Notas de prensa

Comeza a veda do polbo que remata o 4 de xullo

A campaña extractiva do polbo en Galicia remata ás 16:00 horas do venres 27 de maio e reábrese o 4 de xullo ás 06:00 horas, según a resolución da Consellería do Mar. O levantamento das nasas foi consensuado co sector.

Comeza o 27 de maio a veda do polbo que rematará o 4 de xullo. Así o recolle a resolución do 6 de maio de 2011, da Dirección Xeral de Ordenación e Xestión dos Recursos Mariños, da Consellería do Mar, pola que se establece o período de veda para o polbo para o ano 2011, que foi publicada no Diario Oficial de Galicia do 20 de maio. Segundo recolle o texto, as nasas de polbo deberán ser levantadas e levadas a porto o venres 27 de maio ás 16:00 horas da tarde e non poderán volver a calarse ata as 6:00 horas da mañá do luns 4 de xullo.

Esta resolución está enmarcada na Orde do 20 de decembro de 2010, pola que se aproba o Plan Xeral de Explotación Marisqueira, que desenvolve o plan para a xestión pesqueira do polbo e establece as condicións para o seu desenvolvemento. Esta orde dispón que “se poderá establecer un período de veda de dous meses no período comprendido entre abril e setembro. Para a súa determinación terase en conta o estado do recurso e a opinión do sector afectado”.

A Consellería do Mar consensuou esta veda a través de varias xuntanzas do director xeral de Ordenación e Xestión dos Recursos Mariños, Pablo Fernández Asensio, con diversos representantes do sector. Mar entende o establecemento dunha veda para o polbo como unha medida que permita obter resultados positivos sobre o estado do recurso, para garantir a protección e rexeneración desta especie. Para iso, a Administración, baseándose en estudos técnicos, considera que a veda debe reforzarse con outras medidas técnicas como a talla mínima, os topes de capturas, o número de nasas e a redución do esforzo a través dun horario de traballo limitado, tal e como se fixo no 2010.


Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia, 2011-05-26

Actualidad

Foto del resto de noticias (veran.jpg) O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur. De feito, destacan os altos rexistros acadados entre os días 9 e 15.
Foto de la tercera plana (vacinacion-2026-01.jpg) A Xunta de Galicia puxo en marcha a campaña de inmunización fronte á gripe e a COVID, que este ano incorpora como principais novidades a extensión da vacina antigripal de alta carga ás persoas de 65 a 69 anos e a ampliación do proxecto piloto de vacinación nos colexios a 75 centros educativos. O inicio oficial tivo lugar nun acto nas residencias de maiores e centros de discapacidade, o colectivo polo que arranca tradicionalmente a campaña debido á vulnerabilidade deste grupo fronte ás infeccións respiratorias.

Notas

O 7 de novembro a ciencia sairá ao encontro da cidadanía coa primeira edición de 'Abastos de Ciencia', unha iniciativa da UDC que terá lugar no Mercado de San Agustín e combinará divulgación e experimentación a través de obradoiros participativos, mesas redondas e propostas gastronómicas e culturais. A iniciativa, enmarcada no proxecto InPacto, permitirá coñecer o traballo investigador que se realiza en diferentes centros, facultades e grupos.
O grupo de investigación da USC De la Edad Media al Siglo de Quevedo, desenvolve en Santiago o Congreso Internacional 'De interpretatione: la traducción en los siglos XVI y XVII'. O obxectivo do encontro, os días 5 e 6 na Facultade de Filoloxía, consiste en presentar os resultados de investigacións arredor da tradución durante os séculos XVI e XVII, pero tamén reflexionar sobre posibles liñas de traballo para o futuro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES