Notas de prensa

O Cetal presenta as liñas estratéxicas do seu programa para o impulso de empresas ecolóxicas

O director do Centro Tecnolóxico Agroalimentario de Lugo presenta as liñas estratéxicas do programa para o impulso da competitividade das empresas ecolóxicas españolas como "a aposta máis forte e decidida por afianzar e posicionar un sector aínda emerxente en España".

O departamento técnico do Centro Tecnolóxico Agroalimentario de Lugo mantivo unha xuntanza de traballo cun grupo de empresas transformadoras de produtos ecolóxicos procedentes de toda Galicia e de Asturias. Nesta cita o CETAL presentou o seu Programa para o impulso da competitividade das empresas ecolóxicas españolas (Programa PICEECO), avanzou, ademais, o documento inicial desta iniciativa, as súas liñas estratéxicas e as ferramentas que utilizarán para darlle o pulo definitivo ao sector, tomando en conta aspectos tan diversos, para ese crecemento e posicionamento, como a internacionalización, estratexias de comunicación, ata a expansión da propia empresa en si.

Eduardo Vidal, que deu a benvida aos participantes, nesta xuntanza de traballo, explica que “este programa púxose en marcha orientándose de cara ao apoio das empresas ecolóxicas, por entender que este eslavón da cadea de valor do Sector Agroalimentario Ecolóxico español, non só debe xogar un papel absolutamente fundamental en dita cadea, senón que, ademais, necesita un impulso e uns apoios en consonancia coa su función e equivalentes aos que se asignan a outros eslavóns da citada cadea de valor”. Así pois subliña que “este proxecto é a aposta máis forte e decidida por afianzar e posicionar un sector aínda emerxente en España”.

O CETAL está pendente de diversos contactos co Ministerio de Medio Ambiente, coa Federación española de empresas con produtos ecolóxicos e a Confederación de Cooperativas Agrarias de España, para que participen neste proxecto.

Gabinete de Comunicación do Cetal, 2011-05-27

Actualidad

Foto del resto de noticias (filmoteca-galicia-202611.jpeg) A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
Foto de la tercera plana (veran.jpg) O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.

Notas

O 7 de novembro a ciencia sairá ao encontro da cidadanía coa primeira edición de 'Abastos de Ciencia', unha iniciativa da UDC que terá lugar no Mercado de San Agustín e combinará divulgación e experimentación a través de obradoiros participativos, mesas redondas e propostas gastronómicas e culturais. A iniciativa, enmarcada no proxecto InPacto, permitirá coñecer o traballo investigador que se realiza en diferentes centros, facultades e grupos.
O grupo de investigación da USC De la Edad Media al Siglo de Quevedo, desenvolve en Santiago o Congreso Internacional 'De interpretatione: la traducción en los siglos XVI y XVII'. O obxectivo do encontro, os días 5 e 6 na Facultade de Filoloxía, consiste en presentar os resultados de investigacións arredor da tradución durante os séculos XVI e XVII, pero tamén reflexionar sobre posibles liñas de traballo para o futuro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES