
O director da Axencia Galega das Industrias Culturais, Jacobo Sutil, participou hoxe na sede do Ateneo de Santiago na presentación da nova carteleira dunha cita que medra cada ano en actividades e público. Xunto co presidente da entidade, Francisco Candela; o director artístico do festival, José Víctor Carou; e representantes doutras entidades colaboradoras, o encontro serviu para dar a coñecer o percorrido dun programa que pon o foco nos instrumentos, mestres, intérpretes, novos e vellos estilos, improvisacións, voces, idiomas, homenaxes, viaxes e xéneros que concorren no período musical barroco.
Apoio ao tecido musical galego
Jacobo Sutil destacou que Ateneo Barroco representa moi ben a diversidade e a excelencia dun ecosistema musical galego capaz de dialogar con repertorios, épocas e públicos moi diferentes. Neste sentido, o representante da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude subliñou que o apoio do Goberno galego a este tipo de eventos busca ampliar a presenza da música galega nos festivais profesionais, reforzar a contratación artística e acompañar proxectos con traxectoria, capacidade de xestión e impacto cultural no territorio.
O festival compostelán é unha das oito citas beneficiarias da convocatoria de subvencións de 2026 para o fomento da contratación de música galega nos festivais profesionais da comunidade, dotada con 80.000 euros para 47 actuacións de bandas e artistas.
Recitais e accións complementarias
A programación principal de Ateneo Barroco desenvolverase en espazos como a Igrexa da Universidade, o Teatro Principal, o Salón Teatro e o Paraninfo da Universidade. O calendario de recitais abrirase con Lina Tur Bonet e Bach, partita, sonata, e continuará con Ars Atlántica, Resonet, Arc & Volta e Bertrand Cuiller, antes do peche con Accademia del Piacere e Fahmi Alqhai en In dulci jubilo.
A oitava edición do evento completarase cunha conferencia de Stefano Russomano, dúas sesións con proxeccións de filmes documentais en Cinema Numax, unha proposta de improvisación de Pablo Seoane, o club de lectura do festival e a liña Instrumentos, xéneros e contextos, pensada para achegar o público aos artistas, á música e aos instrumentos históricos.
O XXXVI Festival de Jazz de Lugo ofrecerá do 4 ao 14 de novembro un total de 22 actuacións que combinarán grandes figuras internacionais cunha ampla presenza de músicos galegos en catro escenarios. Conforme ao programa, o Auditorio Fuxan os Ventos acollerá a apertura o mércores 4 co trío do saxofonista e clarinetista cubano Paquito DRivera. Neste mesmo escenario actuarán Abe Rábade, o día 8, e Kenny Barron Trio, o 11. No Círculo das Artes sucederanse James Carter Organ Trio, o 5 de novembro; Jogo de Damas, o día 6; Takuya Kuroda Quintet, o 7; Patricia Brennan Septet, o día 12; Erik Truffaz & Antonio Lizana, o día 13, e Clarence Bekker Band, o 14 de novembro.
O informe da Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade sobre a actividade das infeccións respiratorias agudas referido á semana que rematou o 25 de outubro reflicte que a actividade gripal na comunidade mantén o seu nivel basal con tendencia crecente, constatando un incremento na dispensación de antigripais nas farmacias galegas. En concreto, a taxa de dispensación de antigripais nas farmacias aumentou un 38,9 % na última semana, mentres que a de probas de antíxenos se reduciu nun 17,9 %, tal e como informan as oficinas de farmacia integradas na rede sentinela impulsada pola Xunta, co obxectivo de anticipar a evolución dos virus respiratorios na comunidade.