Notas de prensa

O mercado exterior avala a calidade do viño e os licores galegos

A cuarta edición de VINIS TERRAE pecha as súas portas coa visita de importadores dunha quincena de países e compradores nacionais que mentiveron máis de 1.000 citas de negocio cos expositores. Entregáronse os premios da Cata Extraordinaria organizada pola Aula Internacional de Catadores e Radio Turismo.

Vinis Terrae, Salón do Viño e Licores Galegos de Calidade, pecha en Expourense as portas da súa cuarta edición confirmándose como unha plataforma cara a internacionalización das adegas galegas, sobre todo daquelas pequenas e medianas empresas, ás que lle resulta máis difícil acceder á exportación. Os expositores recoñeceron que debido a proliferación de adegas no mercado galego, estás están obrigas a saír fóra e VINIS TERRAE é unha excelente oportunidade para atopar distribuidores en países que mostran interese polos viños galegos como é o caso de, sobre todo, Estados Unidos, México e Bélxica.

Os expositores coincidiron en que VINIS TERRAE é a feira máis profesional de Galicia xa que a única finalidade é facer negocio e abrir novos mercados, ademais de contar cun ratio de importadores por adega superior ó doutras eventos do sector e tamén mostraron interese por facerse un oco nos grandes mercados nacionais como Madrid, Cataluña ou Euskadi.

Nas dúas xornadas de feira, as adegas presentes no salón mantiveron máis de 1.000 citas directas cos importadores dunha quincena de países e compradores nacionais que participaron na misión organizada polo salón, ás que hai que engadir as entrevistas que os expositores mantiveron cos profesionais da hostalería, distribución e restauración que visitaron VINIS TERRAE. En total, cada adega mantivo unha media de 20 citas de negocio. A organización calcula que o salón contou con máis de 500 visitas.

Durante esta segunda xornada incorporáronse a VINIS os importadores belgas que participan na misión que a Cámara de Comercio de Ourense organizou coincidindo co salón.

Entre as novidades que se pudieron atipar no salón, ademais das últimas colleitas dos expositores elaboradas con uvas autóctonas galegas, destacan os caldos ecolóxicos 100% ou os viños de autor elaborador ó xeito tradicional e manual, ademais dos novos licores e augardentes que cada ano presentan cun envase máis atractivo. Así, en VINIS podíase atopar dende crema de licor café Blue Mountain ata licor chocolate con cereixas e ata crema de bombón con lascas de ouro.

Cata Extraordinaria VINIS TERRAE 2011

A terceira edición deste salón foi clausurada polo delegado territorial da Xunta de Galicia, Rogelio Martínez, quen presidiu ademais a entrega de premios da segunda Cata Extraordinaria dos viños e licores presentes en VINIS TERRAE organizada pola Aula Internacional de Catadores (AULINCAT) e Radio Turismo. En total, presentáronse a esta cata 68 viños brancos e tintos e 27 licores e oruxos.

Lista de viños e licores gañadores:

BRANCOS:
- Medalla de Ouro: Cunqueiro III Millenium – Bodegas Cunqueiro – D.O. Ribeiro.
- Medalla de Prata: Señorío de Rubiós Albariño 2010 – Bodegas Coto Redondo – D.O. Rías Baixas.
- Medalla de Bronce: Val de Nairoa 2010 – Bodegas Nairoa – D.O. Ribeiro.
Accesits:
- Seminare 2009 – Viños de Val do Miño.
- Via Arxentea 2010 – Bodegas Manuel Guerra Justo – D.O. Monterrei.
- Quinta de Couselo Selección 2010 – Bodega Quinta de Couselo- D.O. Rías Baixas.

TINTOS:
- Medalla de Ouro: Father 1943 – Bodega Crego e Monaguillo – D.O. Monterrei.

LICORES:
- Medalla de Ouro - Crema de Licor de Café Gota a Gota – Tiempo y Paciencia – D.X. Licores e Augardentes de Galicia.
Ademais, entregáronse dúas medallas de ouro polo seu traballo na promoción da defensa da calidade dos viños e licores galegos á Asociación Galega de Catadores e a Asociación de Sumilleres de Galicia – Gallaecia.
A cuarta edición de VINIS TERRAE volveu contar co patrocinio da Consellería de Medio Rural e co apoio do IGAPE, Galicia Calidade e a Cámara de Comercio de Ourense, ademais da Dirección Xeral de Formación e Colocación que colaborou nas xornadas formativas destinadas aos expositores e a restauradores e da Secretaría Xeral para o Turismo que facilitou a presenza no salón das cinco rutas do viño de Galicia.
Remata así a cuarta edición de VINIS TERRAE. A vindeira cita de Expourense terá lugar a semana que ven coa celebración da sexta edición de Previsel, Salón da Prevención e Seguridade Laboral, os días 3 e 4 de maio.

Gabinete de Comunicación de Expourense, 2011-04-28

Actualidad

Foto del resto de noticias (veran-calor-ferrol.jpg) Galicia vén de pechar o mes de xullo máis cálido desde 1961, ano a partir do que se dispón na Comunidade de rexistros climatolóxicos. Esta é a principal conclusión do informe mensual elaborado por MeteoGalicia e que presentou esta mañá en Santiago a directora xeral de Enerxías Renovables e Cambio Climático, Paula Uría. Tal e como explicou, o valor medio da temperatura máxima se situou en 29 graos, cunha anomalía positiva de 3,5 graos en comparación cos rexistros das estacións meteorolóxicas máis representativas da Comunidade. Ademais, no caso da temperatura media o dato situouse en 22,5 graos, 2,8 graos por riba do valor normal climatolóxico para este mes.
Foto de la tercera plana (deporte-remo.jpg) O Diario Oficial de Galicia publicou a orde pola que se actualiza a relación de deportistas de alto nivel, alto rendemento, rendemento deportivo de base e vitalicias, así como persoas adestradoras ou técnicas, xuízas e árbitras recoñecidas de alto nivel. Esta actualización súmase ás realizadas en xuño e establece un novo récord de persoas recoñecidas, que ascenden a 1.941, das que 835 son mulleres (43%) e 1.106 homes (57%). Arredor do 76 % das persoas -1.466- son deportistas galegos de alto nivel (623 mulleres e 843 homes). Ademais, figuran 201 deportistas de alto rendemento (101 mulleres e 100 homes), 183 deportistas de rendemento deportivo de base (86 mulleres e 97 homes), 47 persoas técnicas de alto nivel (catro mulleres e 43 homes), 29 persoas árbitras e xuízas (16 mulleres e 13 homes) e 15 deportistas galegos de alto nivel vitalicios.

Notas

A Reitoría da UDC acolleu a inauguración do congreso internacional 'New Frontiers in Cosmology', que terá lugar do 10 ao 14 de agosto. Este encontro, organizado polo Centro de Física Cosmolóxica de Berkeley, a Fundación Simons e a UDC, coa colaboración do CITIC, reúne nestes días a máis de 250 persoas investigadoras de referencia internacional no ámbito da cosmoloxía para analizar os principais retos e avances desta disciplina.
As comunidades que habitaron Colombia hai miles de anos lograron realizar extraordinarias obras de enxeñaría baseadas na cooperación entre grupos familiares, sen necesidade dun goberno centralizado, segundo demostra un novo estudo que acaba de publicar a revista Communications Sustainability e cuxa autoría corre a cargo dun equipo integrado por persoal investigador da USC, da Universidade de Cambridge e do Instituto Colombiano de Antropología e Historia (ICANH).
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES