
O programa “Universidade Popular” do Concello de Ourense, que desenvolve a ConcellerÃa de Educación, vén de recibir o recoñecemento do Ministerio de Educación, que concedeu ó proxecto ourensán a mención honorÃfica dos Premios Miguel Hernández, un certame ó que tódolos anos concurren iniciativas formativas desenvolvidas por institucións públicas ou entidades privadas en todo o territorio español.
A concelleira de Educación, Ana Garrido, recibiu o premio, entregado polo Director Xeral de Formación Profesional do Ministerio de Educación, Miguel Soler. No galardón, cÃtase textualmente o "recoñecemento da ConcellerÃa de Educación do Concello de Ourense ó labor realizado en favor da aprendizaxe ó longo da vida".
Ana Garrido tivo a ocasión de dirixirse ó público presente e ás autoridades tras recoller o premio. Na súa intervención, destacou o "importante esforzo que vén facendo a ConcellerÃa de Educación nos últimos catro anos, triplicando non só o número de cursos da Universidade Popular -actualmente 70-, senón tamén o número de usuarios -de 640 a 1.800 ourensáns participantes-. Asimesmo, continuou recoñecendo "a honra que supón recoller un galardón deste nivel, que recoñece o acerto da importante aposta do Concello na mellora da calidade de vida a través da educación e o benestar social".
No acto estaban presentes outras autoridades como o Subdirector Xeral de Aprendizaxe do Ministerio de Educación, Mario RodrÃguez, ou a Secretaria de Estado, Carmen Maestro.
Premios Miguel Hernández
Os premios Miguel Hernández é unha iniciativa que desenvolve a Dirección Xeral de Formación profesional do Ministerio de Educación, que ten como obxectivo “recoñecer a importancia que debe darse á eliminación das desigualdades ante a educación e á supresión das discriminacións dos grupos desfavorecidos ante a formación básica, asà como o labor realizado por aquelas institucións públicas ou entidades privadas sen ánimo de lucro que se distingan pola súa aportación eficaz á supresión do analfabetismo, tanto o tradicional como o que poda xerar o progreso cientÃfico e tecnológico”.
A edición 2010 foi convocada por resolución de 16 de abril de 2010 da SecretarÃa de Estado de Educación e Formación Profesional do Ministerio de Educación. O Concello de Ourense concurriu co proxecto “Universidade Popular, 15 anos educando”, que obtivo a mención honorÃfica, nunha convocatoria na que o primeiro premio recaeu en Iniciatives Solidaries polo proxecto “Espacios educativos para a integración”.
O programa Universidade Popular oferta no presente curso 2010/2011 un total de 70 actividades formativas e de lecer para adultos sen lÃmite de idade máxima. O programa ven rexistrando un constante incremento, tanto na súa proposta de actividades como no número de participantes. De feito, este ano propón 10 actividades máis que no curso anterior, e participarán un total de 1.800 ourensáns, fronte ós 1.268 do pasado curso 2009/2010. O programa municipal tamén renova constantemente a súa oferta de actividades, e este ano inclúe 25 cursos que son novidade fronte ó anterior.
O programa Universidade Popular agrupa fundamentalmente 3 grupos de actividades: cursos de informática, cursos formativos en diferentes especialidades e obradoiros, coas seguintes propostas:
Informática: Alfabetización informática (2 cursos), Ofimática: Microsoft Word 2010 e Microsoft PowerPoint, Informática útil, Iniciación a Internet, Uso avanzado de Internet, 3 D Studio Max, Photoshop
Cursos: Manexo e control do estrés e da ansiedade: Relaxación, Ioga, Chi Kung (ximnasia terapéutica chinesa), Método Pilates (2), PerruquerÃa, Auto-maquillaxe, Dietas e nutrición, Fitoterapia, Habilidades Sociais, Manipulador de Alimentos, Primeiros Auxilios, Atención e coidados na infancia, Animación infantil, Intervención en infancia e adolescencia en dificultade social, Animación e intervención educativa coa terceira idade, Atención especializada para enfermos de Alzheimer, Asistente persoal na promocion da autonomia persoal e atención ás persoas en situación de dependencia, Monitor lúdico-deportivo, Marketing e publicidade, Creación dunha empresa, Técnicas de comunicación e arquivo aplicado á empresa, Deseño de interiores e decoración, Técnico en prevención de riscos laborais, Creación poética, Bailes de Salón (con 3 niveis: Iniciación, Medio e Avanzado), Sevillanas (con 2 niveis: Iniciación e Perfeccionamento), Danza Oriental –Danza do ventre, FotografÃa analóxica e dixital, VÃdeo, Inglés básico I, Inglés básico II, Francés básico, Galego intermedio (preparatorio para probas Celga), Exercitación da Memoria (con 2 grupos), e Cociña (con 2 grupos).
Obradoiros de Arte Floral, Pintura (2), CesterÃa (iniciación e perfeccionamento), Conservación de antigüidades, Tapizado, Restauración de mobles, Mosaico decorativo, Patchwork, Artes Plásticas, Pirogravado, Encaixe de bolillos, Costura, corte e confección. Especialidade en arreglos, Packami e quilling (envoltorios, deseños de caixas, sobres, bolsas..), Encaixe de bolillos europeos: Shneeberger, Vologda e Tonder, Ilustración medieval, Pintura en tela e seda, Creación de BisuterÃa, Creación de broches, tocados e complementos para o pelo e Debuxo a carboncillo.
CiberLabFP configúrase como un espazo de aprendizaxe, experimentación e desenvolvemento de competencias en contornos reais que integran tecnoloxÃas da información (IT) e de operación (OT) para asà adaptar a Formación Profesional aos novos escenarios de transformación dixital. Entre as súas funcionalidades destacan a formación especializada do profesorado, a simulación de ciberataques e defensa en contornos virtuais, a análise forense industrial ou a validación de sistemas. Ademais, contará cunha estación móbil que permitirá levar a tecnoloxÃa a centros educativos e realizar demostracións en empresas e feiras.
Celebrouse hoxe a sesión constitutiva do Foro do Litoral de Galicia, que será o máximo órgano colexiado de consulta e participación do conxunto da sociedade co fin de optimizar a xestión e ordenación da costa galega. Nel están representadas a Administración autonómica e as locais asà como os sectores social, cientÃfico, económico e medioambiental e as entidades implicadas na protección do patrimonio natural co fin último de garantir unha gobernanza que permita unha participación suficiente de todos os sectores da sociedade interesados no litoral. A constitución do foro facilitará a partir de agora facer un seguimento das normas, polÃticas e instrumentos do litoral.