Notas de prensa

O Clúster Alimentario de Galicia participa na Semana das Rexións Innovadoras, en Hungría

Unha idea ou un ideal?, esta é a pregunta máis importante que xurde entorno á temática dun posible traballo conxunto entre Clústers e infraestruturas de investigación. Tamén será o tema central dos debates da Semana das Rexións Innovadoras en Europa deste ano (Week of Innovative Regions in Europe 2011. WIRE2011).

O Clúster Alimentario de Galicia participará, xunto coa Ptgal, na WIRE2011, que está organizado pola Axencia Rexional de Innovación de Hungría (INNOVA Észak-Alföld Regional Innovation Agency) e a Comisión Europea, e que se celebrará do 7 ao 9 de xuño, en Debrecen, Hungría. O CLUSAGA contará cun stand propio no que se darán a coñecer produtos innovadores e saudables elaborados en Galicia, e os traballos desenvolvidos polos centros de investigación e as universidades galegas neste ámbito.

Este evento pretende buscar unha conexión entre o desenvolvemento dos Clústers e as políticas das infraestruturas de investigación, coa finalidade de mellorar a calidade dos procesos de transformación innovadores (en distintos ámbitos) e do desenvolvemento rexional. Ademais, durante estes 3 días, trataranse e analizaranse cuestións relacionadas co coñecemento, a innovación e a competitividade na economía, con respecto aos investimentos que hai en infraestruturas de investigación, nos clústers e os seus efectos sobre a forma en que poden dar soporte a un desenvolvemento e crecemento máis efectivo das rexións europeas.

A WIRE2011 pretende poñer sobre a mesa, así mesmo, a urxencia de desenvolver as políticas de innovación e de investigación a nivel rexional. Neste senso, xorden diversas cuestións:

1. Poden as rexións utilizar de maneira máis eficiente os recursos dedicados á investigación e desenvolvemento, especialmente os Fondos Estruturais, o Programa Marco de Investigación, o Programa de Competitividade e Innovación e outros recursos de financiamento, para dar soporte aos seus clusters e ás infraestruturas de investigación?

2. Que estratexias intelixentes de especialización (relacionadas coas políticas rexionais da UE) se poden habilitar para optimizar o uso das infraestruturas de investigación, considerando o seu papel nos clusters e nos sistemas e redes rexionais de apoio á innovación rexional? Como se pode garantir a cooperación entre as rexións da UE, mantendo a coherencia entre as prioridades definidas polos diferentes niveis de goberno?

3. Pode a dimensión rexional das infraestruturas de investigación contribuír ao desenvolvemento rexional e a mellorar a investigación e a innovación nos diferentes procesos de produción? Completarán os Estados membros a construción e a posta en marcha do 60% dos proxectos de infraestruturas de investigación da folla de ruta do ESFRI para o ano 2015, como se indica na Unión pola Innovación?

4. Poden as ferramentas, tales como os consorcios de infraestruturas de investigación europeos, axudar a mellorar a construción e o acceso ás infraestruturas de investigación de alta calidade?

WEB WIRE2011:
http://wire2011.eu/

Gabinete de Comunicación do Cetal, 2011-06-01

Actualidad

Foto del resto de noticias (filmoteca-galicia-202611.jpeg) A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
Foto de la tercera plana (veran.jpg) O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.

Notas

O 7 de novembro a ciencia sairá ao encontro da cidadanía coa primeira edición de 'Abastos de Ciencia', unha iniciativa da UDC que terá lugar no Mercado de San Agustín e combinará divulgación e experimentación a través de obradoiros participativos, mesas redondas e propostas gastronómicas e culturais. A iniciativa, enmarcada no proxecto InPacto, permitirá coñecer o traballo investigador que se realiza en diferentes centros, facultades e grupos.
O grupo de investigación da USC De la Edad Media al Siglo de Quevedo, desenvolve en Santiago o Congreso Internacional 'De interpretatione: la traducción en los siglos XVI y XVII'. O obxectivo do encontro, os días 5 e 6 na Facultade de Filoloxía, consiste en presentar os resultados de investigacións arredor da tradución durante os séculos XVI e XVII, pero tamén reflexionar sobre posibles liñas de traballo para o futuro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES