Notas de prensa

O Europeo de Triatlón de Pontevedra 2011, do 24 ao 26 de xuño

Presentouse o Campeonato Europeo de Triatlón de Pontevedra 2011 que ance coa vocación de ser o mellor da historia. Celébrase do 24 ao 26 de xuño.

O Campionato de Europa de Tríatlon xa está en marcha. Tivo lugar o acto de presentación oficial do evento, que se desenvolverá entre os días 24 e 26 de xuño, no que participaron o alcalde de Pontevedra; Miguel Anxo Fernández Lores; o secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa; a vicepresidenta da Deputación Provincial, Teresa Pedrosa; a presidenta da Federación Internacional de Tríatlon, Marisol Casado; e o presidente da Federación Española de Tríatlon, José Hidalgo.

Unha das sorpresas do acto, que tivo lugar no Centro Social
Novacaixagalicia de Pontevedra, foi a presentación do vídeo do
campionato, que ten un himno diferente, a ritmo de rap, polo compositor
local Leo Kch. O cantante actuou en directo e posteriormente puido verse
o vídeo da canción “Pontevedra racha”. Ademais, o campión do mundo de
tríatlon Javier Gómez Noya foi outro dos protagonistas, aínda que non
puido acudir á presentación, xa que no vídeo foi quen explicou o
percorrido.

O alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, asegurou que “xa
teño ganas de que chegue o día 23 de xuño para ver o espectáculo incrible do tríatlon” e recordou que “imos pasar a proba do algodón coa
celebración do Campionato de Europa, que vai traer a Pontevedra a máis
de 2.000 deportistas entre todas as diferentes probas”. O máximo rexedor
asegurou que “imos pasar a proba cun dez porque logramos a
colaboración das tres administracións, ademais das federacións
respectivas e de todos os organismos e colectivos implicados como
Protección Civil, a Brilat, a Policía Local, a cárcere da Lama, a Garda Civil, o Centro Galego de Tecnificación Deportiva… Por iso estou seguro do éxito do Europeo”.

Mentres, o secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa,
destacou que serán tres días de competición do máis alto nivel e coa
participación de aproximadamente 3.000 deportistas, o que nos permitirá
gozar cunha das modalidades deportivas máis espectaculares”. Ademais, o
máximo responsable do Deporte Galego puxo de manifesto a aposta da
Xunta de Galicia hai dez anos ao introducir ao tríatlon no Centro Galego de Tecnificación Deportiva, “que para nós é a xoia da coroa, xa que temos o orgullo de ver a enorme cantidade de grandísimos deportistas que saíron do noso centro”.

A vicepresidenta da Deputación Provincial, Teresa Pedrosa, manifestou a
satisfacción da súa institución por colaborar con este evento e “podo
asegurarlles tanto á Federación Internacional como á Española que Pontevedra o ten todo bo, pero o mellor de todo é o espírito participativo
dos pontevedreses, que se van a implicar totalmente neste campionato”.
A presidenta da Federación Internacional de Tríatlon, Marisol Casado,
recordou que na súa despedida como presidenta da Europea, a súa última
comunicación foi que o Europeo 2011 tería lugar en Pontevedra e “quedei
moi tranquila porque sabía que tiña todos os ingredientes para o éxito: Un
comité organizador consolidado, unha cidade preciosa e do tamaño
adecuado, os mellores espectadores, dirixentes dispostos a traballar polo
noso deporte e os mellores triatletas de Europa e do Mundo son de
Pontevedra”.

Pola súa banda o presidente da Española, José Hidalgo, indicou que
“abordamos este campionato coa implicación de todas as administracións
e o obxectivo é organizar o mellor campionato de Europa ata agora
celebrado”. O responsable da Federación Española indicou que este
campionato suporá un impacto económico para Pontevedra, a súa
comarca e Galicia, “xa que durante cinco días imos ter aquí unha media de
3.000 persoas”.

Gabinete de Comunicación Triatlón Pontevedra, 2011-03-15

Actualidad

Foto del resto de noticias (veran.jpg) O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur. De feito, destacan os altos rexistros acadados entre os días 9 e 15.
Foto de la tercera plana (vacinacion-2026-01.jpg) A Xunta de Galicia puxo en marcha a campaña de inmunización fronte á gripe e a COVID, que este ano incorpora como principais novidades a extensión da vacina antigripal de alta carga ás persoas de 65 a 69 anos e a ampliación do proxecto piloto de vacinación nos colexios a 75 centros educativos. O inicio oficial tivo lugar nun acto nas residencias de maiores e centros de discapacidade, o colectivo polo que arranca tradicionalmente a campaña debido á vulnerabilidade deste grupo fronte ás infeccións respiratorias.

Notas

O 7 de novembro a ciencia sairá ao encontro da cidadanía coa primeira edición de 'Abastos de Ciencia', unha iniciativa da UDC que terá lugar no Mercado de San Agustín e combinará divulgación e experimentación a través de obradoiros participativos, mesas redondas e propostas gastronómicas e culturais. A iniciativa, enmarcada no proxecto InPacto, permitirá coñecer o traballo investigador que se realiza en diferentes centros, facultades e grupos.
O grupo de investigación da USC De la Edad Media al Siglo de Quevedo, desenvolve en Santiago o Congreso Internacional 'De interpretatione: la traducción en los siglos XVI y XVII'. O obxectivo do encontro, os días 5 e 6 na Facultade de Filoloxía, consiste en presentar os resultados de investigacións arredor da tradución durante os séculos XVI e XVII, pero tamén reflexionar sobre posibles liñas de traballo para o futuro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES