Notas de prensa

A miniserie Mar Libre, seleccionada para o The 44th Annual Worldfest-Houston

A miniserie Mar Libre, coproducida por Ficción Producciones e a TVG e ambientada nas costas galegas do século XVIII, foi seleccionada para o The 44th Annual Worldfest-Houston.

A miniserie coproducida por Ficción Producciones e a TVG, MAR LIBRE, foi seleccionada no Festival The 44th Annual WorldFest-Houston, para un dos catro premios –dentro da súa categoría- que son: Platinum Award, Gold Award, SIlver Award y Bronze Award. The 44th Annual WorldFest-Houston celebrarase do 8 ó 17 de Abril en Houston.

O Worldfest foi fundado hai 50 anos como Cine Arte pola Sociedade de Cine Internacional en agosto de 1961. Converteuse no 3º festival de cine competitivo en Norteamérica, despois de San Francisco e Nueva York, e é o máis antigo Festival Independiente de cine e vídeo do mundo; con máis de 4.500 entradas de 37 países participaron en 2010, dentro das múltiples categorías. O Festival foi fundado polo produtor gañador laudo / director Hunter Todd por presentar un festival para películas calidade para os cineastas Independentes. A misión ou declaración da visión de Worldfest é recoñecer e premiar a excelencia creativa sobresaínte en cine e vídeo, para validar habilidades brillantes e para promover o turismo cultural de Houston, para desenvolver a produción cinematográfica na rexión e para engadir o rico tecido cultural da ciddade de Houston.

MAR LIBRE, é unha miniserie de dous capítulos grabada en alta definición. Dirixida por Dani de la Torre e íntegramente fotografada en escenarios naturais, Mar Libre nace da necesidade de contar un anaco escondido da nosa historia. No contexto da industria da salga do peixe na costa galega, un heroe do pobo, encabezará unha loita pola vida e a liberdade. Mar Libre é unha historia épica, con amor e aventuras, no marco incomparable da Costa da Morte.

A Illa de Sálvora, Caldebarcos, Redondela, Santiago ou Agolada son algúns dos espazos onde se rodou Mar Libre, escenarios reais que responden a un esforzo de produción para acadar un relato épico coma nunca se ten producido na nosa comunidade. Os espazos naturais nos que foi grabada, todos en Galicia, propicia tamén con esta selección para o Festival de Houston a promoción e divulgación turística e cultural galega en distintos Estados e Continentes internacionais.

Gabinete de Prensa de Ficción Producciones, 2011-03-14

Actualidad

Foto del resto de noticias (veran.jpg) O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur. De feito, destacan os altos rexistros acadados entre os días 9 e 15.
Foto de la tercera plana (vacinacion-2026-01.jpg) A Xunta de Galicia puxo en marcha a campaña de inmunización fronte á gripe e a COVID, que este ano incorpora como principais novidades a extensión da vacina antigripal de alta carga ás persoas de 65 a 69 anos e a ampliación do proxecto piloto de vacinación nos colexios a 75 centros educativos. O inicio oficial tivo lugar nun acto nas residencias de maiores e centros de discapacidade, o colectivo polo que arranca tradicionalmente a campaña debido á vulnerabilidade deste grupo fronte ás infeccións respiratorias.

Notas

O 7 de novembro a ciencia sairá ao encontro da cidadanía coa primeira edición de 'Abastos de Ciencia', unha iniciativa da UDC que terá lugar no Mercado de San Agustín e combinará divulgación e experimentación a través de obradoiros participativos, mesas redondas e propostas gastronómicas e culturais. A iniciativa, enmarcada no proxecto InPacto, permitirá coñecer o traballo investigador que se realiza en diferentes centros, facultades e grupos.
O grupo de investigación da USC De la Edad Media al Siglo de Quevedo, desenvolve en Santiago o Congreso Internacional 'De interpretatione: la traducción en los siglos XVI y XVII'. O obxectivo do encontro, os días 5 e 6 na Facultade de Filoloxía, consiste en presentar os resultados de investigacións arredor da tradución durante os séculos XVI e XVII, pero tamén reflexionar sobre posibles liñas de traballo para o futuro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES