Notas de prensa

Preséntase Poemas de inverno, de Francisco Domínguez Romero

Poemas de inverno sae do prelo da mao da editora compostelá Follas Novas. O libro conta cun prólogo do poeta Xosé Luís Santos Cabanas e ilustracións de Virxilio. O poemario preséntase o día 8 de abril en Compostela co apoio das Redes Escarlata.

Limiao de orixe, Francisco Domínguez Romero (Ferrol, 1939 – Santiago de la Ribera, 2005) publicou os seus primeiros poemarios bilingües en Cartagena. No Ourense dos anos sesenta, mantivo unha fonda amizade cos escritores Carlos Casares e Antón Tovar, con quen participou en actos culturais e recitais de poesía. En 1965 tomou parte, en Barcelona, xunto a Celso Emilio Ferreiro, nun ciclo de conferencias, lecturas e recitais poéticos.

Mestre de escola na Costa da Morte e no Mar Menor, con motivo do seu quinto cabodano vén de publicarse en Murcia a antoloxía Poemas, onde o autor recolleu o máis representativo da súa obra poética en galego e castelán.

Na última etapa, á que pertencen estes Poemas de inverno, o poeta frecuentou o medio electrónico e foi un activo membro das Redes Escarlata. Ao final do libro, inclúese un apuntamento biográfico que resultará de interese a quen desexe achegarse á traxectoria poética de Francisco Domínguez Romero.

“Aquí, nos poemas galegos da última fase, inda que o contido -e tamén o obxecto- é análogo, o traballo poético sonda novos espacios. Dada a maior amplitude expresiva e o carácter máis depurado dos versos.

Unha lingua máis sobria e serena, quizais máis decantada, á obsesiva procura dunha tonalidade e unha cor persoal.

Algúns dos máis directos e sentidos poemas. Reformulacións de moitos dos motivos desenvoltos na poesía da fase anterior: a dor común, o rigor ético, o desalento; a insidiosa e subtil manipulación da consciencia e da vida social... E, nun cadro máis amplo, recorrentes imaxes para os temas da terra, para as mínimas cousas que non teñen voz.

Subliñar finalmente a realidade máis viva que percorre os meus versos... Temas recorrentes, reiterados, que concitan o meu mundo afectivo... O sentido da vida, a pasaxe do tempo, o amoroso latexo da paisaxe da Limia, o meu inesquecíbel paraíso da infancia... O infinito desexo de sosego e silencio... “
F.D.R

O libro, que conta cun prólogo do poeta Xosé Luis Santos Cabanas e ilustracións de Virxilio, será presentado o venres 8 de abril, ás 20:00 h. na sede de Follas Novas Edicións (Rúa de Sto. Domingo da Calzada, nº 1, entrechán -Costa das camelias, fronte á libraría-), en Compostela. Realizarase unha lectura de poemas do autor que contará co apoio das Redes Escarlata.

Gaspar Domínguez Méndez, 2011-04-05

Actualidad

Foto del resto de noticias (veran.jpg) O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur. De feito, destacan os altos rexistros acadados entre os días 9 e 15.
Foto de la tercera plana (vacinacion-2026-01.jpg) A Xunta de Galicia puxo en marcha a campaña de inmunización fronte á gripe e a COVID, que este ano incorpora como principais novidades a extensión da vacina antigripal de alta carga ás persoas de 65 a 69 anos e a ampliación do proxecto piloto de vacinación nos colexios a 75 centros educativos. O inicio oficial tivo lugar nun acto nas residencias de maiores e centros de discapacidade, o colectivo polo que arranca tradicionalmente a campaña debido á vulnerabilidade deste grupo fronte ás infeccións respiratorias.

Notas

O 7 de novembro a ciencia sairá ao encontro da cidadanía coa primeira edición de 'Abastos de Ciencia', unha iniciativa da UDC que terá lugar no Mercado de San Agustín e combinará divulgación e experimentación a través de obradoiros participativos, mesas redondas e propostas gastronómicas e culturais. A iniciativa, enmarcada no proxecto InPacto, permitirá coñecer o traballo investigador que se realiza en diferentes centros, facultades e grupos.
O grupo de investigación da USC De la Edad Media al Siglo de Quevedo, desenvolve en Santiago o Congreso Internacional 'De interpretatione: la traducción en los siglos XVI y XVII'. O obxectivo do encontro, os días 5 e 6 na Facultade de Filoloxía, consiste en presentar os resultados de investigacións arredor da tradución durante os séculos XVI e XVII, pero tamén reflexionar sobre posibles liñas de traballo para o futuro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES