Notas de prensa

Fernando Romo presenta unha tradución en verso ao castelán da Eneida 'que non permite esquecer que é un poema'

'A idea tomou corpo nun rato de charla espontánea, pero porque xa nos roldaba', recoñece Fernando Romo Feito, editor e tradutor da Eneida en verso ao castelán, publicada por La Oficina de Arte y Ediciones. Precisamente foi cos editores da obra cos que o docente e investigador xubilado da UVigo Fernando Romo mantivo hai tres anos esa conversa e da que xurdiu unha obra sobre a que asegura 'de non gustarlles o resultado, sei que non a sacarían'.

Transcorridos tres anos daquela conversa, recentemente saía do prelo a tradución en verso ao castelán da Eneida de Virxilio, 'para min un desafío e unha tentación', explica Romo, que recoñece que, se ben para a Odisea hai, cando menos tres versións que lle convencen, 'a de Javier Pérez en Abada e a de Juan Manuel Macías en La Oficina Editorial, para a Eneida, as rítmicas que coñezo, ou teñen xa moitos anos, ou non conseguen manter un ritmo sostido'.

A obra de Romo presentarase estas tarde, a partir das 19.30 horas, no edificio Redeiras da UVigo, no transcurso dunha das Conversas, organizadas pola FFT, e na que ademais do editor e tradutor, participarán o decano do centro, José Montero Reguera, e a docente e investigadora do Departamento de Filoloxía Inglesa, Francesa e Alemá Helena Cortés Gabaudan.

Unha versión que non permite esquecer que é un poema

Afeitos e afeitas a lela coma unha novela de aventuras, a intención última de Virxilio na Eneida, e esta é perspectiva na que se basea a aposta de Fernando Romo, foi poetizar a conciencia que tiña de si mesma a Roma de Augusto. 'Traducións fieis hai unha cantas, que dúbida cabe. Pero estou convencido de o que o verso significa e a miña versión non permite esquecer que a Eneida é un poema. Aínda que nós tendamos a vela como relato de aventuras'. Ademais, o tradutor proporciona materiais complementarios que poden servir para a lectura e o estudo e que considera que axudan a entender o texto, como por exemplo, un índice de nomes.

Nunha obra, como ocorre con todas as grandes, 'complexa', Romo revela que o que lle resultou máis complicado foi 'atopar a miña propia voz: que ritmo, que ton, non complicar en exceso por pegarme ao orixinal nin achaiar demasiado. En fin, esas cousas que atormentan a todo tradutor'. O docente xubilado da UVigo gaba a grandiosidade como poeta de Virxilio, quen asegura, 'minte pouco, non oculta o horror e dá que pensar', nunha obra que, por unha banda, 'expresa a convicción imperial da Roma de Augusto de ter por misión gobernar o mundo', e pola outra, 'conta como Roma xorde da fusión entre un pobo exiliado, os troianos, e os autóctonos de Italia, pero sen agochar que a integración é imposible sen unha guerra'.

Universidade de Vigo (UVigo), 2026-06-17

Actualidad

Foto del resto de noticias (20261016-xunta.jpg) O xurado dos Premios da Cultura Galega 2026 reuniuse hoxe en Santiago de Compostela para outorgar os recoñecementos desta edición. A xuntanza, que tivo lugar na Cidade da Cultura de Galicia, estivo presidida polo conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos. Ao remate do acto, fíxose público o fallo nas distintas categorías propostas, resultando galardoados María Solar, en Letras; Almudena Fernández Fariña, en Artes Visuais; a compañía Elefante Elegante, en Artes Escénicas; a Asociación Galega de Empresas Musicais, en Música; Alfonso Zarauza, na categoría Audiovisual; Espazo Lectura, en Lingua; o Obradoiro de Gaitas Seivane, en Patrimonio Cultural; e o Festival EmigraSON, en Proxección Exterior.
Foto de la tercera plana (apoio.jpg) O obxectivo desta rede de recursos é acompañar ás persoas con discapacidade ao longo da súa vida, desde os primeiros anos ata que se fan maiores, ofrecendo respostas axeitadas a cada etapa e a cada necesidade. Desde o ano 2016, o número de unidades de atención temperá aumentou ata as 57. Estes servizos públicos e gratuítos dirixidos a nenas e nenos de 0 a 6 anos de idade son fundamentais para detectar, previr e actuar ante trastornos de desenvolvemento. A Rede galega de atención temperá na actualidade chega a máis de 200 concellos e a 6.000 familias.

Notas

A Cátedra Rosalía de Castro da Universidade de Santiago de Compostela, dirixida por María do Cebreiro Rábade Villar e Fernando Cabo Aseguinolaza, acaba de publicar Cartas de Alejandra Murguía de Castro a Ángela Santamarina (1916-1925), un epistolario que recupera a voz dunha muller durante moito tempo eclipsada polas figuras dos seus pais e que achega novos datos sobre a familia Murguía-Castro e, de maneira moi especial, sobre a vida e a obra de Rosalía de Castro.
O Congreso XoveTIC, organizado polo CITIC e a Facultade de Informática da UDC, recoñeceu os mellores traballos presentados na súa novena edición, destacando a excelencia investigadora e a innovación tecnolóxica en distintos ámbitos das tecnoloxías da información e das comunicacións. Este congreso consolídase como un espazo de intercambio de coñecemento e presentación de resultados científicos.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES