Notas de prensa

Turismo presenta en Brasil a oferta enogastronómica galega en Millesime 2011

Os cociñeiros galegos Xosé Torres Cannas, Marcelo Tejedor e Pepe Solla acompañaron a Carmen Pardo que presentou o que calificou de "manxares galegos" na plataforma singular Millessime, en en São Paulo (Brasil), logo de celebrarse en Madrid e na República Dominicana.

A secretaria xeral para o Turismo, Carmen Pardo López, presentou en Brasil, no marco do evento gastronómico Millesime 2011, a oferta gastronómica de Galicia. Esta é a primeira edición de Millesime en São Paulo despois de terse celebrado en 4 ocasións en Madrid e dunha incursión en Cap Cana, na República Dominicana. Millesime celébrase no Terraço Daslu, un espazo artístico e cultural situado no centro de São Paulo, e está enfocado a públicos especializados e de prestixio do sector.

No marco deste evento gastronómico, Carmen Pardo ofreceu unha presentación aos medios sobre a oferta enogastronómica da nosa Comunidade. A Consellería de Cultura e Turismo promove a participación en Millesime de chefs galegos de recoñecido prestixio, como Xosé Torres Cannas, do restaurante Pepe Vieira; Pepe Solla, do restaurante Casa Solla e Marcelo Tejedor, do restaurante Casa Marcelo, encargados de realizar diversas demostracións e ‘showcookings’ para o público asistente. Segundo destacou Carmen Pardo na súa intervención, “trátase do mellor exemplo da exquisitez da nosa gastronomía ao seren capaces de sacar, dende a complicada sinxeleza e a madurez máis xenerosa, o máximo partido aos produtos que nacen da terra”.

Millesime inclúe ademais workshops ou pequenas clases maxistrais que ofrecen a posibilidade única de interactuar cos mestres millesime –cociñeiros de gran renome e prestixio internacional- en talleres de viño, cervexa e cociñando diferentes pratos, unha cociña doada para sorprender e espertar aos sentidos. Millesime tamén acolle eventos relacionados coas tapas e a súa elaboración e degustación no Open Bar, xantares nos que os 800 convidados poden disfrutar de experiencias únicas con equipos de dous chefs españois e un brasileiro que se encargarán de elaborar menús degustación espectaculares. Despois dos xantares tamén se poderán degustar no Open Bar cocktails, doces, chocolates, destilados, etc.

Oferta enogastronómica de Galicia

A Consellería de Cultura e Turismo leva a Millesime 2011 unha escolma do mellor da gastronomía galega. A secretaria xeral para o Turismo transmitiu na presentación a súa satisfacción porque Galicia “ofreza a todo o mundo a posibilidade de acercarse a disfrutar dos manxares galegos, a través dunha plataforma única e singular como Millessime”. “As despensas galegas contan cunha das ofertas máis interesantes de todo o país, cunha ampla e variada gama de materias de primeiras de calidade”, asegurou Carmen Pardo, aludindo á gastronomía como a segunda razón turística, tras a natureza, pola que milleiros de persoas chegan a coñecer Galicia cada ano.

Carmen Pardo tamén destacou que a gastronomía galega “non se pode entender sen a enoloxía, que ocupará un lugar moi destacado no evento, coa presenza de diferentes sumilleres e adegas”. Nese sentido, sostivo que Galicia “soubo combinar como poucos a tradición e a modernidade, dous ingredientes fundamentais para garantir a satisfacción de todos”.

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia, 2011-03-23

Actualidad

Foto del resto de noticias (filmoteca-galicia-202611.jpeg) A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
Foto de la tercera plana (veran.jpg) O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.

Notas

O 7 de novembro a ciencia sairá ao encontro da cidadanía coa primeira edición de 'Abastos de Ciencia', unha iniciativa da UDC que terá lugar no Mercado de San Agustín e combinará divulgación e experimentación a través de obradoiros participativos, mesas redondas e propostas gastronómicas e culturais. A iniciativa, enmarcada no proxecto InPacto, permitirá coñecer o traballo investigador que se realiza en diferentes centros, facultades e grupos.
O grupo de investigación da USC De la Edad Media al Siglo de Quevedo, desenvolve en Santiago o Congreso Internacional 'De interpretatione: la traducción en los siglos XVI y XVII'. O obxectivo do encontro, os días 5 e 6 na Facultade de Filoloxía, consiste en presentar os resultados de investigacións arredor da tradución durante os séculos XVI e XVII, pero tamén reflexionar sobre posibles liñas de traballo para o futuro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES