
A Asociación Cultural Cántigas e Frores presentou a que será a XXIX edición do Curso de Cultura Tradicional Galega que terá lugar na cidade de Lugo os días 21,22 e 23 de Abril de 2011.
Á presentación do curso asistiron o director artístico da Asociación, Bruno Villamor e Mónica Fernández, secretaria da Asociación e coordinadora do curso.
A Asociación Cultural Cantigas e Frores ven organizando de xeito continuado, durante os últimos 29 anos, este curso no que se ofertan ensinanzas relacionadas coa cultura tradicional galega. O curso dende o seu comenzo está ubicado temporalmente nas datas da Semana Santa e durante os 28 anos de vida do mesmo, mantivo unha estructura dinámica que se foi adaptando ás demandas do alumnado asistente e ás tendencias do momento no relativo ó ensino dos diversos aspectos relacionados coa nosa cultura tradicional.
O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur. De feito, destacan os altos rexistros acadados entre os días 9 e 15.
A Xunta de Galicia puxo en marcha a campaña de inmunización fronte á gripe e a COVID, que este ano incorpora como principais novidades a extensión da vacina antigripal de alta carga ás persoas de 65 a 69 anos e a ampliación do proxecto piloto de vacinación nos colexios a 75 centros educativos. O inicio oficial tivo lugar nun acto nas residencias de maiores e centros de discapacidade, o colectivo polo que arranca tradicionalmente a campaña debido á vulnerabilidade deste grupo fronte ás infeccións respiratorias.