
Expourense está presente un ano máis nesta cita cun stand dende o que promocionar as súas seguintes citas vencelladas coa gastronomía e empresas ourensáns vencelladas ó sector. Trátase da edición número 44 desta feira, catro décadas nas que esta cita desenvolve un relevante papel de promoción e divulgación dos produtos e de punto de encontro das empresas agroalimentarias de todo o país luso.
Representantes de Expourense, acompañados polo director xeral de Turismo do Concello de Ourense, Xosé Carballido Presas, e polo presidente da Federación de Hostaleiros de Ourense, Ovidio Fernández Ojea, desprazáronse ata Braga para asistir o acto oficial de celebración do Día de Galicia que compartiron con autoridades locais. Así, os representantes do Día de Galicia estiveron acompañados polo presidente da Cámara Municipal de Braga, Mesquida Machado, polo vicepresidente, Vitor Sousa, polo xerente do Parque de Exposicións de Braga, Miguel Corais, e polo presidente de AGROS, Francisco Marques, empresa patrocinadora da feira portuguesa e unha das empresas mais fortes do sector do pais.
En virtude dos convenios de cooperación transfronteiriza que Expourense mantén con institucións do Norte de Portugal, e entre as que se atopa o Parque de Exposicións de Braga, ambas as dúas entidades colaboran para garantir a promoción dos seus recursos nos eventos organizados pola outra e que están vencellados cos termalismo, o viño e o patrimonio, recursos que comparten as dúas áreas da Eurorrexión. Tanto Expourense como o Parque de Exposicións de Braga están integradas en UNIFEB, a Unión de Feiras Iberoamericanas, e os seus directivos ocupan postos de responsabilidade nas correspondentes asociacións nacionais de feira, AFE (Asoc. de Feiras de España) e APFC (Asoc. Portuguesa de Feiras e Congresos), respectivamente.
Así, o recinto feiral galego conta cun stand onde está a promocionar algunhas das vindeiras citas vencelladas a estes sectores. Os que se acheguen ata AGRO poderán atopar información da cuarta edición de VINIS TERRAE, Salón do Viño e Licores de Calidade de Galicia que terá lugar os días 27 e 28 de abril; Termatalia, Feira Internacional do Turismo Termal, que celebra a undécima edición entre o 23 e o 25 de abril, e Xantar, Salón Galego de Gastronomía e Turismo cuxa próxima edición será entre o 1 e o 5 de febreiro de 2012.
Para rematar o día adicado a Galicia, Expourense ofreceu unha degustación de produtos como o Marron Glacé do Grupo Cuevas e licores e oruxos de Galicia, ademais de promocionar os viños do Ribeiro e Monterrei.
A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.