Notas de prensa

A Deputación consegue que os polígonos da provincia sexan un 67% máis baratos que o das Gándaras

Fronte ós 107 euros por metro cadrado fixado pola Xunta para a área da capital, o organismo provincial ofrece un prezo moito máis competitivo: 35 euros de media.

O Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, presentou os resultados da política industrial executada polo organismo provincial, a través de SUPLUSA, así como as novidades que implantará para favorecer o asentamento de empresas e crear novos postos de traballo. Gómez Besteiro anunciou que “fronte ós 107 euros por metro cadrado fixado pola Xunta para a área das Gándaras, o prezo medio do solo industrial que vende a Deputación, a través de SUPLUSA, é moito máis económico e competitivo: 35 euros de media por metro cadrado, é dicir, o noso m2 é de 72 euros máis barato que o da Xunta, ou o que é o mesmo, os polígonos da Deputación son un 67% máis económicos”.

Para moitas empresas é practicamente imposible adquirir solo industrial no polígono lucense, debido ós altos prezos da Xunta. A este respecto e tendo en conta os prezos que manteñen ambas as dúas administracións, o máximo mandatario provincial sinalou que “hoxe non virá ninguén ás Gándaras se a Xunta non vaixa o prezo do solo. En días pasados o goberno galego instaba á Deputación a implicarse no polígono da capital: non saio do meu asombro, quen debe dar unha resposta clara é a Xunta a través de mecanismos económicos que estimulen o asentamento de empresas. Mecanismos hainos, o caso é que se queiran utilizar. A Deputación fixo e grazas ó goberno de España, hoxe podemos ofrecer solo moito máis barato”. Un prezo do solo asequible ten resultados inmediatos para os empresarios. Por exemplo, se unha empresa compra 10.000 metros cadrados coa Xunta nas Gándaras tería que pagar máis de 1 millón de euros, mentres que se o fai coa Deputación, só tería que pagar 350.000 euros”.

Dende 2007, a Deputación impulsou 7 polígonos. Baleira, Begonte, Ourol e Friol están totalmente rematados, e, en obras, os de Castroverde e Chantada. Este mesmo mes, comezarán os traballos de Paradela. En total, as operacións da Deputación suman 1.220.000 metros cadrados e un investimento de 13,4 millóns de euros. Nestas áreas industriais 34 empresas desenvolverán nun corto prazo de tempo a súa actividade.

Axudas para reducir aínda máis os prezos

Gómez Besteiro tamén anunciou que o Ministerio de Industria vén de conceder ó organismo provincial axudas por valor de 300.000 euros, 50 millóns das antigas pesetas, dentro do Plan “Reindus” 2011para a reindustrialización e modernización do proceso produtivo. O titular provincial adiantou que se destinarán 150.000 euros ó polígono de Chantada, cuxas obras se rematarán este ano e, os outros 150.000, ó de Paradela. “Coas axudas abaratarmeos o custe do metro cadrado nun 20% no caso da segunda área industrial, fixando en 27,5 euros o m2, e un 10% no polígono chantadino, quedando en 33 euros”. Outra medida acollida satisfactoriamente polo empresariado é que dende hai 9 meses a Deputación ofrécelles a posibilidade de efectuar o pago das parcelas nun prazo máximo de 5 anos fronte ós 3 anunciados pola Xunta. Ademais, no caso de que nese tempo, os compradores non pagasen a parte correspondente, eliminánse as cláusulas de penalización, devolveríaselle á empresa a cantidade aportada e a institución provincial recuperaría a titularidade da propiedade.

Cobertura dos polígonos provinciais

Economizar o prezo do solo deu bos resultados que hoxe presentou publicamente o Presidente da Deputación:

- Begonte: está rematado ó 100%. Xa están funcionando 11 empresas. Neste caso o prezo da parcela é de 33 euros, polo que, comparado co das Gándaras, é un 69% máis barato.

- Castroverde, malia que aínda que está en obras, 20 empresas xa reservaron a súa parcela. A 5 meses de rematar os traballos, o organismo provincial xa ten garantido o 70% de ocupación. Este é un 59% más barato que o polígono da capital, xa que o prezo por metro cadrado é de 43 euros.

- Baleira, Ourol e Friol: están totalmente rematados. Nos dous primeiros, están vendidos o 70% e o 50%, respectivamente. Segundo a política de prezos da Deputación, son un 81% máis económicos que o xestionado por Xestur. Asimesmo, en Ourol están reservados 5.000 metros pola empresa Mapri Metal. Grazas a SUPLUSA, esta é a primeira industria que se asenta neste municipio, xa que na actualidade non existe ningunha no núcleo urbano. Polo que se refire ó de Friol, no que 12 empresas xa reservaron a súa parcela, é un 71% máis barato. Nestes momentos estase construíndo a primeira nave.

- Chantada: fixarase en 33 euros, aproximadamente, o prezo, polo que será un 69% máis baratos que as Gándaras. Xa están reservados 10.000 metros por Estrella Galicia.

Á marxe dos polígonos xetionados directamente pola Deputación, Besteiro subliñou o esforzo no financiamento do solo para a empresa Pacadar que, en Monforte de Lemos, creará máis de 100 posto de traballo. Tamén destacou que a Deputación, segundo a APEC, é a administración que máis inviste en obra pública, a pesar de que a Xunta ten 100 veces máis de presuposto.

Gabinete de Comunicación da Deputación Provincial de Lugo, 2011-03-15

Actualidad

Foto del resto de noticias (filmoteca-galicia-202611.jpeg) A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
Foto de la tercera plana (veran.jpg) O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.

Notas

O 7 de novembro a ciencia sairá ao encontro da cidadanía coa primeira edición de 'Abastos de Ciencia', unha iniciativa da UDC que terá lugar no Mercado de San Agustín e combinará divulgación e experimentación a través de obradoiros participativos, mesas redondas e propostas gastronómicas e culturais. A iniciativa, enmarcada no proxecto InPacto, permitirá coñecer o traballo investigador que se realiza en diferentes centros, facultades e grupos.
O grupo de investigación da USC De la Edad Media al Siglo de Quevedo, desenvolve en Santiago o Congreso Internacional 'De interpretatione: la traducción en los siglos XVI y XVII'. O obxectivo do encontro, os días 5 e 6 na Facultade de Filoloxía, consiste en presentar os resultados de investigacións arredor da tradución durante os séculos XVI e XVII, pero tamén reflexionar sobre posibles liñas de traballo para o futuro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES