Notas de prensa

Buxiganga levará en dúas quendas un total de 90 funcións de 22 grupos de teatro a 38 concellos lucenses

O vicepresidente da Deputación de Lugo, o Antón Bao, presentou no pazo de San Marcos a nova fase de circuítos de Buxiganga, acompañado por Paloma Lugilde, como representante do grupo de teatro do Consello da Cultura da Deputación (órgano asesor e consultivo en materias culturais).

Ao acto tamén asistiron os actores Eva Cabo, que manexou un monicreque durante a presentación, así como Rafael de la Fuente, de Nova Escena, que ofreceu unha pequena representación ao final do acto, e membros dalgúns dos grupos de teatro que participan nos circuítos.

Na súa intervención, Antón Bao afirmou que este proxecto é “un dos que máis satisfaccións nos proporciona na Área de Cultura da Deputación, non só pola súa repercusión nos grupos de teatro xa existentes, senón porque ao redor de Buxiganga aparecen cada ano novos grupos de teatro afeccionado”. Por isto, e como explicou o vicepresidente, “a pesar da situación económica, dende a Área de Cultura apostamos por manter o compromiso cos grupos de teatro e tamén cos concellos, aos que co programa Buxiganga se lles axuda a programar a súa oferta cultural”.

Gabinete de Comunicación da Vicepresidencia Primeira da Deputación Provincial de Lugo, 2011-03-21

Actualidad

Foto del resto de noticias (veran.jpg) O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur. De feito, destacan os altos rexistros acadados entre os días 9 e 15.
Foto de la tercera plana (vacinacion-2026-01.jpg) A Xunta de Galicia puxo en marcha a campaña de inmunización fronte á gripe e a COVID, que este ano incorpora como principais novidades a extensión da vacina antigripal de alta carga ás persoas de 65 a 69 anos e a ampliación do proxecto piloto de vacinación nos colexios a 75 centros educativos. O inicio oficial tivo lugar nun acto nas residencias de maiores e centros de discapacidade, o colectivo polo que arranca tradicionalmente a campaña debido á vulnerabilidade deste grupo fronte ás infeccións respiratorias.

Notas

O 7 de novembro a ciencia sairá ao encontro da cidadanía coa primeira edición de 'Abastos de Ciencia', unha iniciativa da UDC que terá lugar no Mercado de San Agustín e combinará divulgación e experimentación a través de obradoiros participativos, mesas redondas e propostas gastronómicas e culturais. A iniciativa, enmarcada no proxecto InPacto, permitirá coñecer o traballo investigador que se realiza en diferentes centros, facultades e grupos.
O grupo de investigación da USC De la Edad Media al Siglo de Quevedo, desenvolve en Santiago o Congreso Internacional 'De interpretatione: la traducción en los siglos XVI y XVII'. O obxectivo do encontro, os días 5 e 6 na Facultade de Filoloxía, consiste en presentar os resultados de investigacións arredor da tradución durante os séculos XVI e XVII, pero tamén reflexionar sobre posibles liñas de traballo para o futuro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES