Notas de prensa

Mar Libre, premio especial do xurado no Festival de Cine de Houston

A miniserie, dirixida por Dani de la Torre e producida por Ficción Producciones e TVG, ven de recibir tamén tres premios Mestre Mateo 2010 da A.G.A.

A miniserie Mar libre, dirixida por Dani de la Torre, e producida por Ficción Producciones para TVG, suma un novo Premio de ámbito internacional co que foi outorgado polo Xurado do 44º Festival Internacional de Cine de Houston, o WorldFest 2011, que ven de celebrarse na devandita cidade estadounidense. Lembramos que na Gala dos Premios Mestre Mateo 2010 que tivo lugar o pasado día 17, en Ourense, convocados e organizados pola Academia Galega do Audiovisual, Mar Libre acadou tres das estatuiñas doutras tantas categorías: Mellor Película de Tv, Mellor Deseño de Vestiario e Mellor Interpretación Feminina Protagonista.

Deste xeito, Mar Libre suma premios ós acadados pola representación de toda España neste Festival, que acadou un total de 31 galardóns, o que supón unha boa bagaxe... En total, 1 Gran Remi, 7 Premios Especiais do Xurado –entre eles, Mar Libre-, 5 Remis de Platino, 12 Remis de Ouro, 2 Remis de Prata e 4 Remis de Bronce. Non está mal... E aínda está mellor que Galicia, estivese presente amosando non só unha historia excepcional do noso país, senón tamén os lugares, a paisaxe, os pobos mariñeiros de Galicia. Demóstrase unha vez máis, que o audiovisual galego... vai facendo país alá por onde camiña. De aí, a importancia de seguir considerando este sector como estratéxico, tanto económica como culturalmente.

Gabinete de Prensa de Ficción-Producciones, 2011-04-25

Actualidad

Foto del resto de noticias (veran.jpg) O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur. De feito, destacan os altos rexistros acadados entre os días 9 e 15.
Foto de la tercera plana (vacinacion-2026-01.jpg) A Xunta de Galicia puxo en marcha a campaña de inmunización fronte á gripe e a COVID, que este ano incorpora como principais novidades a extensión da vacina antigripal de alta carga ás persoas de 65 a 69 anos e a ampliación do proxecto piloto de vacinación nos colexios a 75 centros educativos. O inicio oficial tivo lugar nun acto nas residencias de maiores e centros de discapacidade, o colectivo polo que arranca tradicionalmente a campaña debido á vulnerabilidade deste grupo fronte ás infeccións respiratorias.

Notas

O 7 de novembro a ciencia sairá ao encontro da cidadanía coa primeira edición de 'Abastos de Ciencia', unha iniciativa da UDC que terá lugar no Mercado de San Agustín e combinará divulgación e experimentación a través de obradoiros participativos, mesas redondas e propostas gastronómicas e culturais. A iniciativa, enmarcada no proxecto InPacto, permitirá coñecer o traballo investigador que se realiza en diferentes centros, facultades e grupos.
O grupo de investigación da USC De la Edad Media al Siglo de Quevedo, desenvolve en Santiago o Congreso Internacional 'De interpretatione: la traducción en los siglos XVI y XVII'. O obxectivo do encontro, os días 5 e 6 na Facultade de Filoloxía, consiste en presentar os resultados de investigacións arredor da tradución durante os séculos XVI e XVII, pero tamén reflexionar sobre posibles liñas de traballo para o futuro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES