
A Illa de San Simón acolle o 30 e 31 de marzo o encontro #NeThinking, ¿Como comunicamos? que reunirá no arquipélago da rÃa de Vigo a un grupo formado por destacados comunicadores e expertos en redes sociais, referentes no panorama nacional pola notoriedade das súas bitácoras persoais, pola súa actividade nas redes como Twitter ou Facebook e pola súa experiencia en contidos multimedia.
Entre os participantes do foro, coordinado polo xornalista e experto en redes sociais Nacho de la Fuente, figuran comunicadores como Eva Hache, cineastas como Nacho Vigalondo, músicos como Julián Hernández, recoñecidos e activos blogueiros como José Jiménez Moltó (Kurioso) e Javier Pedreira (Wicho), editores de medios dixitais e expertos en redes sociais como Javier Celaya, Ismael O-Qudsi, Juanjo AmorÃn, Marilin Gonzalo, Eduardo Arcos ou Carmela RÃos, consultores como Mario Tascón e Antonio Delgado, especialistas en email mercadotecnia como Jorge MartÃnez Linares, ou destacados xornalistas e expertos en comunicación de diferentes universidades galegas como Francisco Campos, Manuel Gago ou ValentÃn Alejandro MartÃnez.
O grupo de comunicadores destaca pola súa formación e experiencia en comunicación mediante novos soportes, asà como pola diversidade das súas frontes de actuación e pola súa intensa actividade en redes sociais sendo algúns deles referentes a nivel nacional. No caso de Twitter, o conxunto dos participantes en #NeThinking suma máis de 500.000 seguidores, o que dá unha idea do destacado papel que xogan neste contorno que revolucionou os usos e costumes da comunicación. Ademais, a súa forte presenza en internet propiciou unha gran repercusión na rede do evento.
A través desta rede social, numerosos internautas realizaron un chamamento para que as autoridades cubanas deixen saÃr do paÃs á laureada e influente blogueira cubana Yoani Sánchez, autora do blog Generación Y considerado como un dos 25 mellores do mundo e que foi convidada ao encontro #NeThinking da Illa de San Simón. O Goberno cubano retén o pasaporte de Yoani Sánchez, circunstancia que lle impide viaxar a Galicia e que lamentou nunha entrevista concedida a Radio MartÃ. Yoani Sánchez manifestou a súa dor por non poder acudir a todos os eventos aos que a convidaron ultimamente, en especial #NeThinking, ao que cualificou como “un evento de luxo” do que “poderÃa aprender moito”. Ante os impedimentos para viaxar fisicamente a San Simón, a Fundación Illa de San Simón facilitará a máxima presenza virtual de Yoani Sánchez.
O encontro #NeThinking, que será retransmitido en streaming a través da web www.illadesansimon.org, foi deseñado para contar coa participación directa de cantos desexen realizar achegas ou lanzar preguntas aos participantes a través de Twitter, baixo a etiqueta #NeThinking. Tamén se pode participar a nivel virtual enviando propostas vÃa mail a usuarios@fundacionilladesansimon.org.
Constante revolución
As xornadas de #NeThinking analizarán o presente e o futuro da comunicación, debatendo sobre os efectos deste novo escenario propiciado polo desenvolvemento de internet, que permite a difusión inmediata de información en tempo real a millóns de usuarios e que provocou mesmo un intercambio de papeis desprazando incluso o até agora inamovible rol do comunicador. O evento terá como fÃo condutor, dous bloques temáticos para ir desenrolando no transcurso das xornadas. O primeiro bloque ‘Hasta aquà chegamosÂ’ versará sobre tres temas, ‘Da comunicación lineal á comunicación en redeÂ’, ‘A metamorfose do comunicadorÂ’ e ‘O rol social do comunicadorÂ’. O segundo bloque ‘¿E agora que?Â’ afondará noutras tres cuestión como ‘Os medios convencionais e a rede: ¿Convivencia ou fagocitación?Â’, ‘ A eclosión das tecnoloxÃas: ¿Acabaremos sendo escravos delas?Â’ e ‘A saturación informativa: ¿Un valor ou unha ameaza?Â’.
#NeThinking, ¿Como comunicamos? Ten como obxectivo principal, incorporar este novo modo de facer, de pensar e de entender a comunicación ao centro de debate, reflexión e creatividade que é a Illa de San Simón. Unha illa que foi terra de trobadores que buscaban en San Simón a súa inspiración e transmitir desde alà ao mundo a súa obra grazas á tradición oral, a primeira rede de comunicación da historia.
#NeThinking está deseñado como un encontro de expertos no marco do proxecto Illa do Pensamento, na liña de eventos que durante o ano 2010 permitiu concentrar en San Simón relevantes persoeiros do ámbito da comunicación, como o Foro Estrategar ou o Foro de Xornalistas. Estas iniciativas acadaron o desenvolvemento de ideas e propostas coa participación de expertos e outros interesados desde varios paÃses do mundo, aproveitando as infraestruturas e o atractivo da illa e o seu entorno.
A Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia reunirá do 17 ao 25 de xullo 25 espectáculos procedentes de Galicia, Portugal, Francia, México e diferentes comunidades autónomas, nunha 42ª edición atravesada pola creación contemporánea, a diversidade de linguaxes e formatos, a memoria histórica, a música en directo e a capacidade da escena para activar pensamento crÃtico e experiencia colectiva. Entre estas propostas figura A Fortaleza, da compañÃa A Feroz, coproducida polo Centro Dramático Galego e o festival FITEI do Porto. A obra, dirixida pola portuguesa Raquel Sousa e con dramaturxia de Lorena Conde e da propia Sousa, recupera a memoria das guerrilleiras antifranquistas galegas a través da figura de Consuelo RodrÃguez López, Chelo.
O Festival de Música Antiga e Barroca Ateneo Barroco celebrará do 6 ao 20 de outubro a súa oitava edición cun programa articulado arredor da música antiga, os instrumentos históricos, a divulgación e o encontro co público. O certame compostelá ofrecerá seis concertos en diferentes espazos da capital de Galicia, ademais de cinema documental, unha conferencia, unha acción de improvisación, un club de lectura e varios encontros cos artistas. A programación principal de Ateneo Barroco desenvolverase en espazos como a Igrexa da Universidade, o Teatro Principal, o Salón Teatro e o Paraninfo da Universidade. O calendario de recitais abrirase con Lina Tur Bonet e Bach, partita, sonata, e continuará con Ars Atlántica, Resonet, Arc & Volta e Bertrand Cuiller, antes do peche con Accademia del Piacere e Fahmi Alqhai en In dulci jubilo.