
O conselleiro de EconomÃa e Industria e presidente do Padroado de Expourense, Javier Guerra, presentou a memoria de actividades do 2010 e a nova visita virtual ás instalacións do recinto feiral (dispoñible na web da Fundación www.expourense.org). Durante este acto fixo referencia á necesidade de que as empresas galegas aposten dun xeito decidido pola internacionalización e referiuse a Expourense como un dinamizador económico e un centro de convencións que pode abrir ás portas a un novo tipo de turismo, o de congresos e incentivos.
O conselleiro estivo acompañado nesta presentación por entidades que integran o Padroado da Fundación de Expourense como o presidente da Cámara de Comercio de Ourense e presidente do Comité Executivo de Expourense, Celso Barbosa, polo presidente da Confederación Empresarial de Ourense, Francisco RodrÃguez, o presidente do INORDE, José Manuel Freire Couto, ou a tenente alcalde do Concello de Ourense, Isabel Pérez. Assitiron ademais representantes do sector empresarial da provincia e das empresas colaboradoras con Expourense.
O resumo de actividades organizadas pola Fundación de Feiras e Exposicións de Ourense, Expourense, durante o 2010 sinala que o recinto rexistrou un nivel ocupación de 275 dÃas, celebrándose nel un total de 10 feiras, a meirande parte delas marcado carácter profesional orientadas ó negocio. Todos os certames contaron coa presenza de 842 expositores, unha cifra que indica o grao de fidelización e confianza das empresas e institucións polos proxectos que se levan a cabo en Expourense. Estas citas, unidas á vintena de eventos e actividades celebrados no recinto, rexistraron en total máis de 125.000 visitas.
Cabe salientar que foi durante o 2010 cando Expourense rematou as obras de mellora que o converteron nun recinto multidisciplinar, versátil e flexible aberto a novos usos que ademais proxecta a imaxe dunha Galicia innovadora, moderna e competitiva.
O pavillón de Expourense, de 8.000 metros cadrados, conta co Certificado de Calidade Acústica que o converteu no lugar elixido durante o 2010 para celebrar concertos de importantes artistas. Estes concertos, unidos ó resto de eventos celebrados en Expourense conseguiron atraer a máis de 46.000 persoas, un 30% máis que as rexistradas no 2009.
Actividade feiral
Polo que respecta á actividade feiral, destaca a celebración de catro feiras de carácter internacional recoñecidas pola SecretarÃa de Estado de Turismo e Comercio do Ministerio de Industria, Turismo e Comercio do Goberno de España (recollidas no B.O.E. 03/11/2009): Termatalia, Xantar, Funergal e Galisenior.
Durante o 2010 Expourense continuou coa súa aposta pola celebración de citas profesionais e pola internacionalización de sectores estratéxicos para Galicia como é o caso do termalismo, da industria funeraria ou da viticultura, entre outros. Expourense crea sinerxias co territorio e as súas circunstancias actuais.
No 2010, o Ano Santo Xacobeo foi o protagonista de Xantar, Salón Galego de GastronomÃa e Turismo, que axudou a promocionar a gastronomÃa galega e tamén a propia dos distintos Camiños de Santiago. Nesta edición Xantar converteuse nun instrumento para reforzar a captación de visitantes a Galicia durante o Ano Santo para o que puxo en marcha a comercialización, a través dun maiorista, dun paquete turÃstico competitivo.
Do mesmo xeito, Termatalia, a única Feira Internacional de Turismo Termal da PenÃnsula Ibérica, aproveitou a presenza na feira de prescriptores de opinión de 27 paÃses para acoller a celebración dun CapÃtulo Extraordinario da Orde do Camiño de Santiago. Convertida no centro de negocios internacional do sector e fomentando o desenvolvemento no ámbito turÃstico e industrial, a décima edición contou con México como paÃs convidado e actuou como revulsivo e axente dinamizador do sector coa presenza de 220 expositores procedentes de 27 paÃses de catro continentes. Axudou a consolidar o termalismo a nivel mundial como unha das ferramentas para facer fronte á actual coxuntura económica polo seu carácter desestacionalizador.
No 2010, Termatalia ampliou a súa rede internacional de delegados. Ãs xa existentes da Arxentina e Colombia, de TurquÃa e Eurasia, de México e Centroamérica e das Azores e Cabo Verde, sumáronse o pasado ano a delegación de Perú, a de Chile e a de Estados Unidos.
No 2010 celebrouse unha nova edición, a sexta, de Funergal, Feira de Produtos e Servizos Funerarios, que se converteu na única cita monográfica do sector celebrada o ano pasado na PenÃnsula Ibérica. Rexistrou un crecemento do 30% e contou con xornadas técnicas profesionais.
Durante a súa cuarta edición, VINIS TERRAE, Salón dos Viños e Licores Galegos de Calidade, consolidouse como centro de negocios para posicionar ós viños e licores galegos no mercado internacional, rexistrando máis de 1.000 citas de negocios. A Aula Internacional de Catadores e Radio Turismo organizaron a 1ª Cata Extraordinaria dos viños e licores presentes no salón.
De carácter bienal, regresou ó calendario de Expourense, Galisenior, Salón de Galego das Persoas Maiores, que na súa sétima edición conseguiu a participación activa dos maiores no programa de actividades e obradoiros e numerosos profesionais do sector asistiron ás xornadas técnicas. Organizáronse máis de 100 actividades e obradoiros e entre as novidades destacou un concerto interxeracional no que participaron mozos e maiores.
Outra das feiras bienais celebradas no 2010 foi Imaxe, Salón de PerruquerÃa e Estética, que cumpriu 13 edicións e incrementou o seu nivel de profesionalidade. Imaxe contribuiu a dinamizar este sector poñendo a disposición dos empresarios de perruquerÃa e estética ferramentas que os axudaron a crear novas áreas de negocio e a obter ingresos.
Dentro das feiras profesionais, no 2010 tamén tivo lugar a 5ª edición de Previsel, Salón da Prevención e Seguridade Laboral que se celebrou por primeira vez de xeito independente, aumentou o número de visitantes e contou coa participación activa dos sindicatos que convocaron as seus delegados.
Das citas dirixidas ó público xeral, celebráronse a 16ª edición da Mostra da Oportunidade, a 10ª de Celebra, Salón de Vodas, Bautizos, Comuñóns e Actos Sociais e a 11ª de Megaxove, Salón da Xuventude.
No referente á actividade feiral é preciso apuntar a promoción que dos distintos salóns se realizou durante todo o ano nunha vintena de exposicións que tiveron lugar noutros puntos de Galicia, España, Europa e América Latina. Ademais, a través do stand de Turgalicia, os salóns Xantar e Termatalia estiveron presentes nas principais feiras internacionais vencelladas ó turismo e nos foros profesionais maÃs importantes dos correspondentes sectores. Deste xeito, Termatalia foi presentada no Congreso anual da Asociación Europea de Balnearios (ESPA) celebrado en RumanÃa, no II Encontro Internacional de Spa e Termalismo de Colombia organizado pola Asociación de Hoteleiros dese paÃs ou no 2º Simposio de Turismo de Saúde, Spa e Termalismo, organizado pola Federación de Empresarios de HotelerÃa e GastronomÃa da República Arxentina, FEHGRA. Pola súa parte, Xantar protagonizou o DÃa de Galicia no Festival Internacional de GastronomÃa de Santarém, o evento deste tipo máis importante de todos cantos se celebran en Portugal.
Cámara de Comercio
Durante o 2010, continuouse co convenio de colaboración asinado entre a Cámara de Comercio e Industria de Ourense e Expourense e que permite que en cada un dos certames celebrados no recinto, se dispoña dun espazo reservado para autónomos e microempresas cun ou dous empregados. Durante o 2010 foron preto dun cento as empresas da provincia de Ourense que puideron acollerse a este convenio.
Formación
No marco dos obxectivos encomendados pola Fundación Feiras e Exposicións, Expourense tamén levou a cabo un gran esforzo á hora de promover, organizar e acoller xornadas técnicas, cursos e seminarios de formación e actualización profesional. Nas xornadas técnicas celebradas con motivo de Funergal, Xantar, Previsel, Vinis Terrae, Termatalia, Imaxe e Galisenior participaron máis de 233 relatores nacionais e internacionais.
