Notas de prensa

Os mundos máxicos de Cunqueiro, na mostra No niño novo do vento

A mostra No niño novo do vento, Cen anos con Ãlvaro Cunqueiro 1911-2011, promovida pola Xunta de Galicia, a Fundación Penzol, a Editorial Galaxia e o Concello de Mondoñedo, fai un percorrido pola vida e obra do escritor galego.

O conselleiro de Cultura e Turismo, Roberto Varela, presidiu o acto de apertura da exposición No niño novo do vento, Cen anos con Ãlvaro Cunqueiro 1911-2011, promovida pola Xunta de Galicia, a Fundación Penzol, a Editorial Galaxia e o Concello de Mondoñedo, no marco dos actos de conmemoración do centenario do nacemento do escritor. Segundo o conselleiro, esta mostra permítenos “ir de visita a eses mundos máxicos e, de regreso, achegarnos ao Cunqueiro que se esconde tras mil e un disfraces literarios”. Ao acto asistiron ademais o alcalde de Mondoñedo, Manuel Orlando González; o director xeral de Galaxia, Víctor F. Freixanes; e Benxamín Casal, en representación da Fundación Penzol.

Para Roberto Varela, No niño novo do vento ofrécenos “a oportunidade de explorar as vivencias de Cunqueiro, redescubrilo e decatarnos de que facelo significa percorrer boa parte da cultura galega do pasado século”. En palabras do conselleiro, “cen primaveras transcorreron dende o nacemento do meirande fabulador da nosa literatura, e aínda hoxe a súa obra –xenerosa coma o seu enxeño– continúa a axigantar a figura de Don Ãlvaro”. “Por fortuna, a herdanza que nos legou Cunqueiro responde ao seu desexo de fornecer á cultura galega cunha forza e unha vitalidade que quizais nin sequera el mesmo podía imaxinar”, engadiu.

O titular de Cultura e Turismo tamén destacou a vinculación de Cunqueiro con Mondoñedo, a súa vila natal, “un lugar ao que nunca se cansou de regresar, malia que a vida se empeñara en levar ao escritor por Santiago, Madrid ou Vigo, el nunca perdeu a conciencia do recanto no que repousaban as súas orixes e o xerme da súa literatura”. Neste sentido, lembrou que Cunqueiro “recoñecía abertamente que –cando menos– un chisco da terra na que se criou se derramaba en cada un dos seus libros”.

Roberto Varela salientou que este 2011 é un ano de efemérides culturais en Galicia, porque ademais dos Cen anos con Ãlvaro Cunqueiro, celebramos o oitavo centenario da consagración da Catedral de Santiago, o Ano da Música de Galicia e a inauguraron oficial dos dous primeiros edificios da Cidade da Cultura. Para o conselleiro Cultura, “este ano os galegos rendémoslle unha merecida homenaxe ao autor e tamén ao home que fixo da súa vida un compromiso polo progreso da nosa cultura, un mindoniense que conseguiu crear un universo enteiro de fantasía co seu centro en Galicia, un universo único que xa forma parte de todos nós”.

Cen anos dun autor universal

A exposición, comisariada por María García Liñeira e Víctor F. Freixanes, está composta por 16 paneis nos que se fai un percorrido pola vida e a obra de Ãlvaro Cunqueiro. En 8 vitrinas preséntase unha selección bibliográfica da súa obra galega e castelá ademais de traducións a diferentes linguas estranxeiras, unha pequena selección da súa obra xornalística, e unha escolma de prensa sobre as distintas etapas da súa vida. As vitrinas compleméntanse cun escollido fondo documental.

A mostra conta ademais cun espazo escenográfico realizado por Rodrigo Roel que recrea o estudio de Cunqueiro con figuras a tamaño natural do mago Merlín, e de Felipe de Amancia, personaxes da súa obra Merlín e familia. No aspecto audiovisual preséntanse distintos documentais sobre o autor, entrevistas e gravacións sobre montaxes de obras teatrais de Cunqueiro. Asemade, hai dous puntos interactivos con información bio-bibliográfica. Esta exposición poderá ser visitada dende hoxe ata o vindeiro 18 de maio no Auditorio Pascual Veiga de Mondoñedo, e a continuación percorrerá outras cidades galegas como Santiago, Ourense, Lugo, A Coruña, Pontevedra, Ferrol e Vigo.

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia, 2011-04-16

Actualidad

Foto del resto de noticias (tecnoloxia-cuantica.jpg) CiberLabFP configúrase como un espazo de aprendizaxe, experimentación e desenvolvemento de competencias en contornos reais que integran tecnoloxías da información (IT) e de operación (OT) para así adaptar a Formación Profesional aos novos escenarios de transformación dixital. Entre as súas funcionalidades destacan a formación especializada do profesorado, a simulación de ciberataques e defensa en contornos virtuais, a análise forense industrial ou a validación de sistemas. Ademais, contará cunha estación móbil que permitirá levar a tecnoloxía a centros educativos e realizar demostracións en empresas e feiras.
Foto de la tercera plana (costa-litoral-illas-cies.jpg) Celebrouse hoxe a sesión constitutiva do Foro do Litoral de Galicia, que será o máximo órgano colexiado de consulta e participación do conxunto da sociedade co fin de optimizar a xestión e ordenación da costa galega. Nel están representadas a Administración autonómica e as locais así como os sectores social, científico, económico e medioambiental e as entidades implicadas na protección do patrimonio natural co fin último de garantir unha gobernanza que permita unha participación suficiente de todos os sectores da sociedade interesados no litoral. A constitución do foro facilitará a partir de agora facer un seguimento das normas, políticas e instrumentos do litoral.

Notas

Baixo o lema A inclusión no centro: perspectivas internacionais para o cambio institucional desenvolverase entre os días 4 e 8 de maio a International Staff Week 2026, unha iniciativa coa que a Vicerreitoría de Internacionalización persegue un triplo obxectivo: fortalecer as relacións internacionais da UVigo: explorar novas oportunidades de colaboración académica; e compartir boas prácticas en materia de mobilidade internacional.
Un estudo realizado por persoal investigador do grupo de Neurobioloxía Celular e Molecular da Enfermidade de Parkinson do Centro Singular de Investigación en Medicina Molecular e Enfermidades Crónicas da USC (CiMUS) e da Universidade de Cambridge, coa colaboración doutras institucións europeas como o Instituto Karolinska, propón unha nova forma de entender como se dana e se repara o cerebro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES