Notas de prensa

A Federación Provincial de Confrarías de Pescadores de Lugo presentou en Celeiro a súa nova campaña de promoción e difusión do mundo do mar

Presentouse no Salón de Actos da Confraría de Pescadores de Celeiro a nova campaña de promoción e difusión sobre a importancia do sector pesqueiro na Mariña de Lugo, que está organizada pola Federación Provincial de Confrarías de Pescadores de Lugo en colaboración coa Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro da Consellería do Mar da Xunta de Galicia.

O acto estivo presidido por Lino Lema Bouzas (Xefe de Servicio de Desenvolvemento Pesqueiro da Consellería do Mar), Vicente Prieto González (Delegado Territorial da Consellería do Mar), Domingo Rey (Patrón Maior da Confraría de Pescadores de Celeiro e Vicepresidente da Federación Provincial de Confrarías de Pescadores de Lugo) e Sergio López (Secretario da Federación Provincial de Confrarías de Pescadores de Lugo). à presentación da exposición tamén asistiron representantes das seis Confrarías de Pescadores da provincia de Lugo: Faustina Solloso (Patroa Maior da Confradía do Vicedo), Ana Mª Meitín (Vicepatroa Maior da Confraría de San Cibrao), Basilio Otero (Patrón Maior da Confraría de Burela), José Juan Lestegás (Patrón Maior da Confraría de Foz) e Justo Navarré (representante da Confraría de Ribadeo).

*Sergio López, Secretario da Federación Provincial de Confrarías: “Empezamos hoxe unha exposición itinerante por 15 concellos da provincia, tanto de costa como de interior. E presentamos a campaña aquí en Celeiro porque queríamos empezar nunha das confrarías da Mariña. As propias confrarías serán as que acollan a exposición, tanto no Vicedo, como en San Cibrao, Foz ou Ribadeo. En Burela coincidirá coa celebración da Feira Expomar, onde estará aberta a exposición. E no resto dos concellos serán as delegacións de cultura locais as que se encarguen de organizar o paso da mostra. O obxectivo da Federación é aportar o noso grao de area para a divulgación e promoción do labor que se está levando a cabo desde as Confrarías de Pescadores dende hai moitos anos.”

*Lino Lema, Xefe de Servicio de Desenvolvemento Pesqueiro da Consellería do Mar: “O mundo do mar é un gran descoñecido en Galicia, incluso na mesma costa. Por iso é moi importante desenvolver este tipo de actividades de divulgación, porque, se ben a pesca é unha actividade extratéxica para Galicia, que aporta unha tasa fundamental tanto de produto interior bruto como de emprego, desgraciadamente non participamos intensamente desta actividade. Hai un gran descoñecemento do mundo da pesca e do mundo mariñeiro na poboación galega, sobre todo nas bisbarras do interior”.

“Unha proba de que é un mundo descoñecido é que todos os elementos culturais que teñen que ver coa actividade pesqueira están pouco considerados u moi pocuo protexidos. Por exemplo, no Inventario de Bens Culturais de Galicia, que xestiona a Consellería de Cultura, practicamente non hai nada sobre o mundo do mar”.

“Deberíamos empezar a concienciarnos de que hai moito valor no mundo da pesca. Actividades como esta exposición son unha maneira importante de achegarnos a ese valor, de darlle importancia a esas cousas que temos ao noso lado. Hai que facer coñecer todo este mundo non só á nosa xente, senón tamén a todas as persoas que nos visitan”.
“É vital trasladar a importancia social que ten a actividade do mar, mostrar a profesionalidade das persoas que traballan no sector e concienciarnos de que dispoñemos duns recursos culturais e sociais vinculados á pesca que poden ser moi importantes no futuro”.

A campaña consiste nunha exposición itinerante que percorrerá quince concellos da provincia de Lugo entre os meses de abril e xuño, pasando polos concellos de Viveiro, Xove, San Ciprián, O Vicedo, Foz, Lourenzá, Ribadeo, Mondoñedo, Burela, Chantada, Monforte, Quiroga, Sarria e Vilalba, rematando na cidade de Lugo.

A exposición visitará concellos tanto de costa coma de interior, e vai dirixida ao público en xeral, con especial atención ás visitas concertadas de centros escolares de cada bisbarra. O seu obxectivo é o de difundir o traballo que se realiza nas seis confrarías de pescadores da Mariña de Lugo: coñecer as principais artes de pesca que se empregan, as especies máis características dos nosos portos, as tradicións, oficios e, por suposto, a nosa cultura mariñeira.

A mostra está composta dunha serie de paneis organizados en tres eixes: o traballo no mar, o papel das confrarías na sociedade e o mar e a cultura.

O primeiro bloque trata sobre o traballo no mar e está composto por paneis explicativos acerca dos oficios do mar, as artes de pesca máis utilizadas polos pescadores de Lugo e as principais especies que se pescan nos portos da Mariña.

O segundo bloque trata o papel das confrarías na sociedade e componse de paneis explicativos sobre as confrarías como motor sociocultural, a importancia das mulleres na evolución do sector pesqueiro e a influencia da pesca de baixura no tecido produtivo local.
Finalmente o terceiro bloque aborda o tema do mar e a cultura, expoñendo exemplos da influencia do mar na cultura local e enumerando tanto a variedade de festas mariñeiras como gastronómicas relacionadas co mar que se celebran na provincia de Lugo.

Luis López García (Logaidea Comunicación), 2011-04-13

Actualidad

Foto del resto de noticias (alume-app.jpg) A loita contra os incendios forestais suma un novo aliado tecnolóxico ao servizo de toda a sociedade. A aplicación móbil ALume, deseñada para facilitar que calquera persoa poida dar a alarma sobre un foco de lume de forma inmediata e precisa, xa se atopa plenamente operativa e dispoñible para a súa descarga de balde nas plataformas Android e iOS. O obxectivo principal desta ferramenta é potenciar a detección temperá dos incendios forestais. Nunha emerxencia no monte, os primeiros minutos son decisivos para evitar que un foco inicial se converta nun gran incendio; por iso, ALume nace para acurtar os tempos de aviso e facilitar ao servizo de extinción datos exactos antes de despregar os medios sobre o terreo. Cabe sinalar que a aplicación leva xa 7.000 descargas e 200 notificacións que axudaron ao operativo.
Foto de la tercera plana (titiribeira-2026.jpg) Un dos grandes atractivos desta undécima edición será a estrea de dez novos espectáculos, todos eles impulsados por compañías galegas, un dato que evidencia o dinamismo creativo do sector dos monicreques na Comunidade. A programación abrirase coa nova versión de A festa dos títeres, presentada por Viravolta, Vai de Roda e Títeres Alakrán, para continuar coa estrea de Treco-lerias, de Trécola Producións, e A rosa de papel, adaptación ao teatro de monicreques do texto de Valle-Inclán realizada por Alakrán.

Notas

'Dálle á lingua' é un proxecto de divulgación lingüística da USC que se desenvolverá en colaboración con bares de diversas localidades galegas. O seu obxectivo é 'poñer a lingüística sobre a mesa', literalmente, a través de pousavasos de dobre cara que ofrecerán información para desmontar mitos sobre diversos temas relacionados coa lingua e a lingüística. A iniciativa que agora bota a andar busca locais interesados en participar. Ademais, os establecementos inscritos participarán nunha competición, denominada Liga Mente e Palabra.
A Universidade da Coruña desenvolverá durante os próximos tres anos o proxecto 'INTERLYNX: Estudo paleomolecular da interacción interespecífica de poboacións de lince antigo na conca do Mediterráneo occidental', unha investigación financiada pola Axencia Estatal de Investigación (AIE) dentro da convocatoria de Proxectos de Xeración de Coñecemento 2025.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES