Notas de prensa

A Cidade da Cultura adica o ciclo Galicia, ceo das letras ao escritor Torrente Ballester

Na sesión participan a actriz Charo López e os escritores Jesús Ferrero e Alfredo Conde. Inclúe a proxección do documental “GTBxGTB”, producido por Acción Cultural Española (AC/E), sobre a vida do escritor ferrolán.

A forza creativa, irónica e prolífica, do escritor ferrolán Gonzalo Torrente Ballester centra a sesión do ciclo literario “Galicia, ceo das letras”, que se desenvolve na Biblioteca de Galicia o sábado 28 de maio. A programación na Cidade da Cultura complétase ademais o domingo 29 co ciclo de teatro infantil “Titemá”, que presenta a peza “Babili Glub!”, un espectáculo de monicreques da compañía Galitoon para nenos a partir de 1 ano.

A actriz Charo López será unha das invitadas “estrela” do “Galicia, ceo das letras”, onde participará nunha lectura musicada de textos do Torrente. Charo López conta, entre as súas interpretacións máis recoñecidas, co seu papel en “Los Gozos y las sombras”, a adaptación á televisión da novela do ferrolán. Xunto a actriz estará os escritores Alfredo Conde, Premio Nacional de Literatura e Premio Nadal, e Luis Iglesias Feijóo, catedrático de Literatura Española e prestixioso hispanista.

A sesión estará presentada por Álvaro Torrente, presidente da Fundación Torrente Ballester e fillo do escritor galego. Nela proxectarase o documental “GTBxGTB”, producido Acción Cultural Española (AC/E), entidade que “amadriña” a sesión. O documental, realizado con motivo das celebración dos cen anos do nacemento do escritor, foi co-dirixido por Daniel Suberviola e por Luis Felipe Torrente, fillo tamén do escritor.

O encargado de achegar a vida de Torrente ao público será o escritor Jesús Ferrero, con galardóns como o Premio Internacional Plaza y Janés, Anagrama ou Azorín, ademais de incursións no mundo do cine, onde traballou con Pedro Almodóvar no guión de “Matador”.

Teatro infantil

O domingo será o turno do teatro infantil, co ciclo “Titemá”. A compañía Galitoon presentará “Babili Glub!”, con dous pases: ás 12,00 e ás 17,00 horas no Auditorio da Biblioteca de Galicia. Este espectáculo, gratuíto e pensado para rapaces a partir de 1 ano de idade, baséase no uso de monicreques luminosos que flotan no aire. A través deles, Galitoon achegará aos rapaces a idea de tolerancia, contando a historia dun peixiño que se enfronta ao mundo subacuático onde todas as criaturas só saben dicir a palabra “Non!”.

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia, 2011-05-27

Actualidad

Foto del resto de noticias (veran.jpg) O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur. De feito, destacan os altos rexistros acadados entre os días 9 e 15.
Foto de la tercera plana (vacinacion-2026-01.jpg) A Xunta de Galicia puxo en marcha a campaña de inmunización fronte á gripe e a COVID, que este ano incorpora como principais novidades a extensión da vacina antigripal de alta carga ás persoas de 65 a 69 anos e a ampliación do proxecto piloto de vacinación nos colexios a 75 centros educativos. O inicio oficial tivo lugar nun acto nas residencias de maiores e centros de discapacidade, o colectivo polo que arranca tradicionalmente a campaña debido á vulnerabilidade deste grupo fronte ás infeccións respiratorias.

Notas

O 7 de novembro a ciencia sairá ao encontro da cidadanía coa primeira edición de 'Abastos de Ciencia', unha iniciativa da UDC que terá lugar no Mercado de San Agustín e combinará divulgación e experimentación a través de obradoiros participativos, mesas redondas e propostas gastronómicas e culturais. A iniciativa, enmarcada no proxecto InPacto, permitirá coñecer o traballo investigador que se realiza en diferentes centros, facultades e grupos.
O grupo de investigación da USC De la Edad Media al Siglo de Quevedo, desenvolve en Santiago o Congreso Internacional 'De interpretatione: la traducción en los siglos XVI y XVII'. O obxectivo do encontro, os días 5 e 6 na Facultade de Filoloxía, consiste en presentar os resultados de investigacións arredor da tradución durante os séculos XVI e XVII, pero tamén reflexionar sobre posibles liñas de traballo para o futuro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES