Notas de prensa

Ficción Producciones, finalista en 11 das 27 categorías dos Premios Mestre Mateo 2010 do Audiovisual

A tv-movie Mar Libre aspira a dez dos premios, entre eles mellor película para televisión, mellor director, mellor dirección artística e dirección de fotografía, mentras que Checkout aspira a levarse o premio á mellor curta de animación.

A Produtora FICCIÓN PRODUCCIONES quedou finalista en 11 das 27 categorías que están establecidas nas Bases dos Premios Mestre Mateo 2010. A Película de Televisión “MAR LIBRE”, -coproducida por esta Produtora e máis a TVG- aspira a 10 dos Premios, mentres que “CHECKOUT” quedou ta,én como finalista á Mellor Curta de Animación.

As nominacións de “MAR LIBRE” referidas son:

- Mellor Película para televisión.

- Mellor Direción, para Daniel de la Torre

- Mellor Direción de Fotografía, para Suso Bello

- Mellor Direción Artística, para Curru Garabal

- Mellor Deseño de Vestiario, para Eva Camino

- Mellor Maquillaxe y Perruquería, para Paloma Ucieda e Óscar Aramburu (respectivamente)

- Mellor Sonido, para David Machado, Diego S. Staub y Carlos García

- Mellor Música Orixinal, para Manuel Riveiro

- Mellor Interpretación Feminina Protagonista, para María Vázquez

- Mellor Interpretación Feminina de Reparto, para Mela Casal

A curta “CHECKOUT” está nominada tamén dentro da súa categoría, ó Premio á Mellor Curta de Animación. Esta curta foi coproducida por FICCIÓN PRODUCCIONES e AUDIOVISUAL DE SERVICIOS KAIRÓS.

Lembramos que esta miniserie, MAR LIBRE, ven de ser seleccionada no Festival The 44th Annual WorldFest-Houston, para un dos catro premios –dentro da súa categoría- que son: Platinum Award, Gold Award, SIlver Award y Bronze Award. The 44th Annual WorldFest-Houston celebrarase do 8 ó 17 de Abril en Houston.

Gabinete de Prensa de Ficción-Producciones, 2011-03-16

Actualidad

Foto del resto de noticias (veran.jpg) O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur. De feito, destacan os altos rexistros acadados entre os días 9 e 15.
Foto de la tercera plana (vacinacion-2026-01.jpg) A Xunta de Galicia puxo en marcha a campaña de inmunización fronte á gripe e a COVID, que este ano incorpora como principais novidades a extensión da vacina antigripal de alta carga ás persoas de 65 a 69 anos e a ampliación do proxecto piloto de vacinación nos colexios a 75 centros educativos. O inicio oficial tivo lugar nun acto nas residencias de maiores e centros de discapacidade, o colectivo polo que arranca tradicionalmente a campaña debido á vulnerabilidade deste grupo fronte ás infeccións respiratorias.

Notas

O 7 de novembro a ciencia sairá ao encontro da cidadanía coa primeira edición de 'Abastos de Ciencia', unha iniciativa da UDC que terá lugar no Mercado de San Agustín e combinará divulgación e experimentación a través de obradoiros participativos, mesas redondas e propostas gastronómicas e culturais. A iniciativa, enmarcada no proxecto InPacto, permitirá coñecer o traballo investigador que se realiza en diferentes centros, facultades e grupos.
O grupo de investigación da USC De la Edad Media al Siglo de Quevedo, desenvolve en Santiago o Congreso Internacional 'De interpretatione: la traducción en los siglos XVI y XVII'. O obxectivo do encontro, os días 5 e 6 na Facultade de Filoloxía, consiste en presentar os resultados de investigacións arredor da tradución durante os séculos XVI e XVII, pero tamén reflexionar sobre posibles liñas de traballo para o futuro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES