciativa da empresa Organización Feiral Galega que elixiu as instalacións de Expourense para organizar en Ourense, logo de cinco anos sen celebrar ningún, un salón específico sobre o automóbil. Esta presentación correu a cargo do xerente desta empresa, Sindo Alonso, quen estivo acompñado polo director xerente de Expourense, Alejandro Rubín.

As marcas presentes son: Seat, Audi, Volkswagen, Hyundai, Skoda, Volvo, Saab, Porsche, Ferrari, Maserati, Mitsubishi, Suzuki, Honda, Mercedes, Toyota, Dacia, Renault, Nissan, Subaru, Isuzu, BMW, Kia, Fiat, Alfa Romeo, Sang-yong, Mazda, Rieju e Peugeot Motorcycles. Ademais das marcas de condución sen carnet Grecav e JDM.

Entre as novidades que se van presentar destacan os modelos híbridos e o novo Mercedes Clase C, que será unha primicia na provincia. Ademais, os concesionarios ofrecerán a posibilidade de probar determinados modelos que estarán ubicados á saída do recinto feiral. O espazo comercial complementarase cun área expositiva de 25 motos antigas, coches clásicos e de coches equipados para rallies de terra.

O horario de apertura do salón será o venres 3, sábado 4 e domingo 5 de xuño, de 11.00 a 21.00 horas de xeito ininterrumpido. A entrada terá un custo de 3 euros.

Ourensemotor ocasión

A cita desta fin de semana complementarase co salón Ourensemotor Ocasión que terá lugar, tamén en Expourense, a fin de semana do 11, 12 e 13 de xuño, e na que as mesmas empresas expositoras ofrecerán vehículos seminovos, km. 0 ou de xerencia.

A organización está estudando a viabilidade de sortear, entre os visitantes aos dous salóns (novo e ocasión), un vale con valor de 6.000 euros para mercar un vehículo de ocasión a elixir entre todas as marcas expositoras.

O horario de apertura deste segundo salón será o mesmo: de 11.00 a 21.00 horas.

Mes do Motor en Expourense
Xuño será o “Mes do Motor” en Expourense. Logo destas dúas fins de semana do salón do automóbil, as instalacións do recinto acollerán, entre o 15 e o 18 de xuño, o 44º Rallye de Ourense. Trátase dun mes de intensa actividade xa que ademais Expourense é o lugar elixido para a celebración do festival Derrame Rock, entre os días 23 e 25.

Silvia Pardo (coordinadora de Comunicación de Expourense), 2011-06-01

Actualidad

Foto del resto de noticias (veran-calor-ferrol.jpg) Galicia vén de pechar o mes de xullo máis cálido desde 1961, ano a partir do que se dispón na Comunidade de rexistros climatolóxicos. Esta é a principal conclusión do informe mensual elaborado por MeteoGalicia e que presentou esta mañá en Santiago a directora xeral de Enerxías Renovables e Cambio Climático, Paula Uría. Tal e como explicou, o valor medio da temperatura máxima se situou en 29 graos, cunha anomalía positiva de 3,5 graos en comparación cos rexistros das estacións meteorolóxicas máis representativas da Comunidade. Ademais, no caso da temperatura media o dato situouse en 22,5 graos, 2,8 graos por riba do valor normal climatolóxico para este mes.
Foto de la tercera plana (deporte-remo.jpg) O Diario Oficial de Galicia publicou a orde pola que se actualiza a relación de deportistas de alto nivel, alto rendemento, rendemento deportivo de base e vitalicias, así como persoas adestradoras ou técnicas, xuízas e árbitras recoñecidas de alto nivel. Esta actualización súmase ás realizadas en xuño e establece un novo récord de persoas recoñecidas, que ascenden a 1.941, das que 835 son mulleres (43%) e 1.106 homes (57%). Arredor do 76 % das persoas -1.466- son deportistas galegos de alto nivel (623 mulleres e 843 homes). Ademais, figuran 201 deportistas de alto rendemento (101 mulleres e 100 homes), 183 deportistas de rendemento deportivo de base (86 mulleres e 97 homes), 47 persoas técnicas de alto nivel (catro mulleres e 43 homes), 29 persoas árbitras e xuízas (16 mulleres e 13 homes) e 15 deportistas galegos de alto nivel vitalicios.

Notas

A Reitoría da UDC acolleu a inauguración do congreso internacional 'New Frontiers in Cosmology', que terá lugar do 10 ao 14 de agosto. Este encontro, organizado polo Centro de Física Cosmolóxica de Berkeley, a Fundación Simons e a UDC, coa colaboración do CITIC, reúne nestes días a máis de 250 persoas investigadoras de referencia internacional no ámbito da cosmoloxía para analizar os principais retos e avances desta disciplina.
As comunidades que habitaron Colombia hai miles de anos lograron realizar extraordinarias obras de enxeñaría baseadas na cooperación entre grupos familiares, sen necesidade dun goberno centralizado, segundo demostra un novo estudo que acaba de publicar a revista Communications Sustainability e cuxa autoría corre a cargo dun equipo integrado por persoal investigador da USC, da Universidade de Cambridge e do Instituto Colombiano de Antropología e Historia (ICANH).
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES