José Ãngel Cid, alumno de terceiro ciclo da USC, acada o Premio para a promoción de novos investigadores da Fundación Caixa Galicia e a Real Academia Galega de Ciencias
José Ãngel Cid Araújo, alumno de terceiro ciclo do Departamento de Análise Matemática da USC e profesor axudante na Universidade de Jaén, acadou o premio para a promoción de Xoves Investigadores menores de 28 años dos Premios de Investigación 2003 Fundación Caixa Galicia - Real Academia Galega de Ciencias.
O traballo, premiado con 6.000 euros, leva por tÃtulo Existencia de solución para un sistema infinito de ecuacións diferenciais funcionais discontinuas a través do Teorema do punto fixo de Tarski. Na investigación, a través do clásico Teorema do punto fixo de Tarski (1955), que garante a existencia dos puntos fixos extremais para calquera operador crecente definido nun retÃculo completo, esténdese un resultado de existencia de solución para unha ecuación diferencial escalar a un sistema infinito de ecuaciónns diferenciais, admitindo dependencia funcional e discontinuidades. José Ãngel Cid licenciouse en Matemáticas en 2000 pola Universidade de Santiago de Compostela especializándose en Matemática pura e acadando o Premio extraordinario de Licenciatura en Matemáticas correspondente ao curso académico 2000-2001. Cid é membro do proxecto de investigación Existencia e aproximación de solucións para ecuacións diferenciais e ecuacións en diferencias e do equipo de investigación español da Acción integrada entre España e Portugal Ecuacións funcionais non lineais. Os Premios de Investigación 2003 da Fundación Caixa Galicia e a Real Academia Galega de Ciencias véñense concedendo dende 1989 co obxecto de estimular e promocionar as áreas de coñecemento integradas na Academia. Os premios distribúense en diferentes categorÃas como son traballo de investigación, traballo publicado (ou en vÃas de publicación) na revista da Real Academia Galega de Ciencias correspondente ao ano da convocatoria e promoción de novos investigadores menores de 28 anos, que acadou o alumno da USC.
Gabinete Comunicación USC, 2004-10-25
Actualidad

A Mostra Internacional de Teatro Cómico e Festivo de Cangas presentou hoxe a programación da súa 42ª edición, que se celebrará entre os dÃas 22 de xuño e 6 de xullo no Auditorio Municipal Xosé Manuel Pazos Varela, asà como nas rúas e noutros espazos da vila do Morrazo, que acollerán 26 espectáculos e un nutrido programa de actividades lúdicas e sectoriais. O certame, organizado desde 1984 pola Asociación Cultural Xiria, é un dos poucos festivais de teatro europeos cuxo principal selo de identidade é a comedia, unha marca consolidada e referente da produción escénica deste xénero en calquera das súas vertentes: negra, branca, xestual, contemporánea, circense, dramática, musical e, dende hai máis dunha década, tamén na danza.

A praza Conde de Fontao de Foz será o enclave elixido para a actuación extraordinaria do festival o 31 de xullo con La Carroza Del Real, mentres que o destacado pianista Denis Kozhukhin abrirá oficialmente o ciclo de concertos o 12 de agosto na Fortaleza de Alfoz. O 13 de agosto a Real FilharmonÃa de Galicia e o Coro da Comunidade de Madrid realizarán o primeiro concerto sinfónico-coral no que interpretarán o Réquiem de Mozart na Catedral de Mondoñedo. A clausura do XII Festival Bal y Gay será co barÃtono galego Borja Quiza, o 21 de agosto, no Teatro Pastor DÃaz de Viveiro, cita na que tamén participarán o pianista Javier Carmena e a mezzosoprano Andrea Rey, nunha proposta que mesturará as raÃces galegas e españolas.
Notas
Afondar no papel que a evidencia cientÃfica pode e debe xogar nas decisións polÃticas e na implantacións de polÃticas públicas foi o obxectivo central da conferencia impartida pola presidenta do Consejo Superior de Investigaciones CientÃficas, EloÃsa del Pino, na UVigo. Sustentar as actuacións públicas na ciencia, defendeu Del Pino, posibilita en primeiro termo 'ser eficiente cos recursos, porque sabes que é máis probable que unha polÃtica funcione, aÃnda que non é unha garantÃa de éxito'.
A Sociedade Europea de Biomateriais recoñeceu cun dos seus premios europeos de doutoramento Julia Polak 2025 a Ana Iglesias Mejuto e Miguel Pereira Silva, que realizaron a súa tese de doutoramento en iMATUS da USC. O galardón distingue persoal investigador novo que completou un doutoramento de excelencia no ámbito dos biomateriais e a enxeñerÃa de tecidos, valorando tanto a calidade da súa investigación como a súa formación internacional.