Expourense continuou o seu labor formativo organizando distintos eventos que teñen continuidade no tempo e que xa forman parte do calendario de eventos da Fundación, ademais de acoller cursos de formación ocupacional. As xornadas formativas organizadas polo recinto foron seguidas por máis de 4.000 asistentes.
- IV Xornadas de Divulgación das EnerxÃas Renovables: As VI Xornadas de Divulgación das EnerxÃas Renovables analizaron a implantación de sistemas de eficiencia enerxética na industria galega, informaron das liñas de axudas dispoñibles para as empresas.
- Xornada de Exaltación da Calidade: Un ano máis, coincidindo coa XVI Semana Europea da Calidade”, Expourense organizou a Xornada de Exaltación da Calidade na que participaron tres empresas dos sectores sanitario, educativo e alimentario que teñen implantados sistemas de xestión de Calidade ou Medioambiente.
- 10º Concurso de Proxectos Tecnolóxicos: Chegou a súa décima edición consolidado como unha grande oportunidade para os estudantes de Galicia e do Norte de Portugal para dar a coñecer os seus proxectos de Fin de Carreira. O traballo vencedor versou sobre a xestión de TPV’s para empresas de venda directa.
- Xornadas de Prevención: Como actividade complementaria a cada unha das feiras e que organiza Expourense, unha mutua ou persoal especializado da Confederación Empresarial de Ourense imparten unha charla informativa sobre a prevención de riscos laborais no sector relacionado co salón en cuestión, por exemplo, hostalerÃa, turismo de saúde, industria funeraria, comercio, servizos sociais, estética, etc.
Eventos
Entre os eventos celebrados no recinto destacan os concertos de importantes artistas (Fito & Fitipaldis, David Bisbal, Alejandro Sanz, Los Suaves e as orquestas Panorama e ParÃs de Noia) que atraeron ata o recinto a milleiros de visitantes e que consolidaron ó recinto como un espazo a ter en conta á hora organizar eventos multitudinarios.
No ámbito da Fundación, Expourense forma parte do Padroado do Parque Infantil de Tráfico que organioza o CircuÃto de Educación Viaria, polo que pasaron máis de 5.000 escolares da provincia. Na área deportiva, ademais de megaxove, a Fundación promove actividades como o III Festival Internacional de Xadrez “Cidade de Ourense” que contou coa participación de 300 xogadores, ou o 43º Rallye de Ourense que visitaron milleiros de persoas.
Estes son algúns dos datos máis relevantes incluÃdos na Memoria de Actividades do 2010, documento que recolle e detalla todos os actos celebrados no recinto, sexan exteriores, formativos, feiras ou reunións empresariais.
En 2025, Lara Weed e Jamie M. Zeitzer, da Universidade de Stanford, publicaron un artigo no que se relacionaba a práctica do cambio estacional de hora con aspectos negativos para a saúse, tanto de sintomatoloxÃa aguda (infartos ou accidentes cerebrovasculares), como crónica (obesidade). Agora, os profesores José MarÃa MartÃn Olalla, da Universidade de Sevilla, e Jorge Mira Pérez, da Universidade de Santiago de Compostela, tras analizar a metodoloxÃa aplicada neste estudo, constataron que 'o que o mundo leu como unha evidencia cientÃfica contra o cambio de hora resultou ser unha ilusión matemática'.
Un total de 15.733 persoas concorrerán ás oposicións de Educación deste ano 2026 segundo a listaxe provisional de admitidos publicado no Portal Educativo. Cómpre lembrar que, froito do acordo entre a ConsellerÃa de Educación, Ciencia, Universidades e FP e os sindicatos CC.OO., ANPE, UGT-SP Ensino e CSIF, como novidade nesta ocasión os interinos non teñen a obriga de presentarse ao exame, co obxectivo de axilizar o proceso. Isto provoca un descenso de case o 23% nas probas respecto á convocatoria do ano pasado. En concreto, 4.689 aspirantes menos. A Xunta de Galicia convoca para este proceso un total de 1.601 prazas, o que supón esgotar o 120% da taxa de reposición marcado polo Estado.